FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Buscar nos andeis

Camiñando
PDF Imprimir
Cuberta do libro Camiñando
Editorial: Axóuxere
Páxinas: 120
Prezo: 10 €
Rango de idade: Adultos
Ano: 2012
O seu voto:  / 0
MaloBo 
Resumo
Publicado por Redacción

Camiñando foi no seu tempo unha obra que incitou profunda e duramente aos concidadáns de Henry David Thoreau a tomarse en serio a realidade natural da existencia humana. Abeirado en Concord, Nova Inglaterra, entre os bosques inmensos que o cercaban, rodeado dos Transcendentalistas -entre os que se contaban Emerson, Nathaniel Hawthorne, e outr@s- Thoreau encontraba no sortilexio do «salvaxe» a maior ledicia, o gozo pleno. Por iso mesmo durante dous anos, nunha finquiña de Waldo Emerson, se retirou a vivir só, no medio dos montes, sen precisar nada máis que aquilo que o facía a el inxel, relembrándose en todo momento de si mesmo.

«Non quero nada que non me faga vivir pleno o resto dos meus días, non quero chegar a vello decatándome de que non vivín»; máis ou menos así dicía Thoreau cando tivo aquela ocorrencia de retirarse ao interior da natureza. «Camiñando» é un testemuño, ou incluso un testamento, de quen deixa claro que «Todas as cousas boas son libres e salvaxes». Un testamento de quen se dá conta de que vivir unha vida de obrigas sen fundamento (e só consistentes en acordos ditaminados por unha sociedade neglixente na que un/ha xa non cre) non é vida. E que a vida verdadeira acontece para aquel, para aquela que se entrega á brétema fascinante do ceibo.


[Trad. de Elva Souto]

AXENDA

Maio 2013
L M M X V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2