FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Fantasmas de luz (Xerais) de Agustín Fernández Paz

Puntúa
(0 votos)

«Con todo non é, xustamente, esa a lectura novidosa que cumpriría facer dun elemento axial que percorre a novela como é a  homenaxe que se rende ao universo cinematográfico e á súa influencia nas nosas vidas pois este é un asunto ben presente na nosa tradición literaria desde o Ilustrísima de Casares ata moitas das obras ou poemarios contemporáneos. Mais si o é o feito de que o cine e as referencias cinematográficas sexan o alento vital que explica a vida de  Damián, profesionalmente vinculado ao traballo das antigas salas de proxección para quen a vida pasa polo filtro melancólico das películas visionadas mais que, dun día para outro, vai verse privado do seu traballo.»

«[Fantasmas de luz] encerra o poder de espertar a conciencia cívica á marxe de que estudadamente suxira distintos niveis de lectura pois a proxección das exclusións sociais vai alén das motivadas puramente pola precariedade laboral.»

«unha nova mostra do indiscutible talento do seu autor»

 

Visto en: Caderno da crítica | Ramón Nicolás

 

«Nesta novela curta Agustín Fernández Paz mestura de xeito adecuado un dos mitos da ciencia ficción (o home invisible) co vello tema literario, tan quixotesco e cervantino, da superación da vida cotiá gris por medio da literatura (neste caso do cine). Mais todo iso está posto ao servizo da crítica dunha sociedade que converte en invisibles os milleiros e milleiros de parados, creados polos enxeñeiros das finanzas. É unha lectura que resulta máis que apropiada nestes tempos de crise.»

«O tópico literario da invisibilidade fainos tomar conciencia de como a sociedade actual (especialmente os medios de comunicación) converten en inexistentes por invisibles aquelas realidades desagradables, como a dos parados, que crearon precisamente eses financeiros parasitos.»

«as ilustracións de Miguelanxo Prado son dunha extraordinaria calidade e enriquecen o texto de xeito maxistral. É o derradeiro consello: cómpre ler o colofón que leva o libro, na páxina seguinte á do seu remate»

 

 

Visto en: Bouvard e Pécuchet | Manuel Rodríguez Alonso


AXENDA

Novembro 2014
L M M X V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Empregamos cookies de noso e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Politica de cookies.

Acepto as cookies deste sitio.

EU Cookie Directive Module Information