Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Ícaro (Kalandraka) de Federico Delicado

Rate this item
(3 votes)
Nunca teñas medo a voar. Esta frase tirada de Ícaro condensa perfectamente a esencia que emana deste libro. Liberdade, imaxinación, creatividade. Pero tamén é fraxilidade e é fantasía. É, sinceramente, unha amalgama de sensacións enfrontadas.
Federico Delicado (Badajoz, 1956) gañou con Ícaro (Kalandraka) o VII premio internacional Compostela de álbums ilustrados, un certame consolidado como referente a nivel internacional. Tras unha longa carreira de máis de tres décadas como ilustrador, toma o mando da historia para presentar un traballo que en opinión do xurado do premio, “non deixa indiferente a ninguén”.
O fermoso e o perturbador conxúganse neste álbum ilustrado. É fantasía e é realidade. É, nunha palabra, vida. E é tamén, abofé, un libro imprescindible.
 

 

Vostede gañou o VII Premio Internacional Compostela con Ícaro, un traballo definido como esperanzador, para pensar e para sentir; pero que é de vez un álbum ilustrado provocador. Baixo estas premisas, como considera que se aceptou Ícaro dende a súa publicación?

Polo que puiden ver e escoitar, polas recensións que me achegou Kalandraka e polos encontros que tiven sobre este libro, coido que a aceptación está sendo bastante boa. De todos os xeitos eu non valoraría Ícaro cinguíndome só ao inmediato, máis ben vendo como é tratado polo paso do tempo. Agora o que impera é a novidade, pero os bos álbums están nos andeis das librarías ao longo dos anos como referencia. Dentro dun tempo non sei a consideración que os lectores terán respecto a Ícaro, pero a día de hoxe non podo estar máis que satisfeito de como se está a acoller.

Curiosamente, o galardón que acadou vostede con Ícaro é un premio que se decanta por distinguir –en todas as súas edicións agás no caso de A familia C- a ilustradores, que aportan eles mesmos os textos.

É verdade que pode parecer curioso, pero tamén é algo comprensible ata certo punto. Normalmente os ilustradores traballamos por encarga ou sobre textos alleos. Iso obrígache a desenvolver un traballo moi fondo sobre a lectura, do significado a todos os niveis do texto. Ves o que se quere ilustrar e acabas tendo unha aproximación realmente intensa. Poderíamos dicir que desentrañas o misterio dese texto, por dicilo dalgún xeito. Grazas a esa experiencia aprendes a contar no aspecto literario.

Tes que te decatar que a ilustración ha de ter a capacidade de narrar, empregando para iso só o debuxo. Se a isto sumámoslle o feito de estar decote lendo para reproducir imaxes, é doado que alguén que se dedique exclusivamente a ilustrar chegue un día a escribir. No meu caso hai ocasións que recibo textos cos cales non chegas a concordar por razóns estéticas e éticas. No caso de que todo saia da mesma man ese asunto está resolto, porque vas ilustrar o que queres contar, e vas contar o que queres ilustrar.

*A familia C, escrito por Pep Bruno e ilustrado por Mariona Cabassa. Premiado no ano 2010.

Nese sentido, e falando concretamente de Ícaro, foille doado resolver esa cuestión? Naceu en primeiro lugar a historia narrativa, a ilustrativa, ou xurdiu de forma paralela?

En Ícaro non fixen uso do meu oficio de ilustrador. O primeiro que naceu foi o texto, a historia. Ademais podo afirmar que saíu dunha forma moi clara, sen buscala. Foi aparecendo. Eu ía tirando notas, seguía aparecendo a historia, e xa estaba feita. Tamén é certo que o texto estivo moito tempo callando, e pasou igualmente moito tempo dende que decidín ilustralo.

Nun primeiro intre chama poderosamente a atención que as ilustracións sexan moi narrativas.

Canda novo era un ilustrador realmente preocupado pola forma. Cando me sentaba para ilustrar, a miña grande preocupación era “Como fago isto?”. Iso soe acontecer a moita xente nova. Cando empezas, unha cousa que che importa moito é a forma, como o fago. Buscas unha aparencia nova no mundo. Co paso dos anos o que che importa máis é o por que e o para que. Para que vou facer isto? Por que o fago? Neste momento da miña vida profesional a forma impórtame moito menos que o fondo. Limpo as miñas ilustracións de chiscadelas formais. Debuxo dunha forma máis ou menos normal, onde o que se ve é o que podemos ver. E isto acontece tamén dende un punto de vista narrativo.

Coido que un dos grandes méritos de Ícaro é a mestría coa que conxuga dúas lecturas totalmente antagónicas que se desprenden deste álbum ilustrado, e que á súa vez camiñan de forma paralela. Por unha banda a visión amable, que sería a historia que conta Ícaro. E outra máis racional, onde vemos un neno abandonado, e case que maltratado.

É certo que podemos achar esas dúas lecturas, pero eu engadiría unha terceira, onde se enfrontan o mundo da razón estética ou a fantasía coa científica ou a realidade. Cal ten dende o meu punto de vista –e a un nivel se queres incluso filosófico- máis forza? A razón poética, sen dúbida. O mundo demóstranos que a razón se fundamenta de forma máis creativa no poético, no que chamamos realidade. E iso tamén está aí.

Pero imos cara as dúas lecturas ás que ti fas referencia. Supoñamos que a real é a primeira: a fantasía dun neno, e nós como lectores seguimos a historia ao pé da letra e vemos como unha familia de humanos voa. Pero pensemos por un momento que non, que a verdadeira é a outra visión, que Ícaro é un neno abandonado, maltratado e que non obstante, aínda que estea afectado por unha dor ou unha experiencia negativa, el non deixa de construír o seu mundo. Ícaro é un resistente. Abofé que os dous extremos poden confluír nun mesmo.

Eu non gusto dos libros feitos á medida do que se considera debe de ser un neno, por iso Ícaro é un libro que vai dirixido a un lector necesario, e en certo modo contestatario, que loita contra o real como algo inmutable. Ese é o motivo polo que hai transformacións. O real preséntase como estático, imponse, e case que sempre ten donos; mentres que a linguaxe, que é o que utiliza Ícaro, é sempre cambiante, non é inalterable. A linguaxe non se impón, suxire, ao igual cá arte, ao igual cá ilustración, que non conleva obrigas. Ícaro é o que fai, suxire un mundo, ou suxírello a si mesmo como axuda no caso de que sexa realmente un neno dalgún xeito doído, ou simplemente porque ten esa capacidade de empregar a literatura como un guión de vida: voume crear a min mesmo.

Nun momento do libro o pai de Ícaro di a seu fillo: Nunca teñas medo a voar. Estamos constrinxidos, limitados social e moralmente a facer determinadas cousas, ditadas por unha mentalidade imperante?

Abofé que si. Non sei se a palabra máis adecuada sería constrinxidos pero si obedecemos a ese esquema. Sempre se lanzan consignas para espertar o medo dalgún xeito, para evitar a posibilidade de cambio. Ante a oportunidade real de transformación utilízase o receo máis a culpa. Témonos inoculado a idea de que nada pode cambiar, todo ten que estar como está, e se non nos gusta pois teremos que nos adaptar …

Isto non é así. Como que non podemos cambiar? Na realidade danse cousas que non son certas, do mesmo xeito que non todo o que se dá na fantasía son soños. En Ícaro amoso unha familia que é resistente ante unha sociedade que di como debe de estar e de se comportar. Ante todo o que me ofreces eu digo alto e claro que non, e para iso estou disposto a sufrir unha certa pobreza, a comer só patacas como come a familia de Ícaro, pero non vou renunciar nunca aos meus soños.

Esvaécese en Ícaro esa fronteira que separa a realidade e a fantasía. Gusta da ambigüidade entre eses dous mundos?

Si, porque o que eu fago é abrir unha porta ao lector para que cruce dun lado a outro. En verdade preciso do lector, que estea ao meu carón, que me acompañe e que traballe. Non son un autor que guste de dicir “Lede isto” e xa está. Prefiro ensinarche o meu traballo e dicirche “Mira isto, a ver se pode ser así, que che parece?”.

Fala de interactuar co lector, pero cando escribe ou cando debuxa ten en mente a ese lector? Pensa en como vai recibir o seu traballo?

Cando escribo ou ilustro, escribo ou ilustro para min. Pero tamén son lector, é dicir, podo ver o que fago. Se eu son quen de lelo o lector tamén vai ser capaz de facelo.

Respecto a Ícaro alguén pode preguntarme se penso que realmente é un álbum infantil, ou quen se escandalice por debuxar un neno con feridas. A ver, eu considero que a función da literatura non é educar, é mostrar cousas. Os educadores saberán se un determinado libro interesa ou non, pero non é o meu labor realizar textos pedagóxicos. Levo moitos anos ilustrando e vou canso de textos que non me din nada.

Xoga en Ícaro con diferentes gamas cromáticas: a cor para a familia e as cores grises e apagados para o que poderíamos denominar o mundo “real”.

Os tons máis apagados coinciden co presente e as cores sonche coincidentes co pasado ou coa recreación do neno. Era unha maneira de diferencialo. O mesmo que o gris da realidade e a cor da fantasía.

E que nos fai falla para ver o mundo de cor? Ou cando menos para non velo tan gris?

Non debemos de ter medo ao gris. O gris é gris. O importante é non confundilo. Ao mundo gris eu non quero velo de cores, hai que ver as cousas tal cal se nos mostran. O esencial é ver cada cousa na súa xusta medida, prestar atención, que precisamente é unha das cousas que se ten perdido. Escoitamos e repetimos slogans, sen meditar sobre eles. Por iso os ilustradores debemos de estar moi espertos. Cando nos chega un texto para ilustrar vemos o que o texto di e tamén o que quere dicir.

No seu traballo de ilustración para Ícaro vemos unha referencia a Edward Hopper e como plasma nas súas ilustracións esas instantáneas que tan ben manexaba o artista americano.

En Ícaro están dúas referencias moi claras. Unha alude a Kafka, coa metamorfose que sofren os personaxes e a ilustración da tía Gregoria. A outra referencia é a Hopper. Os dos son para min -cada un no seu eido- moi importantes. En Hopper achamos a pintura dun observador, dun momento crucial do mundo moderno. Hopper mira na soidade que se produce no individuo actual. A Ícaro isto venlle moi ben porque os espazos que xera Hopper son así, son seres que están dalgún xeito descolocados de si mesmos, que cando están sos transmiten unha sensación de soidade, mentres que cando están en grupo a sensación que transmiten é a de alienación.

E con Kafka é evidente que hai ocasións nas que os ilustradores apoiamos os textos buscándolles compañeiros de viaxe.

Que técnicas empregou vostede para ilustrar Ícaro?

Óleo sobre papel, ao cen por cento.

Unha escena que me chamou moito a atención é a da asistente social grávida.

O traballo de ilustrador ten moitas veces que ver co traballo de director de escena. Coa dirección de escena que ten a súa orixe no teatro. Para min é exactamente igual. Evidentemente aquí non hai son, non hai movemento, pero coincide en traballar cun elenco de actores/personaxes. Eu busquei á preñada porque quería que fose un ser sensible ao que nace. No seu corpo está nacendo un meniño pero en Ícaro está nacendo un narrador. Ícaro é quen de controlar a súa dor (no caso de que a padeza) e transformalo en algo bo para os demais, nunha ensinanza para outros. Esa imaxe é contrapoñer a un neno que está abandonado con outro neno que está protexido no ventre da súa nai. Os dous extremos.

 

 

 Compostela, primavera 2015

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Nestes días >

Non hai eventos nos vindeiros días