Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Martes, 17 Novembro 2015 12:59

Ledicia Costas gaña o Lazarillo 2015

Sen dúbida que este 2015 estase a converter nun dos grandes anos na vida literaria da escritora viguesa Ledicia Costas. Se hai tan só unhas poucas semanas coñecíase que a súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta acadara o premio “nacional” de literatura infantl e xuvenil, agora ven de gañar outro dos grandes premios a nivel estatal, o premio Lazarillo 2015, que concede a OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil ), pola obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante. Este prestixioso galardón lévase convocando dende o ano 1958 coa finalidade de estimular a creación…
Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse no Pazo de Congresos de Compostela as VI Xornadas De Bibliotecas Escolares de Galicia, unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores. O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema…
O escritor Agustín Fernández Paz e o ilustrador Miguelanxo Prado optarán ao Premio Astrid Lindgren 2016, que outorga o goberno de Suecia para honrar a memoria de Astrid Lindgren, creadora de Pippi Långstrump ou o Os nenos de Bullerbyn. Este premio, de modo anual, recoñece a un autor de literatura infantil e xuvenil, a un ilustrador ou a un promotor da lectura de calquera país, ademais de estar considerado como un dos galardóns máis importantes do mundo relacionado coa literatura infantil e xuvenil. Para o Premio Astrid Lindgren 2016 están nomeados 215 candidatos, que se deron a coñecer no transcurso…
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil “A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade”. Do 19 de outubro ao 9 de novembro este ciclo, baixo a coordinación da profesora Isabel Mociño, levará ao Campus de Ourense da Universidade de Vigo a seis destacadas voces para afondar na pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade. O programa principiará o luns 19 de outubro co acto de inauguración e a palestra…
A escritora viguesa Ledicia Costas é a gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do estado español na súa edición do 2015 pola novela Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais). Este galardón concédeo Cultura para distinguir unha obra escrita en calquera das linguas oficiais do estado e editada no propio estado no ano 2014. O xurado destacou a Escarlatina, a cociñeira defunta por ser “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa doada lectura, polo seu humor escalafríante, e…
A versión en castelá de O meu pesadelo favorito, da escritora e xornalista María Solar e ilustracións de María Lires, ven de ser escollido para formar parte do prestixioso catálogo White Ravens, unha listaxe compilada por especialistas da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, e que reúne obras que -na súa consideración- merecen a atención mundial debido a súa temática e excepcional estilo artístico e literario. O meu pesadelo favorito (Galaxia) xa acadara no 2014 o Premio Lazarillo, que organiza a Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil. Ademais, os White Ravens 2015 contan con máis presenza galega, o…
O xurado da décima edición do Premio de literatura infantil e xuvenil “Raiña Lupa”, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu premiar a obra Vidas cruzadas do escritor Héctor Cajaraville Araújo. O xurado destaca, por unanimidade, que Vidas cruzadas trata un tema actual, con ingredientes abondo para atraer o interese dos lectores e lectoras: emoción, intriga, misterio, mais tamén tenrura, dinamismo, vitalidade; a boa construción das personaxes, con personalidades complementarias, que empatizan co público mozo, o sentido do humor, o carácter interxeracional e o final circular son outros alicientes desta obra. O xurado estivo composto por Paz Castro, Mª de las…
O proxecto O Grilo Máxico forma parte das iniciativas desenvolvidas pola Asociación Berce de Vigo co gallo do seu 20 aniversario, que celebran neste 2015. O obxectivo do presente proxecto é realizar un labor de sensibilización da sociedade cara ás casas de acollida de menores e os menores que nelas residen, tratando de ofrecer unha visión normalizada dos Centros de Menores, afastada dos prexuízos herdados de modelos xa anticuados, principalmente asistenciais e pouco integradores (orfanatos, correccionais, etc.). Dende a Asociación Berce cren necesario facer "visible" a existencia destes recursos educativos, os Centros de Menores, co obxectivo de normalizalos e evitar…
O programa “Ler conta moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultural en colaboración cos concellos, percorrerá durante este mes de setembro as bibliotecas e axencias de lectura de 27 concellos do país para lle achegar o libro e a lectura a toda a cidadanía en forma de obradoiros creativos, contacontos, espectáculos de danza, teatro e maxia, e actividades que teñen a música como protagonista. Neste mes, o programa ofrecerá un total de 37 actividades en centros da Rede de Bibliotecas de Galicia dos municipios de Muxía (o pasado día 4 e o 26), Santiago de Compostela (días 8, 11, 12,…
Os días 25 e 26 de setembro e 2 e 3 outubro de 2015 terá lugar na Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela o XII Curso de Formación "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos”. Este curso, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, está dirixido especialmente a mestres e profesorado de secundaria e bacharelato, aínda que tamén pode acceder ao mesmo calquera interesado no tema. "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos"…
Páxina 5 de 23

Buscar en Novas >

Axenda LIX >