Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Beatriz Maceda Abeleira

Rate this item
(3 votes)
Beatriz Maceda Beatriz Maceda Foto: Eduardo Castro Bal

Veu visitarnos nesta ocasión a escritora e profesora Beatriz Maceda Abeleira. A nosa visita de hoxe naceu no barrio coruñés de Beiramar, aínda que unha grande parte da súa vida pasouna en Vilalba, para regresar novamente, hai xa uns aniños, á cidade herculina.

Beatriz marabillounos cun dos grandes libros infantís do pasado ano, O álbum de Garrincha, publicado por Galaxia, unha fermosa historia de solidariedade, integración e fútbol. Anos antes a autora xa nos sorprendera cunha aproximación para o público infantil e xuvenil da figura de Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man de Camelle, no libro Man. O alemán de Camelle, publicado por Galebook no ano 2012. Dous estupendos libros que afirman estamos diante dunha autora que nos deparará moitas alegrías no futuro.

Moi agradecidos pola túa visita, Beatriz!!!

 

 


 

Beatriz MacedaAntes da escritora normalmente ven a lectora. Que libros e lecturas foron importantes para vostede e que, co paso dos anos, aínda fican na súa memoria?

Non teño dúbida de que os levo a todos comigo. Pero hai tres libros fundamentais, e posta a escoller, polo momento nos que os lín: O crepúsculo e as formigas de Mendez Ferrín, As Sonatas de Valle- Inclán, e a Illa do Tesouro de Stevenson.

Cando agora as e os escritores publican a idades temperás, vostede aínda tardou unha chisca en publicar o seu primeiro libro, Man, o alemán de Camelle (Galebook). Cal foi a súa traxectoria profesional antes de desembocar na literatura?

Levo escribindo desde que aprendín a poñer palabras nunha folla, ese momento e cando aprendín a ler, foron dos máis importantes da miña vida.

Logo, non sei porque, sentín a necesidade, a maxia, de ser lida. Con todo o que ten de arriscado.

Cales foron as motivacións que a levaron a escribir?

Como xa dixen esa necesidade, e penso que tamén o feito de ser docente influiu nesa decisión.

Tiña publicado algún relato para o público adulto na revista Tempos Dixital, por que dirixir a súa escrita cara o publico infantil?

O público infantil é o lector mais crítico, e tamén o mais espóntaneo nas súas percepcións do que ti escribes. E tamén o medio que mellor coñezo polo meu traballo.

Qué é o que busca transmitir coa súa literatura?

Eu sempre digo que escribir é un acto de reivindicación e compromiso. Iso é o que intento transmitir.

En que se basea para escribir os seus libros?

Encontrar historias é doado, o dificil é logo escribilas de xeito que o lector ou lectora disfrute, chore, ría, pense ...

Cando principia un proxecto literario, como concibe a trama dese novo libro? Como xorden as ideas?

Unhas veces busco a historia, pero case sempre é ela a que me atopa a mín. Logo, empezo a ler, a observar, a preguntar, a tomar notas... a pensar nela case todo o día...

Como dicíamos anteriormente, publicou no 2012 o seu primeiro libro Man, o alemán de Camelle, que é que lle atraía da figura dese artista e anacoreta para escribir sobre el?man

Gústanme moito as persoas como Man. Penso que son elas, as menos mediáticas e que non saen todos os días nos medios de comunicación, as que fan deste mundo un lugar aceptable.

Man, ademáis de ser un gran artista, transmite moitos valores importantes: como podemos vivir con moito menos, o respecto á natureza, a coherencia, a tenacidade...

O personaxe de Manfred Gnädinger suscitou o interese literario nos últimos anos, velaí están as propostas de Xoán Abeleira ou a máis recente de Xerardo Quintiá. No seu caso, ademais, quixo co seu libro achegar a súa figura ao público máis novo.

O meu fillo Nacho naceu no ano 2000, e Man morreu no 2002. Pensei que había que contarlles aos rapaces e rapazas a súa historia. Estaba segura que o podían ver como un heroe real, e despois do tempo que leva o libro nas librarías e falando con moitas e moitos lectores novos, penso que non me equivoquei.

O pasado ano publicou O álbum de Garrincha (Galaxia), onde mestura integración social e fútbol. Cómo nace este libro?

Este libro nace no patio dun colexio, e cuns alumnos e alumnas que tiven o pracer de estar con eles durante dous cursos no colexio de Carral.

Tiña unha clase con nenos e nenas de moitos países, e vivín as súas dificultades para integrarse. Mais tamén descubrín que o fútbol é un elemento unificador moi rápido, que rompe a primeira barreira.

O fútbol como unha das linguaxes universais.

Por suposto, unha das máis universais, e o xogo máis democrático. É barato, pódese xogar en calquera sitio, case calquera obxecto pode ser un balón, da igual o número de xogadores... Non se pode pedir máis.

Un campo de fútbol está cheo de persoas de todo tipo, e nese momento do partido, e cando o teu equipo mete gol, abrázaste co que está ao teu carón e dá o mesmo se o coñeces ou non. É unha alegría moi espontánea.

Está claro que eu falo da mellor cara deste deporte, xa que é a que me interesa.

Cando escribe mantén algunha rutina de traballo?

Intento escribir todos os días, normalmente pola noite.Tamén levo un caderno sempre comigo para ir facendo anotacións. Xa aprendín que non me podo fiar da miña memoria, e amólame esquecer algunha boa idea, que de cando en vez, habelas hailas.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

A verdade é que son unha privilexiada. En fronte da miña mesa teño o mar, e diante unha cadeira de brazos na que me sento a ler o que escribo cada día. Son un pouco maniática coa mesa de traballo e preciso tela limpa e ordenada cada vez que me sento a escribir. Tamén procuro que non haxa máis que o ordenador, o caderno onde fago as anotacións e folios en blanco.

A importancia da ilustración na literatura infantil e xuvenil. Como é a súa relación cos ilustradores?

Os dous libros que teño publicados están ilustrados por Laura Veleiro, que ademais de ser a miña amiga, é unha gran ilustradora. Unha persoa moi traballadora, comprometida e responsable.

O feito de que sexa a miña amiga fai o traballo mais doado, xa que nos entendemos moi ben.

Os ilustradores son fundamentais na literatura infantil e xuvenil. A determinadas idades os nenos e as nenas non collerían un libro se nón ten ilustracións, aínda máis, é o primeiro que miran.

É marabilloso que alguén debuxe as túas palabras, que lles dea forma, cor.

o album de garrinchaQué significa para vostede o oficio de escritora?

Todo o que leo e o que escribo faime crecer como persoa, vivir moitas vidas. É un privilexio.

Cales son as principais dificultades á hora de entregarse a este traballo?

Conquistar as lectoras e lectores. Cando publicas un libro, a exposición de ti mesma é moi grande, xa que sempre hai moito de ti en cada un deles.

Tamén as dúbidas, os temores, que sempre van unidos ao proceso creativo. Cando te atopas con esa frase que as palabras son incapaces de expresar.

Que é o mellor e o peor de se dedicar a escribir para o público infantil e xuvenil?

O mellor e falar con elas e eles dos teus libros, eu gozo moito escoitándoos. Logo, cando estou escribindo a historia teño, dalgún xeito, que ser da súa idade, poñerme no seu lugar. E tamén hai que ter moito coidado co como se conta.

Que proxectos veremos en vindeiras datas da súa autoría?

Estou rematando unha novela para adolescentes e xa recollendo información para outra. As dúas son xa para un público xuvenil e penso que sobre temas do seu interese.

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >