Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Camarada: Eu só quería facer algo bonito (Follas Novas) de Begoña Díez Sanz

Rate this item
(4 votes)

Ler Camarada: Eu só quería facer algo bonito (Follas Novas) de Begoña Díez Sanz e deseguido verse mergullado nun mar de emocións, porque neste traballo no que a poeta aborda variadas temáticas, un aspecto innegable é a violenta honestidade da súa escrita, o feito de se mostrar cun corazón repleto de sensibilidade, facernos cómplices dun autodiálogo do que somos testemuñas.

Fermoso e perturbador, Camarada: Eu só quería facer algo bonito é o primeiro poemario que publica Begoña Díez Sanz. Temos que estar agradecidos á editorial Follas Novas, posuidora dun dos catálogos de poesía máis interesante e extenso do noso país, pola súa aposta por estes novos valores, que nos permiten descubrir voces tan intensas e sedutoras como esta de Díez Sanz.

O tempo é só tempo, escribe Begoña, e abofé que estamos seguros que co tempo poderemos gozar novamente das verbas e dos versos desta magnífica poeta.

 

 


 

 

Presenta en Camarada: Eu só quería facer algo bonito un poemario poliédrico formulado en catro actos. Unha das características deste libro é que, xa dende o propio título, hai un achegamento cara o lector, un espirse emocionalmente.

O título de Camarada: Eu só quería facer algo bonito está tirado dun poema de Xavier Campos que me gusta moito: Lume deste día*. Nese poema algúns versos fan referencia ao síndrome de Stendhal, á sensibilidade da beleza.

En certa medida poderíamos falar dunha comunicación co lector, sobre todo no paradoxo de querer facer algo bonito, xa que considero que todo o mundo que escribe busca a beleza, pero no poemario non só está esa apelación, senón que dentro del hai moito de min mesma: hai amor, hai sexo, feminismo, hai política, escribo sobre a problemática do eu como individuo… Velaí o punto irónico: non só quería facer algo bonito. 

 

* Publicado na Revista Dorna, nº 28 (2002)

 

E por qué estruturar Camarada: Eu só quería facer algo bonito como se fose unha obra de teatro? Cal é a súa relación con este xénero?

Gústame ver e ler teatro, velaí aparece a cita de Samuel Beckett ao comezo do libro. Estruturar Camarada: Eu só quería facer algo bonito tampouco foi unha cousa premeditada e, a dicir verdade, non vai máis alá da división en catro actos do poemario. Non che podo dicir: “No Acto I escribo sobre isto ou sobre o outro”. Non. Pode haber algo performativo nalgún poema pero o libro é moi anárquico, non obedece a ningunha estrutura preestablecida, como si acontece coas obras teatrais.

 

Ven vostede de sinalar algúns dos aspectos cos que o lector se enfrontará na lectura desta obra: o amor, o sexo, a problemática do eu… Cómo serve a poesía para traducirse a unha mesma?

A poesía é unha canle sentimental. Eu sonche totalmente anárquica á hora de escribir, non sento diante da folla en branco á espera da inspiración, senón que as ideas flúen con total liberdade; por iso, cando nun momento determinado saen e as plasmas no poema, moitas veces chego incluso á sorpresa. Con este libro aconteceume iso en contadas ocasións. Logo está o feito de identificarme co que escribo, xente do meu entorno é capaz de recoñecer en poemas de Camarada: Eu só quería facer algo bonito situacións persoais que me aconteceron, como a ausencia ou a sobredose de amor, ou o desengano que coma muller e ser social padezo.  

 

Eu só quero un camiño que me leve á túa casa,/e que co teu dedo/debuxes, entre as miñas pernas,/unha revoluçao

O amor intenso é expresado na súa máis crúa e primixenia vertente. Un amor que parece tirado dese verso do granadino nx0woé Val del Omar: “Quen ama, arde

Son unha muller moi intensa, e procuro vivir e trasladar á vida esa intensidade, tanto para o bo como para as cousas malas. Gusto do amor intenso, incluso dese amor por horas, que non deixa de ser unha maneira de amar, e que por veces pode chegar a ser máis fondo que un amor que perdura ao longo dos anos.

 

O poema para drenar o veleno do desamor, e a súa sinceridade e visceralidade para fecundar versos.

Non ten por que ser sempre así, ás veces escribo mellores poemas de desamor estando namorada que estando baixa de moral ou de ánimos; e outras veces é o desamor quen retorna despois de meses ou anos. En certa medida, é fermoso non ser capaz de controlar as túas emocións. Seica sería moi aburrido o contrario, non si?

De todos os xeitos non podo falar de algo sistemático, ás veces padeces grandes desgrazas e saes máis fortalecida desas situacións e outras veces afóndeste nun mar de nimiedades. E co amor e co desamor acontece o mesmo, cousas que pensas tes xa superadas volven de repente á túa mente mentres que noutras ocasións un desengano non che afecta o máis mínimo. Eu asegúroche que nunca, despois de padecer algunha desgraza, collín o meu caderno e púxenme a escribir. Ese impulso si que o tiven, pola contra, coas cousas sociais, que creo causan máis dor. As persoas entran e saen das vidas, pero a dor que se padece con moitas das cousas que acontecen ao meu redor non é unha dor persoal, senón que é unha dor social. Nestes casos si que hai unha maior causa-consecuencia na miña poesía, máis que cos temas amorosos.

 

Aparece esa dor pantasma que é a presenza da ausencia. Cómo se mitiga a dor do baleiro?

Cando a soidade é unha escolla persoal doe dun xeito escéptico. En Camarada: Eu só quería facer algo bonito aparecen moitas ausencias, e entre elas está a ausencia de min mesma, que chega a ferir máis que as ausencias de persoas. Hai certos baleiros que son máis doados de repoñer porque… se desapareces para ti mesma, que substituta atopas?

 

Morre un reloxo/outro máis

Atopamos en Camarada: Eu só quería facer algo bonito unha loita por manter viva a fugacidade das cousas. Cal é a relación da poeta con ese tempo que esnaquiza e nos amosa a nosa propia caducidade?

Eu teño moitísimos reloxos, pero ningún deles funciona. Acotío emprego reloxos de mentira, sobre todo de peto, parados. Cando teño un reloxo novo espero a que se deteña para empregalo. Ao longo da historia e da poesía unha das maiores loitas do ser humano é contra o tempo. Eu teño, deste xeito, a batalla gañada: eu paro o tempo.[risos]

Certo que hai unha preocupación pola fugacidade das cousas, cando medras e deixas de ser primeiro unha cativa e logo unha adolescente, vas vendo eses momentos pasados e sentes a necesidade de procurar meter a esa persoa momento bico conversa ruptura nunha caixiña e telo sempre ao teu carón. Eu teño a idea romántica de que todos eses reloxos parados, no intre en que deixaron de moverse, quedaron con algo dentro deles. Sempre digo que teño pequenas historias dentro dos meus reloxos.

 

Algúns dos seus poemas semellan fotografías: Definición de melancolía: A túa cunca de café baleira.

Faise necesario desprenderse das palabras para chegar ao cerne do sentimento e da emoción?

Podes ler un poema que fale da melancolía e que teña moitísimas palabras, que ocupe moitisimos versos e que encha moitísimas follas. Pero ti, no momento en que sintas melancolía por algo ou por alguén, cando teñas esa dor no estómago, vai ser cando vexas os obxectos cotiás, cando se rompa unha monotonía. Ese é o instante.

 

É frecuente atopar neste traballo numerosas referencias a personaxes tanto reais como de ficción, a libros, etc… Que aportan todas esas mencións ao seu discurso poético?

Ninguén nace metida nunha caixa afastada do mundo. Eu son o que son polos meus amigos, polas miñas parellas, polas miñas lecturas e polas miñas experiencias. Sería moi inxusto pola miña banda non falar de toda esa xente e desas lecturas que influíron en min como persoa, como poeta e como muller. Sería moi prepotente deixar todo iso de lado.

Ademais, dos grandes temas está xa todo falado. O bonito, o interesante está en contextualizar a realidade de cada un e ser sempre diferente.

 

Fico na metáfora mostruoso do ‘deus ex machina’

Por qué vivir nesa desacougante predisposición á derrota?

Eu son unha muller moi autocrítica. Non creo que sexa unha predisposición á derrota, disque por aí que un pesimista é un optimista ben informado e eu considérome moi ben informada, pero si acontece que por circunstancias da vida hai momentos que poño por diante a derrota ou a posibilidade da derrota.

 

Son da xeración do terrorismo/Eu tamén son terrorista.

Denuncias a degradación e o envilecemento que se fai do linguaxe. Aínda que non só da linguaxe…

Hai unha crítica explícita a toda esa xente que pon por diante os intereses dun partido político aos intereses da xente que ten ao seu redor, ou deses que falan máis do seu equipo de fútbol que dos problemas que acontecen ás persoas que teñen máis de preto.

Duns anos para acá teño un sentimento de desengano xeral contra o individuo moi grande. É duro contemplar o sentimento de derrota que inundou a tanta e a tanta xente, síntome moi mal ao ver como hai quen senta a agardar e non ten azos para moverse e actuar. Contemplar toda esa cegueira social, a nivel persoal, aféctame moito.

 

Comezas o libro cunha dedicatoria para a túa avoa e rematas o libro cun poema titulado Avoa sol.

Para min a as catro letras da palabra avoa quédanseme moi curtas para expresar o seu significado. Todo o bo que poida haber en min ven por ela, absolutamente todo. Miña avoa morreu hai xa dez anos e a súa lembranza provócame bágoas.

Pensei que en Camarada: Eu só quería facer algo bonito debía de conter, explicitamente, unha referencia poética ao tema da muller. Pareceume que era a clausura máis axeitada a este poemario. Algúns afirmarán que o feito de ser muller e escribir sobre o feito de ser muller pode ser un cliché, pero a verdade, vendo como está a sociedade hoxe en día, considéroo como un berro reivindicativo a facer.



 

 

 

 Santiago de Compostela. Setembro, 2014

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Setembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom