Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Venres, 09 Decembro 2016 12:55

Conversamos con... Urco e Contos Estraños

  (De esqueda a dereita Fernando M. Cimadevila, Andrea Jamardo, Tomás G. Ahola e David Cortizo)   A imaxinería do pobo galego tendeu, dende tempos inmemoriais, a abrirse ao descoñecido, a intentar explicar, dun xeito razoábel, aquilo ao que lle era moi difícil atopar resposta. Deste xeito das fragas, das covas, das augas, das mestas néboas xurdiron multitude de trasnos, meigas, santas compañas e demais elementos mitolóxicos que foron formando pouso na sensibilidade da xente do país. E ese sedimento do mitolóxico, do fantástico, do indescifrable e enigmático transmutou en lendas e en historias, en literatura popular, en resumo. Un…
Luns, 14 Xaneiro 2013 10:47

Conversamos con... Ilustradores galegos

Nas últimas décadas un dos elos que máis destacou no sistema literario galego foi o da ilustración. Se botamos a vista atrás atopamos a artistas como Miguelanxo Prado, Fran Jaraba, Xosé Cobas, Xaquín Marín... Nomes aos que habería que sumar outros máis e que foron partícipes do inicio da profesionalización do ilustrador en Galicia. Achandaron un camiño para que as e os novos ilustradores recollan o seu bastón de revezo e sigan a percorren ese vieiro. E abofé que o están a conseguir. Ano tras ano vemos como os nosos ilustradores exportan o seu traballo; como editoriais foráneas interésanse polo…
Martes, 05 Xuño 2012 09:01

Conversamos con... Marta Dacosta

Canda novos na escola ensinábanos as diferentes partes do río. Todos os seus accidentes e elementos dende a fonte ata a desembocadura. Vivimos nun país esculpido co cicel do tempo e da auga, que trazou non só a xeografía desta terra, senón tamén o carácter das súas xentes. Marta Dacosta é herdeira desa simbiose entre país e auga. Preséntanos a poesía como río, onde de vez o lector pode navegar entre os remansos dos versos máis introspectivos e persoais e a forza das fervenzas. Moitos elementos atopamos entre uns seus versos que, máis que flotar río baixo como Ofelia, remóntano…
Xoves, 01 Decembro 2011 09:39

Conversamos con... Luís Alonso Girgado

Se escarvamos levemente na seriedade e o respecto que infunde o rostro do profesor Luís Alonso Girgado atopamos unha persoa afable, amigable e atenta co seu interlocutor. Alonso Girgado é unha persoa silenciosa, tanto nos xestos como no traballo. Paseniño pero sen fenecer, e velaí os resultados. Tras moitos anos dedicado a docencia Alonso Girgado desenvolve hoxe en día un impagable labor en prol da cultura galega dende o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde el e a súa equipa traballan na recuperación de revistas, tanto de Galicia como do galeguismo no exterior. Deste xeito hoxe podemos…
Mércores, 31 Agosto 2011 02:19

Conversamos con... Eva Moreda

Hai escritores que van labrando o seu camiño literario aos poucos. Sen levantar a voz máis do necesario. Sen presas. E con cada novo libro melloran. Este é o caso de Eva Moreda, a escritora galegoasturiana ven de publicar en Xerais A Veiga é como un tempo distinto, premio Terra de Melide 2010 e sen dúbida un dos mellores libros do que levamos de 2011. A súa escrita, como os bos viños, foi gañando complexidade e calidade. Desde aquel imberbe -pero interesante, abofé que si- Breogán de Guisamonde, pasando por esa alfaia que foi O país das bestas ata o erotismo…
Xoves, 04 Agosto 2011 01:00

Conversamos con... Ánxela Gracián

    Ao redor dunha Ánxela Gracián convertida en astro xiran multitude de planetas literarios. Herdeira da mellor tradición oral do interior da terra luguesa, a incansable Ánxela multiplícase por si mesma para se transformar en escritora, en editora, en tradutora e actualmente en vicepresidenta de Gálix. Dotada dunha gran sensibilidade para a escrita, a súa literatura de veludo non se esconde para amosar aos máis pequenos a beira máis dura do ser humano. A morte, o desamor, a violencia de xénero,... móstranse reais como a vida, e vida é, abofé, coa súa beleza, o que atopa o lector nos…
Domingo, 15 Agosto 2010 13:21

Conversamos con... Pinto & Chinto

  Na súa faceta como analistas gráficos levan anos acompáñandonos todos os días no xornal La Voz de Galicia, onde se converten en auténtica referencia do humor galego. A partires do ano 2000 dedícanse tamén á literatura infantil, e dende o xerminal Suca (Everest) emprenden unha exitosa viaxe literaria na que agora desembarcan con Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka). Polo camiño, os premios Merlín e o Raíña Lupa. Facendo da brevidade unha arte, os textos de Carlos López (Chinto) son directos, sen concesións, mesturando a imaxinación co humor e o esperpento, deixando unha porta aberta a mundos imposibles…
Xoves, 20 Maio 2010 13:23

Conversamos con... Hixinio Puentes

  Ler a Hixinio Puentes é retroceder ao noso pasado, á nosa xuventude, a ese mundo de espadas, piratas e fusís de pao. É volver ás primeiras lecturas dos clásicos de aventuras. É soñar mentres gozamos da lectura. É iso e é moito máis, porque Hixinio Puentes utiliza a palabra como arma, e o libro como campo de batalla. Hixinio Puentes escribe ben, realmente ben. Moitas horas de estudo permítenlle debuxar polo miúdo os escenarios nos que se moven os seus personaxes. Son temas que o apaixoan e ten a grata capacidade de transmitilo ao lector, quen retrocederá durante a…
Analizándoa formalmente polo miúdo, atopamos na obra de Ricardo Martínez-Conde poesía, haikus e aforismos, no fondo agóchase a filosofía  e a beleza. A obra do poeta de Aldariz (Sanxenxo) convídanos a unha viaxe polas profundidades do ser, do Eu; rabuña nunha natureza que -sabia e deusa ela- móstrasenos espida e clara, incitándonos á observación e a percorrer paseniñamente os seus inescrutables camiños. Ricardo Martínez-Conde, a quen o escritor portugués nx0woé Viale Moutinho define cariñosamente como o "poeta filósofo", ven de publicar en Espiral Maior Na terra desluada. Debullamos con el toda a súa obra anterior, abríndonos a corazón aberto as…
Martes, 20 Xaneiro 2009 15:50

Conversamos con... Xurxo Sierra Veloso

Xurxo Sierra Veloso séntese abraiado cando lle definen como escritor, e abofé que a súa traxectoria literaria lle permite ostentar ese privilexio con maiúsculas. Cun brillo nos ollos e o sorriso perenne, Sierra Veloso vai debagando nesta conversa a súa obra desde o xerminal e adolescente Os ollos do rei de copas ata o seu recente Os nomes do traidor, pasando por Licor de abelá con xeo e por esa pequena alfaia que foi Os mércores de Fra. Afastado dun discurso filosófico ou moralizante, a súa prosa consegue engaiolar ao lector desde a primeira á última páxina, conducíndoo a través…
  •  Comezo 
  •  < 
  •  1  2 
  •  > 
  •  Fin 
Páxina 1 de 2

Buscar en Conversas >

Axenda >

Xullo 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom