Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O valente coello que quixo soñar (NovaGalicia) de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso

Rate this item
(3 votes)

Unha das parellas artísticas máis creativas dos últimos anos regresan coa publicación dun novo e marabilloso álbum ilustrado. Tras O cullarapo Croque, A nena á que non deixaban ser feliz e O soño de Esther o poeta Miguel Ángel Alonso Diz e a ilustradora Luz Beloso presentan agora O valente coello que quixo soñar, editado por NovaGalicia edicións cun fermoso prólogo da escritora Helena Villar Janeiro.

A poesía de Miguel Ángel Alonso Diz convida ás lectoras e aos lectores a mergullarse na capacidade de soñar, a empregar os soños como motor que move o mundo. Pola súa banda, Luz Beloso dá un xiro radical na súa proposta artística respecto a traballos anteriores. A utilización de elementos naturais con pintura ofrece como resultado unha rampla de despegue dende a cal a imaxinación emprende o seu voo. Estamos, en resumo, ante un dos grandes libros que para o público de todas as idades se publicaron no pasado ano.

Quererás coñecer a este valente coello que un día quixo navegar e poder ser capitán?

 

 

 

Presentades O valente coello que quixo soñar, o voso novo libro, como unha metáfora sobre o que somos e sobre o que podemos ser. Que é o que nos afasta deses dous conceptos?

Miguel Ángel Alonso Diz (M.A.A.D.): Hai quen afirma que cada un de nós somos de tres formas: como nos ven, como nos vemos e como realmente somos. Por mor do meu traballo móvome moito por Galicia e téñome atopado con xente que, neste período de crise económica, están aproveitando para retomar cousas que realmente lles presta, xa que din que, para estar amolados, polo menos facer aquilo co que conseguen ser feliz.

Moitas persoas son algo que non deberían ser. Eu, nun momento da miña vida, fun algo que non quería ser. Tomei a determinación de facer o que me fixese feliz. E non é doado, xa que require unha valentía e un esforzo. Tes que facer fronte a moitas cousas, tanto materiais como de incomprensión. Hai que ser valente e, sobre todo, ser fiel. Todo iso queda reflectido na dedicatoria de O valente coello que quixo soñar: “O futuro é noso con só imaxinalo e camiñar”. Só precisamos dunha cousa: fe no que facemos, fe en nós mesmos.

“Non reivindico a capacidade de soñar, senón de vivir os soños” comentabas a propósito de A nena á quen non deixaban ser feliz, unha frase que ben lle acae ao valente coello deste libro: os soños como motor.

M.A.A.D.: O mundo está feito de soños e nós somos parte do mundo. Eu estou seguro de que se intentáramos cumprir os nosos soños iso sería bo para todos. Sería bo para ti e sería bo para min. Sería bo socialmente. Os soños é como esa imaxe de loita, dese camiño que queremos emprender. Reivindico os soños e sinceramente creo que son o motor do mundo. Coido que o que me diferenza doutras persoas -nalgunhas cousas- é a fe no que fago, a pesar de todos os valados e muros. E si, tanto o libro de A nena á quen non deixaban ser feliz como O valente coello que quixo soñar ten moito diso.

O soño do valente coello é ser capitán. Na súa procura do mar atopará a xente que quere que aborte o seu plan. En que momento coartan o dereito a acadar os nosos soños? Somos prisioneiros dun corsé definido pola sociedade?

M.A.A.D.: O que diferenza a unhas persoas doutras é a capacidade de transformar o mundo. O outro día, mentres impartía unha aula, pedía aos meus alumnos só unha cousa: transformar o mundo. Iso é doado? Evidentemente non, pero antes de empezar a transformar o mundo temos que transformar o noso propio mundo.

Ás veces as primeiras trabas ponas a propia familia, como no caso do coelliño, e incluso a parella, e iso é abafante. Ao valente coello do libro hai xente que lle quere poñer atrancos para que non avance, pero no camiño tamén atopa a quen lle axuda, velaí están a familia Sol-Lúa, por exemplo. Eu no meu camiño tamén me teño atopado a persoas que me axudaron e deron azos para seguir cara adiante.

Pedro Salinas dicía que os soños son verdadeiramente soños cando se desensoñan. Admiro da súa proposta que reivindica o feito de soñar non para evadirse senón para cambiar, para transformar, como dicía vostede anteriormente.

M.A.A.D.: Eu digo que non vivo nun soño, senón que vivo o soño. Non soño para me evadir da realidade, senón como capacidade transformadora dun mesmo e como actitude reformadora do mundo que me rodea. É acción. Estomballado no sofá non cambias nada, non pasan as cousas. Tes que levalas á acción, aínda que supoña moito traballo. A miña proposta é esa.

Iso queda reflectido nos seus libros. Un cualificativo que non podemos pendurar á súa obra é o de ser unha escrita estática.

M.A.A.D.: No meu caso eu admiro moito a Celso Emilio Ferreiro e partillo con el a implicación co meu tempo. Emprego a miña escrita por unha banda para comunicarme co mundo, e por outra, como xa teño dito, para transformar ese mundo. Non concibo facer algo onde non estea eu, onde non estea a miña alma. Abofé que a través dos meus libros procuro transformar a realidade. Busco facelo non só dun xeito teórico, senón práctico. Ao igual que os nenos medran bombardeados por unha serie de mensaxes, eu quero axudarlles a ver que hai outras diferentes. Hai que equilibrar a balanza. Sorpréndeme que agora os nenos de dez ou once anos non coñezan os libros de Michael Ende, por exemplo.

Engadir que non pode ser estática porque eu estou evolucionando constantemente, e como xa dixen, eu son o que escribo.

A través de obradoiros, contacontos e outras actividades mantén un contacto fluído cos lectores infantís. Élles doado a recepción desas mensaxes?

M.A.A.D.: Adaptas a linguaxe a eles, claro. Xa o fas de primeiras nos propios textos. Imparto clases de comunicación, e se estou a falar cun enxeñeiro os dous temos que adaptar as nosas linguaxes para nos entender. Acontece o mesmo neste caso, intentas adaptar a linguaxe a eles, pero tampouco buscas que collan todo. Teño a ilusión de que cando lean un libro meu de pequenos e logo o relean de maiores ou llos conten aos seus fillos vaian atopando novos matices á lectura. De todos os xeitos non podemos subestimar a capacidade dos rapaces. De feito, co libro de O Cullarapo Croque un rapaz de catro anos fíxome a lectura máis fonda do libro.

Neste libro o que si vemos é que hai un cambio radical, respecto a traballos anteriores, nas ilustracións de Luz.

M.A.A.D.: Luz estaba un día na praia, e levara as pinturas e empezou a pintar en rochas e a enviarme as fotos. Eu gardeinas e de repente as fotos empezaron a falarme. A imaxe é un estímulo para a escrita moi grande. Empecei a ver unha historia. Pedinlle que me enviara máis fotos e tras peneiralas e ordenalas vin a historia de O valente coello... Comenteina con Luz, gustoulle, e empezou a traballar as ilustracións dixitalmente.

Luz Beloso (L.B.): O máis divertido de ilustrar é o feito de experimentar, de probar sempre cousas novas e aprender que existen infinidade de formas de crear.

A ilustración deste libro xorde dunha forma espontánea, foi case coma un xogo no que ía descubrindo nas pedras novos personaxes. Digamos que o proceso é algo parecido ao xogo infantil de ver caras nas manchas das paredes. Pois ben, neste proxecto eu decido sacar esas formas creadas polas manchas á luz e compoñer coas formas creadas polas pedras no escenario que me acompaña nese momento: o mar.

Sempre subo algunhas das imaxes que creo á rede, nunca sabes como van terminar, nin a quen van alcanzar.

Neste proceso creativo Miguel descubriu unha única historia coas miñas imaxes, polo que ao pasarme o poema tiven que reformular todo o traballo.

E como podía transformar esas imaxes nun álbum ilustrado? Tería primeiro que crear o story, planificar para traballar a continuación as ilustracións dixitalmente, mesturando a técnica da colaxe con imaxes reais e pinturas creadas no que habitualmente adoita ser o meu estudo: un anaco de praia.

Un proxecto creativo que mestura acrílicos, pedras, area, mar e ilustración dixital.

M.A.A.D.: Nós creamos creativamente. Luz precisa de novos estímulos para traballar, para crear, e repetirse lévao mal. O que buscamos os dous é divertirnos co que facemos. Logo iso transcende aos libros. É unha proposta totalmente diferente, que pode gustar máis ou pode gustar menos, pero é diferente, e a nós serviunos para aprender, xogar, descubrir novas formas de traballar. Foi moi enriquecedor, a verdade.

En base ao que comenta Miguel Ángel Alonso poderíamos dicir que este libro nace dun proceso de observación? Veu vostede tamén unha historia nesas primeiras pinturas sobre as rochas?

L.B.: Cando un ilustra xa está a crear unha historia. Ás veces esta historia cando parte dun texto achega sempre novas lecturas. Neste caso as primeiras imaxes creadas son xa pequenas historias que falan de sereas e de seres que xorden do mar, do momento e da liberdade de crear o que che apetece. Lembro que ese verán estaba comezando a ilustrar un novo conto, MEL, e isto foi coma unha paréntese no medio dun proceso creativo que prometía ser longo –dous anos exactamente–.

Miguel soubo conectar todas esas "imaxes-historias", nun único relato: un marabilloso poema que emociona a aquelas persoas que cremos na forza dos soños.

Como foi o reto de cambiar de rexistro neste álbum ilustrado respecto a todos eses traballos anteriores? Neste caso tendendo pontes entre a fotografía e a ilustración.

L.B.: A verdade é que foi un reto, nunca se me ocorrería crear un álbum ilustrado con esta técnica se Miguel non crea este fermoso poema. As imaxes non estaban pensadas para crear un álbum ilustrado. De feito, estaban fotografadas co meu vello móbil, o que me obrigou a empregarme a fondo na parte dixital, dada a baixa calidade da imaxe orixinal.

No proceso aprendes, e aprender é sempre o máis divertido de ilustrar. Encántame experimentar, cambiar, e mesmo arriscarme a non ter o chamado "estilo propio".

Querería destacar a integración deses obxectos co entorno da historia. Son todos elementos harmoniosos. O meu preferido, sen dúbida, a serea na cuncha da navalla.

L.B.: A integración é o primeiro que xorde no momento no que ti creas un álbum ilustrado porque nese momento visualizas a historia en imaxes. Á hora de compoñer e preparar a maqueta do libro, debemos ter en conta infinidade de aspectos como: a tipografía, o tamaño da letra, a cor, e o aspecto en conxunto que vai ter o álbum ilustrado, etc. Porque de todo iso depende que lle deas unidade ou non, que as lectoras e os lectores perciban ou non esa unidade, esa integración perfecta de todos os elementos.

Que dificultades atopou á hora de desenvolver este traballo?

L.B.: Teño que recoñecer que ata o momento realicei traballos que me gustan. As dificultades adoitan ser retos e os retos implican saír da zona de confort, esa é a mellor forma que eu coñezo para seguir aprendendo.
Creo que a maior dificultade sempre vén de que te motive o teu traballo. Neste sentido, a motivación está sempre asegurada. Normalmente Miguel e mais eu visualizamos o libro xuntos, desde o formato, o tipo de papel, a súa aparencia como obra única etc. Un proceso creativo que só se entende cando un cre no que fai.

O crítico Ramón Nicolás referíase ao voso traballo de promoción e divulgación como un “acto de responsabilidade”. Traballades pensando nese labor que principia unha vez que sae o libro do prelo?

M.A.A.D.: En todos os nosos libros son partícipe de todas as súas fases. Mentres escribo estou pensando en como achegar o texto aos rapaces, en que elementos incorporar para enganchalos ao libro e á historia. No caso de O valente coello que quixo soñar había unha adiviña e un retrouso, en O soño de Esther iamos en bicicleta e corríamos ou había voces... Esa representación existe dende o comezo da escrita e aparece en todos os libros. Moitas veces estás facendo algo e saltas “Pois isto para unha actividade cos rapaces estaría moi ben!” Vai xurdindo, porque cando ti estás constantemente lendo no mundo, nas persoas, nas cousas, e tes esa mentalidade, todo inspira. Tamén está a obriga como autor de que o teu traballo, e máis cando traballas para un público infantil, debe chegar.

De todos os xeitos eu divírtome moito creando elementos que conecten co lector. Para min iso é fundamental. Cando escribes pensas nos diversos aspectos que hai que pór para que a historia transcenda, que quede como un ser completo. Para iso necesitas ir introducindo todas esas pezas. É moi interesante conxugalas, porque dese xeito as posibilidades que tes de chegar ao lector son moi altas.

Logo está a realización das actividades que é moi divertido. Ver as reaccións dos rapaces e rapazas é fermoso.

Os vosos libros son tamén moi visuais, non se formulou nunca escribir teatro?

M.A.A.D.: Mira, o libro de A nena á quen non deixaban ser feliz xa foi levado ao teatro en tres ou catro colexios. Outro de Vigo púxose en contacto para representalo, e a miña amiga e poeta Iolanda Aldrei amosou tamén o seu interese. Coméntame Iolanda que case non tiña que facer nada para cambiar a ese rexistro teatral, que está pensado en clave, xa non só teatral senón cinematográfica, en escenas.

Non che vou negar que me formulei nalgunha ocasión escribir teatro, pero para iso hai que ler moito, e iso é o que estou facendo. Unha amiga, María Francelina, que é profesora da ESAD en Vigo, deixoume moitos libros. Para escribir teatro teño que formarme. Agardo nos próximos anos dar algunha sorpresa neste sentido.

Luz, está traballando en novas técnicas para sorprender no futuro e que poidamos ver en novas achegas súas? Considera cada novo libro como un reto?

L.B.: Pois si, efectivamente, cada novo libro é un reto, e iso fai que ilustrar sexa en cada ocasión unha nova aventura.

Ese traballo voso conxunto tamén salta dos libros cos obradoiros de imaxinación AlonsoBeloso.

M.A.A.D.: Nesta visión global que teño non vexo na arte compartimentos estancos: a pintura por unha banda, a escultura por outra, a literatura por outra… Non vexo barreiras. Coido que é moi importante que o neno medre no amor á arte en xeral. Eu a miña filla lévoa a exposicións de arte dende moi pequena, e é unha rapaza como outra calquera, pero está acostumada a ir a exposicións. Non é para que ela sexa o día mañá unha pintora ou unha escritora, é para que medre no amor á arte, para que o día de mañá sexa unha persoa sensible e formada no pensamento crítico. No taller de imaxinación AlonsoBeloso conxúganse varios elementos: orixinais dos nosos libros, exposicións de arte con esculturas de Enrique Prado, cadros de Miguel Anxo Macías e Manuel Cerviño, e tamén estaban os propios de Luz. Logo eu explicaba o proceso de creación dos libros, etc. Estamos acostumando aos rapaces a visitar unha exposición de arte. Mira, eu preguntaba aos rapaces cantos deles, fora do cole, foran a unha exposición. Levantaba a man timidamente un neno ou unha nena. Un neno entre 50! Os pais non levan aos nenos aos contacontos, non os levan ás exposicións de arte. Por que? Se non conseguimos crear un mundo sensible, persoas sensibles, como vamos a conseguir evitar as cousas que pasan?

L.B.: O “Taller de Imaxinación Alonso-Beloso” xorde das actividades realizadas a partir dos libros. Quizais a miña faceta docente axudou a deseñar actividades que despois Miguel puido realizar na presentación dos libros, por exemplo, pintar con luz. Isto é un ingrediente que fai que o noso traballo vaia máis aló da propia publicación do libro.

Nunha das últimas exposicións con textos de Miguel e as miñas ilustracións na sala Apo’strophe, realizamos distintas actividades, entre elas un taller de animación STOP MOTION que divertiu a nenos e maiores. “Alonso-Beloso” non son só contos ilustrados, é un proxecto creativo.

Lembro que para publicar os vosos primeiros libros recorrestes ao financiamento colectivo do crowfunding. Tanto este O valente coello que quixo soñar como o anterior O soño de Esther saíron nunha editorial convencional: Nova Galicia Edicións. Que diferenzas hai dende eses primeiros pasos ata agora?

M.A.A.D.: Cando a campaña de crowfunding de O cullarapo Croque acadáramos o obxectivo, máis no caso de A nena… leveime outra sorpresa, pero desta volta negativa. Saíu pero custou moito máis, debido en parte aos silencios. Dar as grazas a Alfonso Láuzara e a miña curmá Mª Jesús Portela que me prestaron cartos para sacalo adiante. Pensar que agora é un libro que camiña por México ou Puerto Rico…

A diferenza substancial de publicar cunha editora foi o tema económico, de ter que adiantalos ou non. Cos dous primeiros libros poderíamos dicir que íamos a peito descuberto.

No xeito de traballar, pasar do crowfunding a unha editora non nos influíu para nada. Eu imaxino, escribo, traballo no proxecto, coméntoo con Luz, facémolo, e logo busco quen nos publique, e se non atopamos ninguén, publicámolo nós. Nese sentido a mentalidade é a mesma. Sempre digo que son un “can da rúa”, acostumado a buscar a comida por min mesmo.

De calquera xeito agradezo a Nova Galicia a súa confianza en nós. Nova Galicia é unha das editoriais con máis proxección cara afora, e é fermoso saber que os nosos libros teñen vida fóra da nosa terra.

Porque ademais, no caso de O cullarapo Croque, facía fincapé que nalgúns casos vostede mesmo levaba o libro ao comprador.

M.A.A.D.: Si, así foi. Aínda as veces sego facendo ese labor, de levar os libros. Tamén é certo que xa non podo asumir eu a distribución. Hai sitios aos que non podo chegar. Pero a relación cos lectores segue a ser moi directa, de feito é a nosa publicidade máis forte. Iso non o perdín, nin quero perdelo. Vivo entre a xente da miña terra, para eles escribo.

 

 

 Milladoiro (Ames), marzo 2016

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Entrevista >

Axenda LIX >

Dicembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31