«historia para prelectores atractivamente ilustrada por María Lires»
«Relato de eminente pegada didáctica (foi ideado para axudar as nenas e nenos a que deixen a durmida no berce de a carón do leito adulto e pasen a descansar no seu propio cuarto), esta aventura de quelonio falador e neno soñador amolecerá sentimentalmente aquelas ou aqueles que asuman o papel de mediadores na lectura e resultará ben suxestiva para o público ao que vai destinada.»
«Conmovedora e imaxinativa, a historia desta A tartaruga de Martiño é unha mostra acabada de narrativa emotiva, onde a maxia dos soños todo o ilumina.»
Visto en: Criticalia | Armando Requeixo
«A tartaruga de Martiño segue esta liña de conto didáctico–afectivo para os máis pequenos»
«[María Canosa] achéganos a Martiño,un meniño normal, co que resulta doado identificarse xa que podería ser calquera, que aínda non superou a etapa de durmir no berce no cuarto dos seus pais.O rapaz vence os medos grazas á casualidade, aos seus bonecos Helena, a súa tartaruga inseparable, e Tomás, mais tamén grazas ao lúdico dos soños.»
«A autora recrea esas situacións soñadas cunha escrita, breve, sinxela e emotiva que se apoia, ao tempo que se complementa e enriquece, nas ilustracións de María Lires, unhas xoias plásticas»
Visto en: Faro da Cultura | Paula Fernández

