FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Buscar nos andeis

Non quero ser un polbo!
PDF Imprimir
Cuberta do libro Non quero ser un polbo!
Editorial: OQO Editora
Páxinas: 28
Prezo: 12,90 €
Ilustrador: Francesca Chessa
Rango de idade: Primeiros lectores
Ano: 2012
O seu voto:  / 0
MaloBo 
Resumo
Publicado por Redacción

—Ola!
Chámome Octavio.
Gustaríame traballar no circo do fondo do mar,
pero os meus tentáculos son un estorbo:
non sei que facer con eles!
Estou farto de ser un polbo!

Así de choromicas se nos presenta Octavio, quen lamenta a súa condición de polbo e desexaría ser un golfiño para saltar e facer piruetas ou unha balea para botar chorros de auga coa potencia dunha catarata.

Este pequeno cefalópodo cobiza o que posúen os demais habitantes do fondo mariño e el non ten: a posibilidade de cambiar de cor coma certos peixes ou o afiado nariz dun peixe espada. Pola contra, detesta o que o fai diferente, único e especial: ter oito brazos.

É importante que desde os primeiros anos da infancia, os nenos e as nenas coñezan os roles das persoas que conforman a súa contorna, tanto escolar como familiar (quen é cada un, a que se dedica...).

Isto permitiralles descubrir os coñecementos ou habilidades que son necesarias para cada unha das funcións que realizan. Á vez, tomarán consciencia de que non todas as persoas posúen as mesmas calidades. Con todo, o que nos supón unha limitación para algunhas tarefas, fainos únicos para outras.


[Trad. de Laura Rubio]

AXENDA

Maio 2013
L M M X V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2