Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Poemagosto 2017, en Allariz

Recitais
Última data: 15/10/2017 11:00

Lugar: Allariz  |  Cidade: Allariz

Allariz énchese de poesía e música na cuarta edición do Poemagosto. Entre o 13 e o 15 de outubro o Festival de Poesía ofrecerá unha nova proposta e reunirá a voces literarias internacionais. O elenco poético terá acentos varios: galego, portugués, castelán, catalán, euskera, asturiano, italiano, chinés e ruso.

O Festival de Poesía pretende ampliar o calendario de actividades reforzando a imaxe de Allariz como “vila literaria”. Os poetas darán recitais polas rúas de Allariz, participarán en sesións de micro aberto. O domingo terá lugar o combate poético entre os que escriben poesía en galego.

A música será parte importante do cartel coas actuacións de Antía Otero e Yolanda Castaño e o cantautor Luis Pastor (mañá venres) e os Folkólicos, a compañía do ruído e Raiba (o sábado) así como Cinta Adhesiva que, o domingo, rematará cun concerto poético coa música adaptada aos poemas de Silvia Penas.

A programación inclúe actividades para os nenos coa actuación de Peter Punk Pallaso, unha charla recital e a presentación do libro Hermano Asno e un xantar popular que será “o punto de referencia para xuntar poetas e público”.

O cartel completo da IV edición do Poemagosto é: Yolanda Castaño, Antía Otero, Vanessa Glemsel, Irene Fernández, Olga Novo, Xabier Xil Xardón, Antonio Orihuela (Andalucía), David Castillo (Catalunya), Pablo X. Suárez (Asturies), Miren Agur Meabe (Euskadi), Hu Xudong (China), Francesca Cricelli (Brazil – Italia), Carlos d'Abreu (Portugal) e Judit Díaz Barneda (tradutora ó catalán do poeta ruso Joseph Brodsky, premio Nobel de Literatura 1987).

As entradas anticipadas, con camiseta e libro de agasallo, poden adquirirse en https://airadasletras.gal/tenda/

 


PROGRAMA COMPLETO

Venres 13 de outubro

20.30 h. Patio do Museo do Coiro. Acceso con entrada (https://airadasletras.gal/tenda/).

- Poesía con Antía Otero e Yolanda Castaño.

- Concerto. Luis Pastor. ¿Qué fue de los cantautores?.

23.59 h. - Roi Xordo (Praza dos Mesons,3)

- Festa apertura IV Poemagosto + Micro aberto (prégase inscrición previa por mensaxe privado na páxina de Facebook do Poemagosto ou a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Sábado 14 de outubro

10.30 h. Rúas do casco vello. Inicio: no alto do Portelo.

- Poesía (Poetas participantes + micro aberto).

11.30 h. No Bule Bule (Praza de Abaixo).

- Peter Punk Pallaso. Chungo que te cagas (Espectáculo para todas as idades).

12.30 h. – Bule Bule (Praza de Abaixo) - Praza de Abastos - Patio do Museo do Coiro.

- Pandereteiras Escachaferreñas. Acompañarannos ata o patio do Museo do Coiro.

13.00 h. - Patio do Museo do Coiro.

- Charla - recital “Poesía, Barcelona, Contracultura” a cargo de Antonio Orihuela e David Castillo.

14.00 h. - Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3).

- Xantar do Poemagosto. 10€ (Prégase inscrición previa a través de correo-e: secretaria@fundacionvicenterisco.com).

17.00 h. - Patio do Museo do Coiro.

- Presentación do libro Hermano asno a cargo da Asociación de Defensa del Borrico (ADEBO).

17.30 h. - Patio do Museo do Coiro.

- Poesía a cargo dxs poetas participantes no Poemagosto.

-Pandereteiras Escachaferreñas (Actuación intermedio).

21.00 h. - Carpa zona Festival Int. de Xardíns.

- Concertos:

Folkolicos Folkis.

A Compañía do Ruído.

Raiba.

E se os corpos aguantan... Picadiscos para continuarmos a festa!

Domingo 15 de outubro

Todas as actividades do domingo celébranse na terraza do Café Bar A Fábrica (Paseo Da Alameda).

11.00 h. – Combate Poético. Bases: https://poemagosto.wordpress.com/2017/09/16/bases-do-1o-combate-poetico-do-poemagosto/ (Inscrición a través de mensaxe na páxina do Facebook ou ó correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

12.30 h. – Poesía. Poetas participantes no Poemagosto + micro aberto.

13.00 h. – Cintaadhesiva. Concerto Poético (Silvia Penas Estàevez, Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñíz).

 

Enderezo
Allariz
Allariz

 

Mapa


 

Todas as datas


  • 15/10/2017 11:00
  • 14/10/2017 10:30
  • 13/10/2017 20:30
 

Axenda >

Novembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Envíanos un evento >

Organizas a presentación dun libro, un curso, unha conferencia, etc etc? Agora podes publicalo na web de Fervenzas Literarias.