Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Poemas de Amor en Outono (Fachinelo) de Toño Núñez

Rate this item
(12 votes)
Toño Núñez Toño Núñez Foto: Ollo de vidro-ACAB

Poemas de amor en outono é todo el un inmenso enxerto de voces vivas, de presenzas devanceiras que se alumiñan e acomodan”, escribe o crítico Armando Requeixo no limiar que abre este poemario, recente achega literaria do poeta naviego Toño Núñez. Voces, paisaxes e sentimentos que afloran das páxinas deste libro e que se chantan agarimosamente na sensibilidade do lector.

Toño Núñez, a quen hai que criticar a súa escasa presenza nos andeis das librarías, é poeta que escribe como vive, e a vivencia penéiraa para devolvela feita verso. Velaquí poesía na súa pureza. En Poemas de amor en outono Toño Núñez recompila 55 poemas vitais na traxectoria literaria do poeta, un por cada ano da súa vida. Navia de Suarna, os Ancares, o amor e as súas contradicións, a poesía social... van conformando aos poucos a grande casa poética de Núñez, erguendo verso a verso o particular (e sincero) mundo do poeta. Particular, si, e por iso a universalidade da súa proposta, porque outro dos grandes méritos da poesía de Toño Núñez é a empatía coa que chega ao lector.

Nesta entrevista Toño Núñez sinala que Poemas de amor en outono é un libro “caprichoso”, feito por completo á súa medida. Apréciase o amor que desprende ao abrir as súas páxinas. O cariño co que está feito o limiar, as incribles ilustracións de Miguel Anxo Macía, os poemas recitados e musicados que aparecen no DVD que acompañan o libro. AMOR, en maiúsculas, e non só no Outono da vida. Grazas, Toño, pola beleza; grazas pola poesía.

 


 

 

imaxe 1Temos que retroceder ata o ano 1986 para ver a súa primeira publicación poética. Dende aquela ten publicado basicamente en revistas poemas soltos. Como xurde agora a necesidade de recuperar toda esa produción e reunilas neste libro de Poemas de Amor en Outono?

Poemas de Amor en Outono é un libro de recolleita e de celebración. Como eu escribo moi pouco e, polo tanto, teño unha produción escasa e dispersa, en chegado ao medio século de vida (comecei coa idea antes, claro), deume por celebralo reunindo nun libro a maior parte da miña sementeira poética. Mais, unha serie de circunstancias vitais fixeron que o proxecto quedase adiado; finalmente, puiden recuperalo e sacalo adiante para a celebración do 55 aniversario; case, xa, na porta de saída do meu outono vital. Por iso son 55 poemas, un por cada ano que lle ganei á vida.

E, como acto de celebración, quixen facelo polo alto, con moito amor! Por iso lle pedín a Armando Requeixo que me escribise o prólogo. E ao amigo Miguel Anxo Macía, que me pintase un cadro para a capa, e os debuxos que ilustran algúns poemas. Ademais, quixen complementar o libro cun DVD que contén 16 videopoemas. Un proxecto moi ambicioso e caprichoso, teño que recoñecelo.

Daquela poderíamos afirmar que o lector atopará neste libro poemas recuperados máis algúns escritos especificamente para este libro?

Non, non escribín ningún poema especificamente para este libro. Ao ser un traballo de recolleita, incluín nel poemas de todas as etapas da miña vida; mesmo Navia, que escribín con 15 ou 16 anos. Recuperei algúns títulos do libro anterior, Navia, nai, poemas que andaban soltos en diferentes publicacións colectivas e revistas e, tamén, algúns inéditos, escritos en diferentes momentos.

Que se ve dende o outono da vida?

Queda un longo camiño, xa, ás costas… Engurras na pel… Neve nos cabelos… Néboa na mirada… Lagoas na memoria… Atrás foron quedando ilusións, experiencias, medos… E faltan persoas… Viñeron outras… Houbo cambios importantes nas formas de vivir… Pero seguimos sendo egoístas… Iso non cambiou… Seguen habendo demasiadas inxustizas…

Vese tamén moita sinceridade, atreveríame a engadir.

Se o que eu escribo é poesía, esta é o resultado de peneirar a vida, a miña vida: as miñas orixes, as miñas persoas, o meu tempo e o meu espazo vitais. Algo que sae dos adentros, do máis fondo, das mesmas tripas… Unha poesía vivencial, transparente. Certamente, os meus versos son a radiografía da miña singradura existencial. Se non houbese autenticidade… sería unha auténtica fraude. Sen quitarlle mérito, interésame pouco a poesía máis formal, carente de fondo e de compromiso; e, menos aínda, a poesía escura, que non sei de que me fala.

A poesía comezou sendo para min un xeito de liberación, unha forma de catarse. O papel era unha especie de refuxio onde eu envorcaba todos eses sentimentos imposibles de exteriorizar doutro xeito, dada a miña personalidade tímida e acomplexada. Nesa primeira etapa, a poesía tivo para min esa importancia; logo, vas evolucionando, pero, sempre, ou case sempre, no que eu escribo, reflíctese unha vivencia. Isto esixe da autenticidade, non? Poderiamos dicir que Poemas de Amor en Outono é un libro egocéntrico. Escribo de min mesmo e de todo o que me abrangue, hai anaquiños de min en cada poema. Cómpre a autenticidade, claro. De todos xeitos, considero que eses sentimentos son universais, aínda que expresados dunha forma particular, cos que calquera lector pode sentirse identificado.

Indica vostede que o primeiro poema escribiuno con apenas dezaseis anos: Navia. Como sente que evolucionou a súa poesía ata chegar a esta outonía?

Resúltame moi difícil valorar os meus textos. Crear a distancia necesaria que me permita ler un poema meu como se non o fose, éme practicamente imposible. En calquera proceso creativo hai unha evolución, ou debería habela; pero penso que, no meu caso, sigo escribindo “unha poesía que é vida”, como dixo Ramón Nicolás. Talvez non evolucionase moito? No formal, quizais, haberá unha evolución lóxica: máis “oficio”, máis referentes… Pero, na intencionalidade e na “recreación” da experiencia, coido que sigo sendo bastante fiel a min mesmo. O que non sei é se isto é bo ou é malo…

tonho nunhez fotoEntre tesos illada,/nun recanto de Galicia,/espira un pobo esquecido/que morre pola inxustiza

Un dos poemas que abren este libro está dedicado á súa orixe, a Navia de Suarna. Que ten esa terra illada e esquecida á que vostede tense dirixido poeticamente en tantas ocasións?

Penso que nacer nunha aldea, ou mesmo nunha vila, deixa máis pegada que nacer nunha cidade. Dalgún xeito, ese espazo vital tan reducido imprégnate moito máis. Ata os cinco anos vivín en Vilameixide, onde eu era o único neno. Logo, baixei para a vila, para Navia de Suarna. Esa experiencia iniciática, vital, marcoume tanto que, agora, a pesar de ter un contacto físico menor con Navia, a nivel poético segue a ser un manancial inesgotable. Aínda que estea escribindo sobre un tema totalmente alleo, de cando en vez, escápase un verso que fai referencia a aquel tempo e a aquel espazo. En definitiva, Navia é a miña esencia. Xa está dito (non lembro agora quen), e moi ben dito: A infancia é a patria do home, e da muller, claro. Como renunciar á patria, á esencia dun mesmo?

Fala desa estancia da súa poesía que é Navia, pero é un país, unha Navia, que se amosa fortemente arraigada á infancia, a un tempo pasado e ás persoas e ás paisaxes que o habitan. Que emerxe cando escarva na memoria?

De neno, o teu mundo máis próximo é todo o universo, “todo o meu planeta”, digo nun verso; especialmente, como xa dixen, para un neno de aldea. E esas vivencias da infancia perduran, como gravadas a lume, na memoria. Cando eu fun neno, na aldea non había luz eléctrica, as mulleres carretaban a auga para as casas nas selas, aínda non chegaran os tractores, había moi poucos coches… A montaña estaba poboada… As polavilas… Aquel cantar dos carros cargados de herba seca ou centeo á luz da lúa nas noites de verán… Ai… Aquelas feiras e festas multitudinarias en Navia… As primeiras cereixas de maio… As filloas da miña avoa… Ai… Cando lles falo disto ás miñas fillas, e aos meus alumnos e alumnas, pensan que é un relato de ficción. Ai…

Titula este libro como poemas de amor. Manifestar o amor a través da escrita non deixa de ser unha afirmación tráxica pero tamén algo situado preto a unha revolución?

O título dío todo: Poemas de amor en outono; pero entendendo o amor en toda a súa amplitude da expresión: amor á Terra, amor á fala, amor ao sangue, á amizade… O amor podería ser o antídoto contra o odio. O amor é un sentimento primitivo, sinxelo… nobre. Ou non tan sinxelo; pero, si, nobre. Mais… hai moito odio na Terra… E moita ambición. Da ambición nacen o sometemento, o poder e o exercicio deste. Quen acumula riqueza e poder, non ama; quizais se ame a si mesmo, pero non ama os seus iguais. Daquela, proclamar o amor, igual si, igual é un acto revolucionario. Eu predico que hai que facer todo con amor, dende un rego de patacas plantadas ao sacho, dende varrer as escaleiras, ata o complicadísimo proceso de ensinarlle a unha nena ou a un neno, ou operar a corazón aberto nun quirófano. Co mesmo amor que ti preparaches esta entrevista. Son un revolucionario?

Ti, andoriña da miña primavera, / fuxiches deixando orfos os meus ollos, / deixando as miñas mans baleiras...

O desamor como un eco do amor.

O libro está estruturado en tres partes: amor, desamor e desacougo; polo tanto, tamén cabe nel o desamor. Houbo etapas vitais nas que me tocou padecer o desamor e fíxose necesario superar esa experiencia. Neses momentos, a escrita serviume para exorcizar eses sentimentos que roen con salvaxe dureza. O amor e o desamor son dous polos que se encontran, alomenos, na intensidade da vivencia. Deitar na escrita o sangue das feridas, a min sempre me axudou a curalas.

E alumou o lume/ entre o fume da paixón. /Sucumbiu o silencio/ ós acordes da túa voz…/ E inventamos o amor

De que forma a palabra é a profanación do sublime?

Profanación? Quizais sexa como cousificalo. Non sei… por outra parte, xa está dito tamén: o que non se nomea, non existe. Podes sentir no teu interior vivencias moi intensas… pero precisas da palabra para lles dar forma e, sobre todo, para comunicalas e compartilas.

imaxe 2Onde a choiva é regalía/ e o vento un agarimo,/ onde as fontes son canción/ e as veas son os ríos.

Na súa poesía, ao igual que na súa narrativa, hai unha perenne alusión á paisaxe. O poeta observa ou o poeta escribe?

O poeta ten moitas formas de sentir e de vivir a realidade que o rodea. Cohabitamos unha realidade que chega ata nós tras ser peneirada pola sensibilidade particular de cada quen. Eu entendo a natureza como ese todo que nos inclúe. E que nos fai tan minúsculos, como tan ben expresou Uxío Novoneyra, por exemplo. Nós somos efémeros e cambiantes, pero a natureza permanece. Se nós formamos parte da paisaxe, como obviala? Como illar a parte do todo? Esta visión dá como resultado unha expresión poética impregnada de todas aquelas paisaxes que me acolleron e me acollen. Por iso os meus versos están inzados de elementos da paisaxe, entre os que teñen grande protagonismo, tamén, claro, as persoas. O poeta observa, escribe e describe… O poeta re-crea.

A poesía social tamén é unha referencia neste Poemas de Amor en Outono, velaí está ese impactante poema titulado Chove. Que papel compre á poesía nunha sociedade na que imperan outros discursos, léase políticos e sobre todo económicos?

A min marcoume moitísimo ler a poesía social de Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Machado, Miguel Hernández... Sen querer restarlle valor a esoutra poesía, digamos, máis formal, coido que a poesía ten que estar sempre ao servizo dunha causa. No meu caso, a causa son as persoas e os conflitos sociais que están presentes e que che gustaría cambiar.

É certo que vivimos un tempo en que todo se mira dende o perverso ollo da economía. Os valores éticos están sendo acubillados polos intereses económicos. E os discursos políticos que marcan o ritmo actual póñense sempre ao servizo deses intereses. Economizan ata a educación e queren someter o sistema educativo aos parámetros da empresa. Ai… A educación institucional vai camiño de reducirse á formación de creadores de produtos e de consumidores dos mesmos. Cal é o papel da poesía diante disto? Facer de contrapunto, baixo o meu humilde e cativo parecer. A alguén lle corresponderá reivindicar o factor humano. A poesía tamén pode facelo; debe facelo, penso eu.

Que facer neste territorio hostil? No poema Panfleto de amor (ferido) amosa a súa carraxe pero nun momento do poema proclama ironicamente “Son feliz!”, que semella representar á perfección ese estado de non-padecer no que moitas veces parece que nos atopamos.

Eu considérome un privilexiado polo momento histórico e polo cacho de Terra nos que me tocou vir a este mundo, a pesar de todos os pesares. Tamén polas circunstancias vitais. Máis aló de todos os aspectos de inxustiza que un poida observar e, mesmo, sufrir, sempre hai que buscar un momento para aproveitar a vida e intentar ser felices. Ao igual que escribes sobre a inxustiza, e sobre a dor, ás veces tamén necesito escribir sobre eses momentos plenos, felices. E a máxima expresión da felicidade é o amor. Tamén é unha forma de dicirlles aos controladores do mundo que, a pesar deles, moitas persoas podemos ser felices… Pero… moitas outras non… Por iso, nos versos aos que te refires, hai unha moi pouco disimulada carga irónica.

Ela era a culpable de todos os males./ Culpable de facer versos. Chamábanlle A Poeta

A Rosa Espiñeira, O canteiro, Patriotas! Son exemplos de poemas onde o poeta transmútase en portador da memoria colectiva, ao xeito dos aedos da Grecia Antiga.

Rosa Espiñeira, dalgunha maneira, representa esa figura. Son personaxes que acumulan a cultura colectiva dun pobo, e, a través da súa palabra, devólvenlla á xeración coa que lles tocou convivir . A poesía é o que queda logo de peneirar a vida, a vida individual, pero tamén a vida a nivel colectivo. Polo tanto, o poeta, o bardo, o aedo, o rapsoda... os e as que son grandes, os e as que transcenden, son persoas que levan ás costas o saber dunha cultura, dun pobo, e que fan de enlace co resto da colectividade.

imaxe 3No poema Poetas… acción! formúlase “Para que serve a poesía?” Unha pregunta que no propio poema queda no ar e que eu agora pregúntolla a vostede: “Para que serve a poesía?”, “Para que serven os poetas?”

A poesía sempre estivo e sempre estará. E nela conviven, por suposto, infinidade de expresións e de sensibilidades poéticas. E na sociedade sempre houbo o ben e o mal, e todos os matices intermedios. Ante moitas das cousas que ves, sentes unha impotencia terrible; e a poesía serve, dalgunha forma, para expresar a túa maneira de entender a realidade e como transformala. E para liberar a frustración que xera esa impotencia. Se non dispós doutras ferramentas á man e tes a teima de escribir, irremediablemente, esas tensións aparecerán nos teus versos. A poesía serve para expresar o amor, pero, tamén, para nomear a inxustiza. E a palabra ten un poder innegable. Polo tanto, a poesía serve a nivel individual e colectivo. Como catarse e como enerxía transformadora. Por iso digo o de Poetas... acción!

Poesía que parece ser escrita en voz alta, poesía para ser recitada. Velaí está ese DVD de videopoemas que acompaña a este Poemas de Amor en Outono. A quen pertence a poesía? Ao pobo?

Eu considero que cando unha persoa ten a capacidade de crear algo, sexa un poema, unha canción, un cadro… e a súa creación é asumida pola colectividade como algo seu, esa persoa é unha privilexiada. A creadora ou o creador recolle do pobo e, despois de re-crear, devólvelle ao pobo o que é seu. Hai persoas que din que escriben para elas. Eu tamén escribo para min; xa expliquei os beneficios que me reporta. Pero o que lle dá o auténtico sentido aos meus textos é que alguén me diga que iso que eu escribín lle aportou algo; entón, un sente que o acto de escribir ten… iso: sentido.

E falando de recitar, ultimamente estou participando nalgún que outro recital. Gusto moito desoutra vertente da expresión poética, de poñerlles voz ás palabras escritas. As percepcións son moi diferentes. E como consumidor de poesía tamén me pasa iso. Leo un poema e non me di gran cousa, pero, se teño a posibilidade de escoitalo recitado en boca do autor ou autora, ou mesmo doutra persoa que lle dea vida, pode que me faga experimentar sensacións que non fora quen de percibir ao lelo. Gusto de recitar e gústame moito “cociñar” os textos recitados con música e con imaxes. Por iso naceu o libro acompañado dun DVD no que se recolle unha escolma de poemas recitados, complementados con banda sonora (Carlos Díaz e Daniel Pando) e imaxes (Bruno Máez). Eu estou moi satisfeito do resultado final do proxecto. E, teño que dicilo, as valoracións que me chegan, aínda que case sempre son de amigos ou de persoas coñecidas, agrandan a miña satisfacción.

Tras estes Poemas de Amor en Outono, que agardar da chegada do Inverno?

Non me formulo o que está por vir. Este libro é a recolleita de cincuenta e pico de anos de vida e non sei o que me deparará o futuro. Agora mesmo non estou escribindo para ningún proxecto concreto; teño algo bulindo na cabeza, mais, nada definitivo. Eu escribo moi pouco, sen método nin disciplina, ás arroutadas. Só escribo cando se me move algo dentro; pero podo estar meses e meses sen escribir un só verso. Ata que, nalgún momento, aparece unha vivencia que emerxe con intensidade e xorde, novamente, esa necesidade de expresala poeticamente. Outras veces pode ser unha lectura a que acende a chispa creativa. Mesmo, dun tempo para acó, xa empezo a forzarme a escribir dun xeito máis “provocado”, máis lúdico; ben para participar nun recital, para unha colaboración… e, non tanto, por necesidade. Tamén quero recuperar a escrita para os lectores máis novos, que a teño bastante adurmiñada. Xa se verá…

 

contraportada
Fotografías: Ollo de Vidro - ACAB

Ilustracións: Miguel Anxo Macía

 

 

 Teo. Abril, 2015

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Media

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Dicembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
14
› Os mundos de Carlos Casares
00:00
Museo Interactivo da Historia. Lugo, Lugo
Exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Presentación As receitas de Rosaura en Bueu
17:00
Xoguetería El Parque, Bueu
O evento tamén contará coa firma de exemplares e cun Taller de Ilustración a cargo de Luz Beloso
› Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas en Compostela
17:30
Fundación Granell, Santiago de Compostela
Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas
› Conversa con Xurxo Souto e Kirmen Uribe na Coruña
18:30
UNED, A Coruña
Dentro dos XIV Encontros con Escritores da UNED
› Presentación de Viaxeiros de Peto en Compostela
18:30
Centro Sociocultural do Ensanche , Santiago de Compostela
Un álbum ilustrado dirixido a nenos e nenas de ata 7 anos aprox.
› Presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle Inclán en Ourense
19:00
El Cercano , Ourense
Beatriz Maceda presenta a súa novela xuvenil publicada por trifolium
› Roteiro con Héctor Cajaraville sobre Once portas en Compostela
19:00
Alameda, Santiago de Compostela
Con Once portas Cajaraville gañou o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole do 2016
› Recital Aquel Deus, aquelas escuridades, en Compostela
19:30
Biblioteca Pública Ánxel Casal, Santiago de Compostela
A cargo de Carlos Arias e Xoán Paulo Jouvencel
› Os xoves do Vindel, en Vigo
19:45
Edificio Cambón, Vigo
Organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
› Presentación de Alma e o mar en Compostela
19:45
Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
A nova novela de Francisco X. Fernández Naval, publicada por Galaxia
› Conferencia Eduardo Pondal, poeta na Coruña, na Coruña
20:00
Biblioteca Municipal de Estudos Locais, Coruña (A)
Acto de homenaxe a Eduardo Pondal
› Presentación de Que contan as ovellas para durmir? en Pontevedra
20:00
Casa da Luz , Pontevedra
Contacontos de Kiko da Silva con música de Roger Subirana
› Presentación de A senda de sal en Nigrán
20:00
Salón de Plenos, Nigrán
Último Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia
› Presentación de Estrelas da despensa galega en Compostela
20:00
Vide, Vide! , Santiago de Compostela
Os produtos e a cociña de Galicia son unha parte moi importante da nosa expresión cultural.
› Presentación de A lentitude en Compostela
20:00
Libraría Chan da Pólvora, Santiago de Compostela
Último libro de María Do Cebreiro, publicado pola Chan da Pólvora Editora
› Presentación de Tripas en Vigo
20:00
Libraría Andel, Vigo
Novo poemario de Alberte Momán
› Presentación de Saturno tamén é deus en Compostela
20:00
Libraría de Mulleres Lila de Lilith , Santiago de Compostela
Uxía Casal redita en Urco esta nova edición que ve a luz 20 anos despois da súa publicación
› Recital de A cadencia da fractura en Pontevedra
20:00
Libraría Paz, Pontevedra
Isaac Xubín recitará sobre o seu novo poemario, 'A cadencia da fractura'
› Lendas de tradición oral no Deza, en Lalín
20:30
Círculo Recreo, Lalín
A cargo de Xoán Carlos García Porral
› Presentación de Baixo os arcos da ponte en Pontedeume
20:30
Biblioteca Municipal, Pontedeume
Cuarta parte do cancioneiro popular eumés
Data :  14/12/2017
15
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Os mundos de Carlos Casares
00:00
Museo Interactivo da Historia. Lugo, Lugo
Exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017
› Mesa redonda e presentación da publicación Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, en Compostela
11:00
Consello da Cultura Galega , Santiago de Compostela, A Coruña
No Consello da Cultura Galega
› Sesión de contos en pontevedra
17:45
Libraría Patakafrita, Pontevedra
Contos pintacontos realizada por Olalla González e Marc Taeger
› Lanzamento dos Wombis na Coruña
19:00
Marineda City, A Coruña
Esta obra forma parte dunha colección de libros que contan a historia dos Wombis
› Presentación na Illa de Arousa de Cociña galega tradicional
19:00
Gradisela, Illa de Arousa
Receitas, tradición, historía e evolución
› Presentación do libro BdG70. A revolta do comic galego na Coruña
19:30
Alita Cómics, A Coruña
Repasando a história da BD clásica
› Presentación de Tinta de luz en Compostela
20:00
Libraría Chan da Pólvora , Santiago de Compostela
Chan da Pólvora Editora estrea con este título a colección Udra de poesía para nenos e nenas
› Apresentação de Galeguia em Vigo
20:00
Andel, Vigo
Um livro poético aberto ao mundo,publicado por Chiado Editora
› Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento en Compostela
20:00
Númax , Santiago de Compostela
O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler é unha ofrenda e unha ofensa, un asalto e o mito reduci
› Presentación en Pontevedra de O Códice esmeralda
20:00
A Casa das Campás , Pontevedra
Alberte Blanco presenta a súa nova novela, publicada por Xerais
› Presentación de Alma e o mar en Ourense
20:00
Cercano , Ourense
A nova novela de Francisco X. Fernández Naval, publicada por Galaxia
› Presentación de Luns en Ordes
20:30
Museo do Traxe, Ordes
Obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016
› Presentación en Lugo de A raiña das velutinas
20:30
A.C. Cultura do País, Lugo
Libro co que Lionel Rexes acadou o Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta 2016
Data :  15/12/2017