FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Ligazóns. Editoriais

Información adicional

  • Nome 2.0 Editora
  • Info 2.0 editora é unha empresa editorial galega con sede en Ames fundada en 2010 que combina soportes tradicionais tal que o papel cos novos soporte dixitais, como libros electrónicos, taboíñas gráficas ou dispositivos móbiles. Traballa con textos literarios, científicios ou empresariais. Algúns títulos publicados pola editorial son O home que era Xoves de G.K. Chesterton ou Sen novas de Gurb de Eduardo Mendoza.

Información adicional

  • Nome Abrente Editora
  • Info Abrente Editora é a estrutura editorial de Primeira Linha. O seu objectivo e contribuir para a formaçom da militáncia revolucionária galega entendida num senso amplo, publicando textos agrupados em quatro colecçons: Biblioteca Galega de Marxismo-Leninismo, Internacional, Documentos e Textos Políticos, e Construirmos Galiza.

Información adicional

  • Nome Acha Escrava Editora
  • Info Sen información

Información adicional

  • Nome Alvarellos Editora
  • Info Alvarellos Editora foi fundada en Lugo en maio de 1977 por Enrique Alvarellos Iglesias (profesor, músico e escritor. A Coruña 1931-Lugo 2004), pai do actual director. É unha das empresas de edición máis veteranas de Galicia. Durante os seus primeiros anos de vida (período 1977-1984) contribuíu activamente a impulsar o rexurdimento cultural que vivía o país tralo retorno das liberdades. Na actualidade, o catálogo vivo de obras achégase aos cen títulos ao tempo que a empresa inicia o salto ao mundo dixital e á xestión cultural por medio da montaxe de exposicións (a primeira delas foi “Santiago, 1909”, en setembro de 2009), entre outras actividades de promoción cultural.

Información adicional

  • Nome Andavira
  • Info Andavira editora é un novo proxecto editorial que xurde agora a partir da anterior experiencia de Tórculo Edicións, que levaba máis de 15 anos editando textos técnicos e universitarios e que conta no seu catálogo con máis de douscentos títulos. Esta nova editorial nace cunha idea de renovación e coa intención de ir medrando e superando fronteiras xeográficas, aínda que o seu obxectivo primordial seguirá sendo o de ofrecer ao mundo técnico e ao universitario libros de calidade, escritos por profesores cun traballo e prestixio recoñecidos.

Información adicional

  • Nome Através Editora
  • Info Sen información.

Información adicional

  • Nome Auga Editora
  • Info AUGA EDITORA é un manancial nado en Galicia co ánimo de achegar ao universo da edición novas ideas e novos mundos literarios de pensamento, creación e experiencia útil, para todo o Estado nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma: galego e castelán. AUGA EDITORA é un selo exclusivo de Versátil Servizos Editoriais, S.L.

Información adicional

  • Nome Axóuxere Edicións
  • Info AXÓUXERE é un proceso definido por un conxunto de creadores galegos independentes de toda forma ou dominio institucional. Inicialmente definidos como pensadores dunha nova orde configurativa do social, entendemos co paso do tempo que só somos mediadores. Mediadores dun xogo que provén de longo tempo pasado e do que nós temos constancia a través de todas as insurxencias que co tempo se foron definindo como novas aproximacións ao mundo, coma novos modelos de existencia ou acontecementos que, de modo interno, transformaron a realidade.

Información adicional

  • Nome Baía Edicións
  • Info Baía Edicións é unha editorial galega de carácter xeneralista. Fundada na cidade da Coruña, no noroeste da península Ibérica en 1990, leva desde entón sorprendendo a lectores e lectoras con obras de coidada edición e grande interese nas súas moitas liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza etc.

Información adicional

  • Nome Barbantesa Edicións
  • Info Edicións Barbantesa é un novo proxecto editorial que nace en maio de 2010 e que ofrece un catálogo variado e plural, tanto de traducións como de obras galegas: doas engastadas polo noso gusto e criterio/interese persoal.

Información adicional

  • Nome Biblos Clube de Lectores
  • Info O 2 de marzo do 2003 deuse a coñecer Biblos Clube de Lectores co lanzamento de 278000 exemplares do primeiro número da súa revista bimestral distribuída por todos os grandes periódicos de Galicia. A calidade dos seus contidos e deseño, obra de Xoán González, foron determinantes para cimentar unha magnífica acollida. Pasado o primeiro ano, o Clube conta con 1.400 socios dentro e fóra de Galicia que cada dous meses reciben puntual información de cantas novidades ofrecen as editoriais e a industria discográfica de Galicia, así como das películas en galego ou coa opción de audio no noso idioma. Ademais, Biblos Clube dá conta dos principais lanzamentos de libros e música no ámbito lusófono. A revista Biblos é a base desa difusión da nosa cultura e dos seus protagonistas, e outra das importantes achegas constitúea a colección Mandaio, que publica con periodicidade bimestral obras de diferentes xéneros.

Información adicional

  • Nome Briga
  • Info Sen información

Información adicional

  • Nome Bubela
  • Info BUBELA, GRUPO DE XESTIÓN CULTURAL,SL é unha empresa especializada en proporcionar servizos integrais de comunicación, xestión cultural e imaxe corporativa

Información adicional

  • Nome Bululú
  • Info Al igual que este actor que en el siglo XVI mudaba su voz conforme al personaje que representaba, nuestro sueño es dar a cada libro su propia voz. Porque, así como en Galicia el bululú incorporó a su espectáculo elementos escenográficos, títeres y retablos, Editorial Bululú aprende de esta unión entre lo narrativo y lo visual, apostando por la edición detallista, la renovación de formatos y la singularización y enriquecimiento que la ilustración aporta a la literatura. Porque estamos convencidos de que un libro puede ser mucho más que un texto para leer y convertirse además en un hermoso objeto para encontrar y contemplar.

Información adicional

  • Nome Camiño do Faro
  • Info La editorial Camiño do Faro tiene una vocación universal aún cuando por sus pasos sabe que sus mercados más próximos son el de España y Portugal y a continuación el resto de Europa y América del Norte. Los profesionales que la componen cubren todos los campos del diseño y maquetación, mercadotecnia y administración. Sus oficinas están localizadas en la ciudad de Coruña y sus distribuidoras, que son las más conocidas y eficaces del mercado, cubren todo el territorio español. La poética de la Editorial es la amenidad y la calidad literaria y artística al modo de libro o carpeta impresa para lectores, eruditos y estetas. Un público hispánico que en este mismo año se piensa ampliar al de otros países.

Información adicional

  • Nome Canela
  • Info Canela é unha empresa editorial, audiovisual e de servizos, de recente creación, centrada no estudo da cultura popular e a súa divulgación. Consideramos que o patrimonio histórico e cultural é un legado de grande valor que hai que difundir. Por iso, traballamos sobre diferentes aspectos das ciencias sociais (antropoloxía, etnografía, socioloxía, lingüística, etc.) potenciando a investigación, para que as persoas interesadas nestes temas poidan ter nas súas mans documentos fidedignos que lles aporten novos datos de interese no eido da arte e as tradicións populares, publicados en edicións de calidade, coidadas e respetuosas, tanto co autor como co lector.

Información adicional

  • Nome Citania
  • Info CITANIA DE PUBLICACIÓNS é unha editorial adicada á publicación de libros relacionados coa cultura, o idioma, a historia e a vida de Galicia. Nos seus traballos editoriais emprega os máis diversos soportes, e así ten publicado audio-libros, video-libros, Cd, Dvd, etc., co fin de que as súas produccións teñan unha unidade e "totalidade" en relación ós temas que aborda. Tódalas súas edicións ata o de agora son en lingua galega.

Información adicional

  • Nome Corsarias
  • Info Se bem que Corsárias nasce como tal a finais de 2009, tem umha experiência acumulada de quatro anos, nos quais a difusom de materiais, a organizaçom de palestras bem como a apresentaçom de livros e o contacto com muitos coletivos editorais fai parte importante do nosso activismo. Actualmente, o nosso intuito é construirmos um espaço estável que permita umha actividade permanente durante todo o ano. Se bem que um dos seus objectivos a curto praço é a geraçom de auto-emprego, os benefícios deste projecto editorial repercutirá sempre em novas iniciativas culturais e sociais vinculadas ao movimento galego. Actualmente contamos com tres piares: umha livraría nómade e digital,umha distribuidora e umha editora.

Información adicional

  • Nome Cumio
  • Info Fundada a finais da década dos anos oitenta, esta empresa editorial mantén unha concepción aberta nas súas liñas de publicación; ademais do libro con criterio xeral, Edicións do Cumio produce xogo didáctico en cartón, cartografía, audiolibros, cd rom, discos e dvd de música e diferentes proxectos multimedia. Na edición do libro prima a súa vocación de editora xeralista que atende ás diferentes necesidades do mercado, dende os materiais complementarios do proceso educativo, ata as guías e mapas de tipo turístico e cultural (en seis idiomas diferentes), da literatura ao ensaio... cunha marcada tendencia a sermos coadxuvantes no proceso de normalización lingüístico e cultural de Galicia, entendida como entidade propia e diferenciada de calquera outra das do mundo. Vontade que non nos afasta da edición de obras para outros mercados, nomeadamente para aqueles de expresión portuguesa e española.

Información adicional

  • Nome Cydonia
  • Info Ediciones Cydonia es una editorial libre e independiente que aborda temáticas de actualidad.

Información adicional

  • Nome Danú Editorial
  • Info Danú, SL nace coa intención de contribuír á edición do libro galego e que as súas publicacións favorezan o proceso de normalización da lingua galega, e apostar decididamente pola creatividade dos nosos escritores e escritoras. Sobre todo, pola potenciación dos xéneros considerados como menos rendibles, pero que nós consideramos fundamentais á hora de contribuír ao desenvolvemento dun sistema literario propio, como é o galego. Cremos que ninguén sobra á hora de pensar e facer país, polo que abrimos as nosas portas a quen queira traballar por unha maior difusión cultura, e por unha literatura en lingua galega máis normalizada que incorpore novos valores, e que fomente os autores considerados como clásicos.

Información adicional

  • Nome Demo Editorial
  • Info Editorial especializada en banda deseñada.

Información adicional

  • Nome Difusora de Letras, Artes e Ideas
  • Info Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL é unha empresa editorial con sede en Ourense, nacida para a creación, a promoción e a difusión de todo tipo de produtos culturais en calquera soporte. Está constituída por profesionais relacionados co mundo do libro e da edición, por cuxas mans teñen pasado boa parte das cuestións culturais en Ourense e en Galiza nos últimos anos; varios deles son responsables da edición de libros de todo tipo, como os relacionados co Outono Fotográfico, a Bienal de Gravado Caixanova, a Bienal da Caricatura, o Festival de Cine, os concursos de banda deseñada, a colección Auria do Concello de Ourense, o Premio Ourense de Contos... A intención da Difusora de Letras, Artes e Ideas é ofrecer unha nova perspectiva no sector editorial galego, con publicacións alcanzables, atentas á realidade cultural e social de Galiza, e coidadas e rigorosas do punto de vista lingüístico, gráfico e editorial no seu sentido máis amplo. A empresa abre ademais os seus servizos ás producións editoriais para institucións e ás de autor.

Información adicional

  • Nome Dos Acordes
  • Info Dos Acordes é unha empresa de servizos musicais establecida en Baiona (Pontevedra). A actividade da empresa concrétase, actualmente, en tres sectores: o ensino da música, a edición musical, e o asesoramento cultural. Dentro da editora, o plan de publicacións inclúe desde partituras até materiais didáctico-educativos, e todo tipo de literatura, tanto técnica como ensaística, sobre música, así como a edición de material sonoro en diferentes soportes.

Información adicional

  • Nome DuenDeBux
  • Info Sen información

Información adicional

  • Nome Edicións da Curuxa
  • Info Sen información

Información adicional

  • Nome Edicións Espontáneas
  • Info A idea de organizar unha editorial xurde en nós como necesidade para achegármonos a realidades diversas e a persoas que están a realizar unha obra que non atopa unha canle de expresión para o seu coñecemento. Interésanos o coñecemento, non o recoñecemento. Interésannos os que pensan e traballan en silencio. Interésanos amosar todo o que supoña un exemplo para a mellora da calidade de vida das persoas, e fomente a reflexión sobre as transformacións do territorio, os novos modos habitar, os lugares onde esto acontece, como habitamos e como poderíamos habitar mellor.

Información adicional

  • Nome Ediciós Do Castro
  • Info Edicións do Castro foi concibida por Luís Seoane dentro do Laboratorio de Formas, quen no 1963 publicou con este selo os primeiros orixinais posibles: O Touro Xúbilo e O Meco, colección de gravados que xa tiñan un significado social para quen puidera entendelos. A creación desta editorial respondía á intención de estudar e divulgar a memoria histórica de Galicia, obxectivo principal do programa de actuacións do Laboratorio de Formas, a quen se deben, xunto con outras empresas, as Edicións do Castro.

Información adicional

  • Nome Edizer Livros
  • Info Apresentamos o nosso projecto editorial com o conto de Washington Irving "O Dianho e Tom Walker", escrito em 1824 por este pai da literatura norteamericana. Irving destacou como narrador de histórias de aparecidos, e é considerado mentor de autores da categoria de Nathaniel Hawthorne ou Edgar Allan Poe. Com este conto iniciamos o nosso projecto editorial, e também a nossa primeira colecçom: "mincha". Tem cinqüenta páginas, formato 110 x 75 mm. e o popular preço de 2,50 €. Neste momento iniciamos o processo de distribuiçom em diferentes locais sociais do país; proximamente estará à vossa disposiçom. Também se pode comprar on-line através da tenda GZfriki.com ou na nossa sede, em Rua Sta. Ugia de Ribeira nº 2 rés do chao, 15705 Compostela.

Información adicional

  • Nome El Patito Editorial
  • Info En outubro de 2007 nace El Patito Editorial publicando o catálogo da exposición “Golfiño en portada”. Desde un principio, os obxectivos foron: publicar debuxantes galegos, en galego e castelán; recuperar obras clásicas da historieta galega; e publicar obras selectas de autores españois e estranxeitos. A nosa aposta xeral é polos libros de calidade que se afastan das modas pasaxeiras e entenden a historieta como un xénero máis da literatura. Cada obra é, para El Patito Editorial, un problema a estudar para lograr a edición perfecta que se adapte a cada unha das súas páxinas. O formato é unha das nosas preocupacións, porque cremos que unha obra de calidade pode perder atractivo por unha edición mal coidada.

Información adicional

  • Nome Embora
  • Info Edicións Embora naceu en 1993 coa vocación primeira de recoller a ampla tradición de estudos locais ferroláns. Durante a etapa inicial editou fundamentalmente libros sobre a cidade, a súa historia, os seus costumes e tradicións, así como os seus personaxes, á vez que procedeu á reedición de obras literarias que co paso do tempo desapareceran dos andeis das librarías. Nunha etapa posterior Edicións Embora ampliou o seu catálogo, tanto en número de libros como no das súas liñas editoriais, entrando no campo da creación literaria.

Información adicional

  • Nome Estaleiro Editora
  • Info Estaleiro Editora é uma associaçom cultural sem ánimo de lucro que se rege por assembleia com o propósito de desenvolver um projecto de ediçom independente, capaz de abrir novos caminhos dentro do sistema literário galego.

Información adicional

  • Nome Eurisaces Editora
  • Info O selo toma o seu nome de Marcus Virgilius Eurisaces, panadeiro romano que abastecía á poboación da urbe e ás hostes do Imperio. Facer a colleita en sazón, espigar e alimentar é a nobre tarefa do Editor. Entendémolo deste xeito dende este fermento de ideas e mares, de mundos e de homes.

Información adicional

  • Nome Euseino? Editores
  • Info Libros e anotacións sobre literatura e filosofía

Información adicional

  • Nome Everest Galicia
  • Info Everest Galicia é a empresa galega do Grupo de Comunicación Everest. Nace no ano 1996 e ten a súa sede na Coruña. A súa liña editorial é totalmente independente e baséase nunha clara vocación de apoiar e fomentar a cultura galega en todas as súas manifestacións. O galego é a lingua utilizada como vehículo de expresión e hoxe conta xa no seu catálogo con máis de 200 títulos distribuídos en distintas coleccións de literatura infantil e xuvenil, material educativo, gastronomía e turismo.

Información adicional

  • Nome Fabulatorio
  • Info Os libros son, no seu cerne, comunicación: a que transmite e establece novos discursos colectivos, e tamén, a que acontece de xeito íntimo nunha tarde de domingo cun só lector. Os libros propoñen outros tempos. Os libros están nun permanente proceso de seren escritos e desescritos. Ese proceso é o que quere ser Fabulatorio.

Información adicional

  • Nome Factoría K de Libros
  • Info Faktoría K de Libros é un proxecto editorial que se basea no obxectivo de abordar terreos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces. Libros para público infantil, pero tamén para lectores adultos ávidos de novas experiencias creativas. Libros convertidos en ferramentas que axuden a entender o mundo dende a liberdade, a tolerancia e o compromiso.

Información adicional

  • Nome Fervenza Edicións
  • Info Sen información

Información adicional

  • Nome Galaxia
  • Info A oferta de Galaxia ten carácter xeral, como corresponde a unha editora que, fiel aos seus principios fundamentais, intenta en todo momento manter activo o proceso de modernización da sociedade lectora, incorporando temas, asuntos e xéneros, novas propostas e novas liñas de traballo e investigación. O seu proxecto, renovado cada día, concrétase en coleccións de clásicos, traducións de grandes autores da literatura universal -clásica e contemporánea-, poesía, ensaio, guías de lecer e do medio, literatura infantil e xuvenil, reportaxe..., e atinxe dende a creación literaria e o pensamento á didáctica e os materiais de referencia escolar: manuais, dicionarios, libros de texto, etc.

Información adicional

  • Nome GaliNova Editorial
  • Info GaliNova é unha editorial con doce anos de existencia. Nace para ocupar un espazo baleiro no eido do ensino galego, e ausente, polo tanto, no noso mercado. E así especialízase no campo das publicacións galegas: o da temática musical, especialmente enxebre ou autóctona, pouco traballada no noso país. Así abrangue esta especialidade nosa, desde a Educación infantil musical, ata os dous anos de bacharelato, coa metodoloxía, teórica e práctica, máis avanzada e actual. Desde a música clásica -a que tocan e coñecen os nosos alumnos nas súas vivencias diarias-, ata a moderna.

Información adicional

  • Nome Gárgola Editorial
  • Info Editorial Gárgola S.L. se funda en 1995 con idea de contribuir al aumento de conocimiento y cubrir espacios creativos en la sociedad española. Nuestra oferta editorial se dirige a toda clase de lectores, desde el infantil hasta el adulto y nuestra temática se amplía cada año: libros técnicos de economía, informática, empleo; ayutoayuda; ensayos; cuentos infantiles; atlas; carpetas de trabajo; los que tratan sobre Galicia dada nuestra ubicación geográfica y mucho más...

Información adicional

  • Nome Glía Edición
  • Info Glía é unha editorial de nova creación que está a traballar en dous ámbitos: O libro pedagóxico para educación Infantil e Primaria e o libro técnico. En canto o libro pedagóxico, estase a traballar no ámbito da Comprensión e Lectoescritura en Galego mediante os cadernos COLEGA, no da Expresión Oral mediante o material O Dragón Pepón, e no máis lúdico mediante Lelo coñece a granxa. No eido do libro técnico, disponse dun Manual de Iniciación a Autocad, orientado á aprendizaxe inicial desta aplicación, moi útil nas etapas da ESO, Bacharelato, FP e primeiros cursos das carreiras técnicas.

Información adicional

  • Nome Hércules de Ediciones
  • Info Hércules de Ediciones nace en 1985 como un esforzo persoal do actual Presidente do Consello de Administración da Sociedade, Francisco Rodríguez Iglesias, que pretende impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. Para iso reúne solidamente arredor de sí a un grupo de galegos ilusionados, procedentes do sector do libro, que se propoñen, a través desta empresa, dotar a Galicia dunha obra de carácter temático que profundizará naquelas cuestións que definen a nosa Comunidade como un país singular.

Información adicional

  • Nome Hugin e Munin
  • Info Editorial Hugin e Munin é unha iniciativa pensada para entrar no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. As literaturas inglesa e francesa, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas son en principio os nosos campos de batalla; con todo e iso, as literaturas de todas as linguas agás as feitas en portugués e castelán poden ser obxecto de tradución ao galego por parte de Hugin e Munin. O mesmo reza para os xéneros: novela negra, de ciencia-ficción, psicolóxica, de aventuras, rosa, colonial etc. Escolmamos as obras en función da súa calidade e sen apenas prestar atención aos clixés que leva implícito o dividir por xéneros.

Información adicional

  • Nome Ideaspropias Editorial
  • Info Ideaspropias Editorial é un selo editorial dirixido á formación, unha editorial viva, cunha visión moderna e que evoluciona constantemente para adaptarse ás necesidades formativas actuais e futuras, especializada en materiais didácticos en diferentes soportes: papel, e-learning, multimedia, etc. Asemade ofrece un conxunto de accións e instrumentos necesarios para promover e desenvolver unha oferta educativa de calidade que segue a obxectividade e a fiabilidade de dez anos de experiencia no sector formativo.

Información adicional

  • Nome Ir Indo Edicións
  • Info Ir Indo Edicións nace o 14 de novembro de 1985, co obxetivo de colaborar co espallamento e divulgación da cultura galega. Ten editado, ao longo destes anos, máis de 500 títulos dos que mantén hoxe vivos en catálogo uns 470. Cómpre subliñar as liñas infantil e xuvenil, dicionarios, narrativa, guías, manuais, cidades e vilas de Galicia, tradución de clásicos, etc..; pero sobre todo foi a primeira editorial que elaborou unha magna obra: A PRIMEIRA ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL (EGU) de 16 volumes feita en Galicia e baixo a óptica dos galegos.

Información adicional

  • Nome Kalandraka Editora
  • Info Kalandraka fabrica 'Libros para Soñar' coa súa lectura narrativa e visual. Dende aquel 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998 en que a editorial comezou a dar os seus primeiros pasos, Kalandraka achégalles aos lectores, cativos e grandes, a posibilidade de acceder aos clásicos de creadores senlleiros, aos contos tradicionais, a obras de autor e a títulos que, en xeral, destacan pola súa calidade artística e literaria.

Información adicional

  • Nome Laiovento
  • Info Fundada en Santiago de Compostela en 1991 por Xosé Manuel Beiras, Pepe Carreiro, Xesús Couceiro, Manolo González Millares, Francisco Pillado e Afonso Ribas, Edicións Laiovento –nome que tomamos prestado dun texto dramático de D. Ramón Otero Pedraio– nace coa pretensión de contribuír desde unha óptica progresista e aberta á normalización cultural e política de Galicia.

Información adicional

  • Nome Le pourquoipas Editores
  • Info Le Pourquoipas es un sello editorial que se presenta al mercado con una colección de volúmenes de divulgación científica escritos por autores españoles de reconocido prestigio. La colección cuenta con la dirección editorial de Ramón Núñez, director del Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, que es además el autor del primer volumen, “Esta es mi gente. Inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas”.

Información adicional

  • Nome Linteo
  • Info Ediciones Linteo que toma o seu nome da palabra latina "linteum", ‘lenzo' ou ‘liño', -a súa flor é o símbolo da editorial- é unha empresa ourensá que nace co obxectivo de contribuír á difusión da cultura tanto no marco do libro como en calquera outro soporte. O valor da palabra como fonte de coñecemento, a calidade do texto e unha presentación coidada do mesmo son algúns dos aspectos que definen a liña editorial. Narrativa, poesía, tema galego e libro artístico son algúns dos eidos nos que vén proxectando a súa actividade.
Páxina 1 de 2

AXENDA

Maio 2013
L M M X V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2