Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O espido de Gina (Galaxia) de Miguel Anxo Fernández

Rate this item
(4 votes)

Visualizar o pasado co filtro da memoria para reescribir hoxe a historia. Miguel Anxo Fernández engade á lembranza o intervalo da experiencia e o coñecemento de dous mundos que manexa á perfección: o literario máis o cinematográfico.

Tras o grande éxito das novelas protagonizadas polo detective Frank Soutelo, con O espido de Gina o escritor carballiñés volve a mirada á Galicia vilega dos anos sesenta -unha Galicia semirrural que quere avanzar cara adiante dentro dunha atmosfera gris- para nos contar unha historia de cinema e de mundos contrapostos.

Cun estilo áxil o lector déixase arrastrar pola seimeira narrativa á que nos convida Miguel Anxo Fernández. Unha lectura amábel, divertida, irónica, adubada cun humor por veces acedo.

Resumindo: unha magnífica lectura.

 

 

 

 


 

 

Fervenzas Literarias:Tras o éxito dos libros protagonizados polo seu detective Frank Soutelo rompe agora, con O espido de Gina, esa liña de novela negra para propoñer aos lectores unha historia sobre o mundo do cinema. Un mundo, por outra banda, moi vencellado ao seu labor profesional.

Miguel Anxo Fernández: É evidente que hai unha procura de querer descolgarte un pouco do que é o personaxe de Frank, protagonista dos meus últimos libros; pero tamén é certo que levo escribindo e reescribindo O espido de Gina dende hai xa dez anos. A orixe desta novela atopámola nun relato longo escrito para o libro Capitol, última sesión*. Carlos Lema, o meu editor, convidoume a deixar ese relato fora de Capitol e publicalo como unha novela curta. Polo medio cruzáronse os libros de Frank Soutelo mentres que O espido de Gina foi medrando aos poucos.

Co paso destes anos teño para min que Lema acertou ao me indicar que vía nesta historia unha novela.

*Publicado en Galaxia no ano 2004.

 

Ironiza en certa medida en O espido de Gina con esa Galicia vilega dos anos sesenta onde abrollan as contradicións dunha época: por unha banda temos o nacionalcatolicismo da igrexa e, en confrontación, o progreso representado polo cinema.

Iso vivino eu, aínda que non me decataba do que acontecía ao meu redor porque era moi pequerrecho pero, como dende unha idade moi temperá sentinme atraído por todo este mundo do cinema, fíxenme amigo de exhibidores e puiden coñecer dese xeito a problemática que eles padecían dende dentro.

Abofé que si, sobre todo nas vilas existían eses dous mundos e dicir cinema era dicir liberdade. Ti entrabas a ver un filme e evadíaste por unha hora e media ou por dúas horas. Evadíaste porque o que ías atopar logo á saída non era nada agradable.

E logo estaba a igrexa como contrapunto moral ao cinema. É totalmente verídico o que conto en O espido de Gina cando o crego coloca na porta da igrexa as fichiñas da Oficina Católica amosando as razóns polas que non debías ir ver esta ou aqueloutra película.

Nese mundo da igrexa e da censura o exhibidor de cinema era, por definición, un personaxe progresista. O cine era o seu negocio pero tamén eran responsables de transmitir ilusión nunha época gris, pero logo chegaba a igrexa coas súas fichiñas sobre o que podías ver ou non e estragábante a metade da clientela, sobre todo entre os máis católicointegristas.

 

Abre a novela cunha dedicatoria sobre o cinema daqueles anos. Porén, segundo avanzamos na lectura acharemos en O espido de Gina, máis que nostalxia, unha exploración desa época.

A primeira crítica que saíu desta novela, asinada por Manuel Rodríguez Alonso*, destacaba que persoalmente O espido de Gina fixéralle lembrar e revivir o cine daqueles anos. Un amigo meu, que xa pasou dos setenta anos, entusiasmouse tras ler a novela no mesmo sentido que Rodríguez Alonso. Eu só era un cativo, pero eles eran adultos e rememoraron esas escenas.

Cando escribo, o que si procuro sempre é non caer no historicismo nin no didactismo, xa que considero que iso lastraría a narración, aínda que tamén é certo que aproveito para encaixar de cando en vez elementos que dean contexto á propia historia, velaí están os pasaxes de cómo se pedían os filmes ao distribuidor, por exemplo, pero procuro contalo sempre nun parágrafo. Evito dedicar moito espazo a iso.

Logo está o feito de que na literatura galega non exista ningunha obra que rememore ese mundo do cine, que a min me parece marabilloso. Foi unha época especial para o cine pero non quero caer na nostalxia nin ser morriñento, iso nunca, porque o dano que fixo tanto o réxime franquista como a censura, a castración intelectual á que someteron á xente, sobre todo aos que vivían en vilas pequenas, foi abafante. Tinguiron todo de gris e a única forma de respirar algo de liberdade foi a través do cinema e, nas vilas que tiveran a sorte de telos, cos videoclubs. Podo levar esta novela en clave de comedia, ou incluso de farsa, pero de nostalxia nunca.

*O pracer da lectura (18/06/2014). http://bouvard.blogaliza.org/2014/06/18/o-pracer-da-lectura/

 

A conexión entre a súa literatura co mundo do cinema. Velaí están capítulos xeralmente curtos, conectados uns cos outros como se fosen secuencias cinematográficas e que permiten ao lector engancharse á historia dun xeito rápido.

Á hora de narrar eu reflicto o que vivín e o que vivo. O meu obxectivo, cando escribo, é comunicarme cos demais. Se non o consigo para min é un fracaso. Esta afirmación pode causar controversia, e alguén pode vir e dicirme: “Ti escribes o que a xente quere ler”. Non. Eu como narrador quero acadar e plasmar as claves necesarias para que o lector se enganche á miña historia, sexa logo esta a historia que sexa.

Se eu escollo para O espido de Gina o mundo do cinema é porque levo vendo filmes dende os cinco anos. Iso, dun xeito máis ou menos consciente, condiciona o teu pensamento e a túa forma de contar. Eu sei que internamente, cando escribo, o que fago é narrar e montar; outras veces -isto dun xeito case que inconsciente- cando falo dalgunha novela miña, falo dos capítulos como se fosen secuencias. Todo iso ven influenciado por ese mundo do cinema ao que estou tan exposto.

 

Unha voz en off vai ir marcando a cadencia do relato. Unha ollada cómplice co lector que non perde nunca de vista o humor.

Teño na memoria o meu barrio do Carballiño, un barrio en expansión, medrando. Lembrareime sempre dos albaneis que estaban a traballar na obra. Os tipos, cando paraban para comer sobre a unha da tarde, abrían a friameira ou as potas que tiñan atadas cunha goma, e sacaban do peto do pantalón unha novela. Polo xeral eran libriños dos que tiraba do prelo Marcial Lafuente Estafanía. Eu vía a eses obreiros cunha man comendo e suxeitando o libro coa outra. Logo ían a algunha libraría do Carballiño e cambiábanas por unha nova por unha peseta. A xente lía. A xente lía historias populares. Ás veces reivindico esa literatura de xénero. Por qué non escribir para que o lector se sinta cómodo lendo? Eu busco ofrecer ao lector unha historia e engaiolalo a esa historia. Moitas veces critícaseme iso, que teño que buscar coa miña literatura un alto sentido cultural. A literatura ten que comunicar, do mesmo modo que o cinema. Buscas a comunicación, ten que haber empatía co lector. Iso nin é demagoxia nin é dar ao lector o que el quere ler. En absoluto! Tes que buscar as claves xustas para que o lector fique enganchado ao que lle contas. Aí é onde aparece a habilidade do escritor, supoño...

 

A praza de Valdesantos acolle case toda a acción que transcorre en O espido de Gina. O espazo pechado e os poucos personaxes que aparecen xunto ao seus marcados carácteres lévanme a pensar máis nunha posta en escena teatral que cinematográfica.

A voz en off do xornalista describe unha panorámica da vila, situando a historia. O que fago é delimitar moi claramente o espazo, convertendo a praza da vila nun cuadrilátero: nunha beira a igrexa e xusto fronte a ela está o cine. Nun lateral atopamos o bar de Dousreás e no outro a casa do concello, que sería a parte da política onde ninguén quere ir. Si que podería ter esa mestura entre cine e un pouco do teatro.

 

Lambón, Valboa, Mariví, Manfredo,… É curioso ver como os personaxes secundarios van dominar case que por completo a novela.

Recunquemos de novo á miña influencia cinematográfica. Se te decatas, en moitos dos grandes filmes do cine americano, ou incluso do español, os personaxes secundarios son fundamentais. Os protagonistas precisarán deles xusto no momento no que requiran pasarse da raia. En O espido de Gina queda reflectido esa situación no caso do crego en Lambón, e no caso de Atilano con Valboa. Os dous personaxes principais son o crego mais o exhibidor pero ao final, quen move todo, son os secundarios.

Logo está Manfred. Manfredo. O alemán. Manfredo é un tipo totalmente libre, un transgresor para a época; probablemente sexa tamén a referencia máis cinéfila, baseado en grande medida en Scurèzadi Corpolò, do filme Amarcord, de Federico Fellini. Scurèza é un tipo que vai sempre nunha moto, nunca para. Todo o mundo sente envexa del porque é unha persoa libre, que vai coa moto onde quere. Nese sentido Manfredo fai de contrapunto entre o crego e o exhibidor.

 

Qué lle deben ao cinema esa xeración de galegos que vían nel unha das poucas fiestras abertas ao mundo exterior, tal e como comentaba vostede anteriormente?

Nun momento do libro realizo unha referencia histórica aos 25 anos de paz. O réxime franquista estaba nun momento no que buscaba homologarse ao exterior. En 1953 asínase un acordo cos americanos para que constrúan en España unhas bases militares, pero na década dos 60, co desarrollismo, viviuse un momento histórico de grande contradición: por unha banda o Réxime facilitou un certo aperturismo, pero por outra quería controlalo. Escollín xusto esa época a mantenta, porque ese paradoxo existente na política trasladouse á sociedade, unha sociedade cada vez máis remisa ao antiprogresismo da igrexa católica.

Nese contexto o cinema servía para rebelarse, a xente quería ir ao cine ver o espido de Gina Lollobrígida. Un espido! A xente atordábase! Estrearon ese filme en España cun título que nin sei como pasou a censura: Desnuda frente al mundo. Algúns exhibidores vellos contábanme que a xente chegaba ao cine alucinando: “Vamos ver un espido”, dicían! Logo no filme a Lollobrígida nin se espía nin nada de nada.

Evidentemente, hai unha vontade de plasmar a sociedade daqueles anos, do mesmo modo que intentei reflectir, en certa medida, a época actual. Hoxe á figura do crego poderíamos poñer catro ou cinco caras, o mesmo que no caso do exhibidor ou de Manfredo. Non quero caer na nostalxia tipo Cinema Paradiso. Non se trata de dicir que bonita era aquela época, porque salvo cousas anecdóticas, non o era para nada.



 

 

 

 Santiago de Compostela. Novembro, 2014

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Setembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom