FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Buscar nos andeis

Lilus Kikus
PDF Imprimir
Cuberta do libro Lilus Kikus
Editorial: Trifolium
Páxinas: 64
Prezo: 15 €
Ilustrador: Santy Gutiérrez
Rango de idade: Infantil
Ano: 2012
O seu voto:  / 0
MaloBo 
Resumo
Publicado por Redacción

Lilus Kikus é como todas as nenas do mundo –en particular, as de antes-, mais non todas as nenas do mundo son como Lilus Kikus.

Lilus é unha nena que fai, e pensa, e di o que todas as nenas penetrantes e inocentes. Porén, cando Lilus se pregunta a quen pertenece unha lagarta que ve todos os días, Lilus está a facer unha pregunta fundamental.

Porque Lilus Kikus é un ser tocado pola gracia de Elena Poniatowska; é un ser moi estraño, moi natural…

Os contos de Lilus Kikus publicáronse orixinalmente en 1954. Este foi o primeiro libro de Elena Poniatowska, quen nos anos seguintes se convertiría nunha das autoras máis notables de México. A presente edición engade ao encanto do relato as excelentes ilustracións realizadas especialmente por Santy Gutiérrez, e a coidada tradución ao galego da escritora Teresa Moure.

AXENDA

Maio 2013
L M M X V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2