Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O Teatro e as súas potencialidades na educación infantil, en Ourense

Cursos e conferencias
Última data: 07/11/2017 18:00

Lugar: Campus As Lagoas  |  Cidade: Ourense

Por terceiro curso consecutivo, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense da Universidade de Vigo acollerá a celebración do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A iniciativa, coordinada pola profesora deste centro Isabel Mociño, ten como obxectivo enriquecer a formación dos docentes e futuros docentes en materias específicas para o traballo coa literatura dramática e a representación na etapa da Educación Infantil e Primaria. Nesta edición, o ciclo estará dedicado ao Teatro e as súas potencialidades na Educación Infantil, contando con seis conferencias doutros tantos expertos e expertas nesta temática. 

A cita, que conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o goberno de Galicia, quere nesta ocasión afondar “nas estratexias, recursos e ferramentas para achegar o teatro e a dramatización á infancia e adolescencia da man dos propios creadores e creadoras, aspecto fundamental entre futuros docentes de Educación Infantil e Primaria”. Apostando por un formato de coloquio e conversa, o ciclo contará coa participación de profesionais de diferentes eidos co obxectivo de contrastar as súas liñas de creación coa percepción que os usuarios e consumidores teñen da súa produción, segundo explican desde a organización.

Outros dos aspectos nos que se incidirá ao longo do desenvolvemento da programación durante os meses de outubro e novembro serán valorizar tanto as potencialidades do teatro e as súas múltiples dimensións na práctica docente como o papel dos docentes e a escola como dinamizadores, programadores e normalizadores culturais. É importante, apuntan desde a organización da cita, “facer consciente ao alumnado universitario, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer e potenciar a literatura” na formación dos rapaces e rapazas.

 

Programa

3 outubro. Paula Carballeira. Que facemos co teatro?

10 de outubro. Raquel Castro. Teatro, unha ferramenta imprescindible no ensino.

17 de outubro. Antón Cortizas. Escribir teatro dende o anfiteatro.

24 de outubro. Carlos Labraña. Teatro para ler, teatro para pensar.

31 de outubro. Manuel Núñez Singala. Normalización da lingua, identidade e literatura.

7 de novembro. Sabela Gago. Literatura infantil e dramatización.

 

Todas as conferencias serán na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) ás 18.00 h.

A inscrición é de balde e a entrada libre, para recibir un diploma de asistencia (12 horas) as e os interesados deben de se dirixir ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ainda que está dirixido especialmente ao alumnado de Ciencias da Educación, alumnado do Campus Universitario de Ourense, e mestres/as en activo, tamén está aberto para o público en xeral.

 

Enderezo
Campus As Lagoas
Ourense

 

Mapa


 

Todas as datas


  • 07/11/2017 18:00
  • 31/10/2017 18:00
  • 24/10/2017 18:00
  • 17/10/2017 18:00
  • 10/10/2017 18:00
  • 03/10/2017 18:00
 

Axenda >

Novembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Envíanos un evento >

Organizas a presentación dun libro, un curso, unha conferencia, etc etc? Agora podes publicalo na web de Fervenzas Literarias.