Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Flash-Black 13 e O frío azul (Urco) de Ramón Caride

Rate this item
(6 votes)
Ramón Caride Ramón Caride Foto: Sara Caride

As e os afeccionados á literatura estamos en hora boa cando chega ás librarías novos traballos do escritor ourensán Ramón Caride, e máis se -como é o caso que nos concirne nestas liñas- en pouco tempo atopamos dous novos libros do ourensán, e ambos publicados pola mesma editorial, Urco editora.

Quen coñeza a traxectoria literaria de Caride como a liña editorial de Urco pode facerse unha idea do que se vai atopar: literatura fantástica de grande calidade. E a proposta, abofé que non, nin erra nin decepciona.

Ramón Caride, autor de longo percorrido tanto nos eidos da poesía como na narrativa, concentra grande parte da súa obra no xénero negro e na literatura fantástica, e velaquí temos os lectores unha magnífica mostra desta última, condensada en dous libros que serven para recuperar e, sobre todo, para gozar do mellor de Caride: a recompilación de relatos en Flash-Black 13 e a reedición, na súa versión “definitiva”, de O frío azul.

Flash-Black 13 ofrécenos unha recompilación da produción en relato curto que máis se aproxima ao xénero fantástico. Fantástico? Si, sen dúbida, pero tamén son relatos arraianos co mundo que temos máis próximo, con ese que tocamos coa man cada día. Os lectores podemos doadamente identificarnos cos personaxes que pululan polos relatos de Flash-Black 13. E desacougarnos. Porque unha das características da narrativa de Ramón Caride é o trazado psicolóxico dos personaxes, cos que empatizas case dende o primeiro parágrafo, cos que vives os seus temores, os seus anhelos, as súas frustracións. Grande acerto do autor. Gran libro para gozar da literatura.

O frío azul, baseada nunha lenda da tradición oral e convertida con mestría en novela, foi Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007 e publicada nunha primeira versión por Sotelo Blanco. Estamos sen dúbida ante unha historia que foi gañando peso co paso dos anos, velaí a súa magnífica aceptación por parte da crítica e sobre todo polos lectores, e que agora ve unha nova edición “definitiva”, como a denominou a editorial.

O frío azul é un relato desacougante, que nos leva ao corazón de Ourense, onde se ergue impoñente e silandeiro o Mosteiro de Oseira. O horror, o amor, a tradición, o folclore, a destrución avanzan con ferocidade e cun ritmo intenso polas páxinas da novela.

Como unha das novidades que presenta a novela a cuberta de O frío azul leva incrustada unha capa de “realidade aumentada”, unha xanela aberta ao futuro do libro en papel coexistindo co dixital. O booktrailer da obra e a unha serie de ligazóns á web da editora e ás redes sociais son engadidos á tradición editorial clásica.

 

 


 

 

Ven de publicar os seus últimos libros con Urco, unha editora á que lle acae á perfección unha parte da súa produción literaria. Que se aportan mutuamente?

Eu son admirador do traballo de Urco, antes de publicar con eles xa mercaba as súas traducións de Lovecraft, Howard e outros autores clásicos de fantasía, ficción científica ou terror. Parécenme xente moi imaxinativa e emprendedora, por exemplo publicaron O xogo de Ender en galego, unha obra ben interesante dun autor norteamericano vivo, Scott Card, contactando directamente con el. Falamos dunha novela que deu unha superprodución cinematográfica...

Pola miña parte había tempo que tiña ganas de colaborar con eles. Primeiro fixen unha introdución a un libro dun amigo común, A xanela insólita, de Jorge Emilio Bóveda, unha historia da Ficción Científica moi interesante, e logo pensamos en publicar algo de creación miña.

O frío azul, daquela en Sotelo Blanco, estaba a poucos anos de quedar libre de compromiso editorial e decidiron reeditalo. Mentres esperabamos, ocorréuseme facer Flash-Black 13, recollendo relatos meus fantásticos, porque me encantan as antoloxías temáticas de relatos.

Ramón CarideCortazar sempre falaba, para referirse aos seus contos, que o motor dos mesmos era o sentimento de estrañamento. Que é o que move a súa literatura?

O mesmo que para Cortázar, coincido, a vida é unha cousa moi rara. O único que non nos permite ver a súa estrañeza é o feito de non parármonos a pensalo. É certo que eu teño obras máis “realistas”, pero iso é só en aparencia. A vida é sempre irreal, e a literatura tamén. Alén diso a miña obra literaria é moi variada, gústame cambiar de xénero e de enfoque en cada libro que publico.

Flash-Black 13 supón unha escolma dos relatos que vostede veu publicando nos últimos vinte anos. Cales foron os criterios de selección e a quen lle correspondeu ese traballo?

A selección fíxena eu. Busquei os relatos máis imaxinativos que tiña en cada libro publicado desde 1991. Tiña outro libro de relatos anterior, Os ollos da noite, pero non me convencía tirar nada del. Tras esa primeira selección algúns tiveron que quedar fóra, porque xa foran reeditados en Sarou/Louzós, outro libro recente. Fixen un novo relato ad hoc para esta antoloxía, O reinado dos ceos, e metín o Foto-shock, que a priori non é fantástico, pero....

No epílogo de Flash-Black 13 vostede subliña que a súa produción policíaca acadou éxitos e reedicións, mentres que a acollida da fantástica foi “desigual”.

A serie negra, ou policial, vive arestora na parte alta do seu periódico boom. Chegou a un público lector masivo (por certo, coñecín a Rubén Fonseca en persoa, pero xa non poderei coñecer a Henning Mankell, mágoa). Por contra, a literatura fantástica, falo da impresa, segue estando no chamado fandom. Ten seareiros fieis, pero moitos menos. Isto fai que unha recompilación de textos de serie negra, ou de relatos policiais, sexa máis doada de colocar por un autor nunha editora xeralista ca unha de textos fantásticos; é unha cousa do mercado. Non ten que ver coa calidade intrínseca do texto. E a edición ten algo –moito?- de feira. De tódolos xeitos non debía queixarme, en 2013 reeditei en Xerais outra novela fantástica, O sangue dos camiños*, que tamén se publicou en México e Portugal, da que estou moi satisfeito.

* Premio Risco de Literatura Fantástica 2003 e publicada ese mesmo ano por Sotelo Blanco.

Na tradición máis clásica do xénero fantástico este está moi vencellado co mundo do mito, da lenda, que todas e todos temos moi interiorizado. Sen embargo, un elemento común nos relatos de Flash-Black 13 é que estes son moi urbanos, moi ligados á realidade e ao mundo moderno. É necesaria unha boa dose de realidade para que a fantasía funcione?

Evidentemente, para min é así. Cada un ten as súas filias e as súas fobias. Eu non sería quen de escribir fantasía pura, en plan Tolkien, pero son moi de fronteira. Encántame que os textos se sitúen nesa interfase entre a rutina da vida cotiá e o insólito súbito, tal e como fai Cortázar. En parte os meus relatos saen así, e en parte procúroo, aínda que non che sabería dicir canto de cada cousa.

A ciencia ficción e o fantástico asumen a complexidade de aquilo para o cal non temos respostas racionais?flash black 13

Xa sabes que a Fantasía Científica, vulgarmente chamada ciencia-ficción (termo que a min non me agrada moito) parte da ciencia, e por tanto ten unha base racional, ou debería tela. En cambio o Fantástico como tal, que pode ser imaxinario ou marabilloso, non ter porque xustificarse en ningún razoamento lóxico. En todo caso, unha variante e outra son proxeccións do espírito humano –enténdase isto non coma algo sobrenatural senón como o produto da actividade neuronal- que saen fóra do estritamente empírico, da mecánica de todos os días; por tanto é certo. Cumpren a necesidade de soñar do ser humano.

Dá máis medo, ou prodúcenos unha maior impresión o que temos e o que coñecemos máis de preto?

Así é, en principio: como nos vai dar máis medo unha reencarnación que unha viaxe en ascensor? Pero todo depende de habilidade do escritor. Por exemplo eu paso moito medo con algunhas novelas de Robert Silverberg sobre o tema da reencarnación nunha sociedade imaxinaria.

A busca do control por parte do poder, que poidan controlarnos, como nos relatos O reinado dos ceos ou Informe final.

A paranoia de ser títeres en mans alleas é tan vella como o mesmo home. Nas traxedias gregas eran os deuses, agora a tecnoloxía: as redes informáticas saben todo de nós. Mudan os protagonistas, pero no fondo os contos sempre son os mesmos.

No relato Os perigos da nostalxia aborda un tema realista dende a ficción. Hai tramas que poden acometerse mellor dende estes xéneros?

Eu xa concibo o relato coa súa forma, o argumento aparéceme xunto co xeito de contar ese argumento. En xeral é así. Nese relato en concreto, un amigo pediume un texto creativo que evocase os tebeos da miña infancia. Dinlle unha volta extrema, non vou contar máis, e saíu unha cousa curiosa. Eu pensei que mesmo humorística. Mais, para a miña sorpresa, este relato foi censurado. Conto isto no epílogo de Flash-Black 13. Daquela entendín o significado da censura sobre un escritor, cando me pasou a min. Tiven a sensación de facer unha viaxe atrás no tempo.

o frio azulReedítase agora O frío azul na súa versión definitiva. Que achega esta nova reedición á publicada no ano 2008 por Sotelo Blanco e que acadara o Premio Manuel Lueiro Rey de novela Curta?

Á parte das correccións menores, ortografía e demais, leva varias ilustracións da época en que se ambienta a narración, e a maiores ás edicións anteriores, un apartado de documentación, cun texto extenso -entre outros- en plan Como se fixo esta novela. A min como lector encántanme este tipo de epílogos que falan da cociña dunha obra, eu aprendín moito deles, por exemplo cos de Borges.

Dende a perspectiva que dá o tempo. Como ve que tratou os anos esta obra?

Supoño que ben, dado que é a terceira edición, edición, á parte das reimpresións. Pasaron oito anos e segue viva. Co efémeros que son hoxe os libros, isto é unha eternidade. O mérito é dos lectores, case todo. Non podo senón agradecérllelo.

Localiza historicamente O frío azul a comezos do século XVI. Por que lle interesaba esa época para contar esta historia?

Hai dous feitos históricos dos que focalizan a obra que aconteceron a comezos do século XVI: un auto de fe da Inquisición e a morte dun abade de Oseira; isto foi así. A idea inicial e algúns dos feitos esenciais da trama eran desta época. Por tanto, optei por mover todo o resto dos acontecementos narrados a este período. Creo que acertei. Tan sequera ningún dos historiadores que a leron –e foron uns cantos- me sinalaron anacronismo ningún. Todo isto cóntoo con máis detalle no epílogo desta edición de Urco.

Estamos ante unha novela que transita entre a historia e lenda. Gústalle moverse entre eses dous mundos? Que lle aportan como escritor e que aportan á historia?

Como che dicía, a lenda, o mito, e tamén a relixión, están na mentalidade medieval no mesmo plano que a realidade obxectiva. Aínda que a época desta novela se aparta algo cronoloxicamente da Idade Media strictu sensu, falamos de Oseira, ou de Extremadura ou dos Ancares. Lugares arredados, señoríos feudais con moito peso aínda agora, a día de hoxe, do antigo réxime. Esta atmosfera é clave na ambientación dos feitos que se narran na obra. Non se poderían entender noutro contexto que fose máis urbano ou renacentista.

Case todo o peso da historia está narrada polo abade Lorenzo de Navascués a xeito de monólogo. No abade parecen confluír o amor e a violencia dunha forma estrema. Foille doado manter o ritmo da historia dese xeito?

Si, porque Lourenzo fala a traveso de min. Pero é el quen fala, non son eu. Eu son apenas como o actor que representa a súa historia. Non é a miña voz, é a súa. Nunca sería amigo seu. Non simpatizo co Abade. De feito, hai resgos do seu carácter dos que abomino, pero mudalos sería traizoar a obra. Ten que ser así, mesmo noxento ás veces. Lourenzo é un completo cabrón, pero atrae ao lector. A atracción do Mal, supoño que será iso.

A frase de Maquiavelo “o medo é unha das formas máis eficaces do poder” resume á perfección a vida do abade Lorenzo de Navascués e a forma de castigo contra a comunidade xudía. A ferocidade humana. A represión crúa que se conta en O frío azul, a da vila estremeña de Valverde del Fresno .

Exacto, de todos os xeitos debo facer dúas precisións: primeira, o texto de Maquiavelo hoxendía é interpretado como antidemocrático, e tal é desde a perspectiva de nós; pero pode ser un avance respecto ao poder absoluto de orixe divina do pensamento medieval que ten o Abade Lourenzo; ou sexa aínda que o adxectivo “maquiavélico” sexa pexorativo, é un concepto renacentista, e o Abade aínda está moi lonxe diso, el é aínda peor.

O segundo detalle é que como conto no epílogo, o episodio de limpeza étnica dos xudeus descrito na novela aconteceu realmente no ano 1500, pero noutra localidade estremeña moi distante de Valverde, en concreto en Herrera del Duque (Badajoz).

Un dos grandes protagonistas da historia é o mosteiro de Oseira. Na actualidade é foco de todos os interesados na arte e na arquitectura galega pero, que significaba Oseira no século XVI?

Era o Vaticano da época nesta parte do mundo, e quedo curto. Calquera visitante que se achegue agora a Oseira, e vexa aínda hoxe o edificio reconstruído, tras séculos de abandono, desamortizacións e saqueos, percibe o poderío que emanou desas pedras. De tódolos xeitos, o señorío de Oseira tivo picos máis altos de dominio que a comezos do XVI, daquela o plano do centralización dos Reis Católicos xa lle andaba enriba.

A intensidade da lectura. As veces as palabras poden ferir máis cos puñais. Egas vai morrendo aos poucos segundo se vai desentrañando a historia.

É certo. Egas vai sabendo, e vai morrendo. Veu para saber a calquera custe. Pero saber nunca é de balde, son mesmo as palabras do Abade na novela.

O frío azul parece que conflúe nalgúns momentos coa lenda La corza blanca, de Gustavo Adolfo Bequer.

A zoantropía é un tema universal, tan vello coma o home, mesmo na cultura oral. Disto ten escrito moito e ben Vicente Risco, e moitos outros antropólogos. A lenda é a mesma, supoño que Bécquer a recolleu en Castela, e Carré Alvarellos, de quen eu a recollín, nos Ancares, os dous pola mesma época, a do Romanticismo.

Hai uns anos a literatura de xénero fantástico era tratada como subcultura. Parece que tivo que vir a saga de filmes d’O señor dos aneis ou Xogo de Tronos para tomalo un pouco máis en serio.

Nin sequera lin a serie cando saíu no seu día en Gigamesh, xa hai algunha década. Refírome a Xogo de Tronos. Tampouco vin a serie esta nova da que todos falades. Ninguén é perfecto. Así que prefiro non opinar, seguramente non diría cousa con xeito.

A editorial coa que publicou estes libros está apostando forte polo xénero nestes últimos anos, incorporando autoras e autores. Como ve esta nova fantasía galega dende a súa experiencia?

Non lin nin sequera todo o que publicou Urco, confésoo, pero do que lin hai varios autores e autoras potentísimas, que a pouco que o sistema paraliterario que non temos, ou temos a duras penas –axentes, traducións e demais- funcionase serían auténticos fenómenos editoriais. Que escriba xente nova con esta calidade, e que o faga en galego, é algo marabilloso, nun panorama que certamente ten moitas eivas, por dicilo dun xeito optimista, ou se cadra indulxente. O libro galego non está no mellor momento da súa historia, pero non debemos perder máis tempo laiándonos.

Ten no prelo unha nova obra en Xerais, Liquidación de Existencias. Que nos pode contar dela?

Está a piques de saír, acabo de revisar agora mesmo a portada. É a miña volta á serie negra, despois de Sarou/Louzós (2012), pero aquel era un libro recompilatorio de relatos-novela criminal, é este é noviño do trinque, todo inédito. Este vai nesa liña formal; pero é un libro máis ácido, máis pegado á realidade cotiá, máis besta, con moita sangue e humor negrísimo. Nada que ver con O frío azulLiquidación de existencias é un libro de rabiosa actualidade, nos dous sentidos da palabra rabiosa. Alto en colesterol e triglicéridos. Como a vida mesma.


 

 

 Outubro, 2015

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Novembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom