Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Celia Díaz

Rate this item
(3 votes)

Hoxe visítanos Celia Díaz. Nacida no concello do Páramo a comezos da década dos sesenta, reside actualmente no concello de Ourense, onde traballa como profesora de lingua galega e literatura no ensino medio, actividade que compaxina coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación e, por suposto, coa escrita.

Aínda que con anterioridade publicara algúns libros de divulgación, creativamente Celia móvese por igual tanto no mundo da escrita de teatro como na escrita de novela. Este labor deulle polo de agora -e de seguro tamén no futuro- moitas alegrías. O seu primeiro libro foi Adeliña, co que gañou a primeira edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria que convoca a Deputación de Ourense, alá polo ano 2004. Logo veu, nese mesmo ano, o Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques, na súa modalidade infantil, pola obra Cataventos e cía, que publicou posteriormente Baía edicións. Recuncou co premio Pura e Dora Vázquez no 2011 coa novela Rugando. A súa achega máis recente é a obra de teatro infantil Velaí vai o papaventos, que conta cunhas magníficas ilustracións de Marina Seoane.

Moitas grazas pola túa visita, Celia!

 

 


 

Antes da escritora vén a lectora. Cales foron eses libros e esas lecturas importantes para vostede e que aínda fican na súa memoria?

Sempre fun unha lectora voraz e tiña poucos libros ao meu dispor, así que lía todo o que caía nas miñas mans, desde as historias dos Cinco aos cómics de Bruguera, que intercambiaba coas amigas.

Hai dous libros dos que gardo un recordo moi especial e encantaríame poder reencontralos. O primeiro era un libro de poemas que había na escola e na primavera saïamos ler fóra. Véxome sentada nunha cadeira baixo os castiñeiros lendo aqueles poemas e memorizándoos. Máis tarde, na adolescencia, fascináronme As mil e unha noites que lin nun vello libro cuns marabillosos gravados en branco e negro. Quedaba atrapada no exotismo das historias, na ambientación, nas palabras. Despois, pouco a pouco fun creando a miña biblioteca particular. O primeiro libro que comprei foi Heidi que naquel momento era un éxito na televisión.

Cales foron as motivacións que a levaron a escribir?

Comecei a escribir porque sempre me gustou inventar historias. A primeira que lembro era un diálogo entre un neno e un peixe, unha historia fantástica que transcorría nun ambiente submarino. Máis tarde, na adolescencia, era o modo de plasmar as miñas inquietudes, de coñecerme.

adelinhaE a dirixir esa escrita cara o publico infantil?

Comecei a escribir contos para as miñas fillas pensando nas historias que lles gustaban ou mesmo imaxinándoas a elas como protagonistas.

Qué é o que busca transmitir coa súa literatura?

Busco sobre todo divertir ao lector e divertirme eu mentres escribo. Non busco transmitir unha mensaxe, non me gustan as obras didácticas pensadas para que os nenos aprendan determinados valores. Aínda que é evidente que eses valores están aí posto que selecciono uns contidos e rexeito outros, pero non hai nunca unha intención previa de escribir sobre eses temas.

Gústanme as historias fantásticas, con misterio, con notas de humor. Historias que trasladen o lector a outras épocas, a lugares afastados, que o mergullen en contextos moi diferentes dos que atopa no día a día.

O obxectivo principal é contar unha historia que interese e que cando remate faga pensar un pouco. Tampouco me gustan as historias totalmente pechadas; quero que o lector axude a completalas e se decate de cousas que están aí aínda que non aparezan de modo explícitos. Non penso nun lector pasivo que se limite a captar o que se lle conta, senón que descubra por si mesmo. Creo que iso é o pracer da lectura.

En que se basea para escribir os seus libros?

No caso das novelas, ultimamente escribo historias que acontecen en lugares que frecuento. Visito os lugares, imaxino os personaxes, creo unha trama... Despois documéntome sobre a época, o tema ou o contexto. Por exemplo, no caso de Rugando lin moito sobre a alquimia e sobre as ferrerías. E despois, xa situada a historia no tempo e no espazo, déixome levar polos personaxes.

Cando principia un proxecto literario, como concibe a trama dese novo libro? Como xorden as ideas?

Parto dunha idea, doulle moitas voltas ata que vai tomando corpo, penso na organización dos acontecementos e teño unha idea acerca do desenlace. Despois póñome a escribila e acaba indo por onde non pensaba porque van xurdindo aspectos ou personaxes nos que non reparara. Iso é o máis interesante. Tamén o feito de que os personaxes de ficción acaben ocupando os meus pensamentos, como se fosen de carne e óso.

cataventos e ciaQué xéneros son os seus preferidos á hora de escribir?

Novela e teatro, os dous me gustan. Tamén relatos. Non escribo poesía, aínda que nas obras teatrais si hai pequenos textos poéticos.

Entre a súa obra atopamos dous libros de teatro infantil: Cataventos e cía.(Baía, Premio Barriga Verde de Textos para monicreques na súa modalidade infantil) e Velaí vai o papaventos, publicado o pasado ano. Que aporta aos nenos ler teatro?

Eu fun unha gran lectora de teatro e divertíame moito visualizando as escenas.

Cataventos e cía. é unha obra para monicreques, aínda que tamén pode ser representada por rapaces, e Velaí vai o papaventos inicialmente tamén o foi. Os monicreques permiten xogar con total liberdade e salvar os atrancos escenográficos que serían máis complicados nunha representación con actores. Son fantásticos para desenvolver a creatividade e a fantasía dos nenos, e tamén a súa competencia comunicativa.

Para os nenos facer teatro resulta moi divertido. Teño asistido á representación de Cataventos e cía. nalgún centro escolar e vin o ben que o pasaban representando os personaxes e caracterizados cos seus traxes e maquillaxes. O teatro é unha actividade colectiva moi gratificante e moi enriquecedora.

É difícil publicar teatro? Vemos que no caso de Velaí vai o papaventos foi autoeditada. 

Autopubliqueina para preservar os meus dereitos de autora. Era unha obra que tiña escrita desde había varios anos, envieina a un premio literario (que non gañou) e tempo despois apareceu publicada unha obra de teatro moi similar á miña. Afortunadamente tomara a precaución de rexistrala con anterioridade. Entón decidín facer unha edición moi coidada cunhas magníficas ilustracións e estou moi satisfeita co resultado. Despois encarguei un booktrailer e creei unha páxina de facebook para darlle un pouco de visibilidade. Tamén a convertín en libro dixital que está á venda en Amazon.

Estou contenta da recepción que pouco a pouco vai obtendo.

rugandoAcadou por dúas ocasións o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez que organiza a Deputación de Ourense. Que é o mellor e o peor destes premios de carácter institucional? No caso concreto de Rugando (premiada no 2012) estamos ante unha grandísima novela, pero coido que non tivo a repercusión nin a difusión que sen dúbida merecía.

O mellor é, como no resto dos premios literarios, a publicación da obra e o estímulo que supoñen para continuar escribindo. O peor é a pouca difusión que teñen. O obxectivo dunha institución deste tipo non é vender exemplares. Iso implica que non hai unha campaña promocional como sucede cando se conta co respaldo dunha editorial.

Cando se publicou Rugando decidín incorporar tamén un booktrailer (sempre llos encargo a Celia Parra) xa que estes permiten unha presentación moi atractiva do libro. Neste en concreto vense imaxes do escenario real no que se sitúa a historia, unha vella ferrería convertida actualmente en casa rural. Tendo en conta que a novela comeza coa rodaxe dun documental nese lugar, esta ferramenta audiovisual acaíalle moi ben.

Cando escribe mantén algunha rutina de traballo?

Non. Escribo cando podo, cando teño tempo libre. Mentres, deixo que as historias vaian madurando, anoto ideas, documéntome. Se tivese máis tempo seguramente me organizaría, pero ao non ser así teño que apañarme como podo.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

O portátil, un par de atrís cheos de papeis, un caderno laranxa no que tomo notas, dous botes de bolígrafos e unha morea de libros, máis ou menos ordenados.

A importancia da ilustración na literatura infantil e xuvenil. Como é a súa relación cos ilustradores?

O labor dos ilustradores é moi importante, ademais as ilustracións son a primeira carta de presentación dos libros. É fundamental que o texto literario e o plástico se complementen, que se enriquezan mutuamente.

En Cataventos e cía. foi a editorial a que escolleu a ilustradora.

No caso das dúas obras do Premio Pura e Dora Vázquez hai que ter en conta que este premio ten dúas vertentes: primeiro convócase como premio de narrativa e a continuación, unha vez fallado, convócase o concurso de ilustración da obra gañadora. Como autora, formei parte do xurado para escoller as ilustracións que mellor acaían ás miñas obras. Resulta complicado elixir entre propostas tan diversas porque sempre encontras varias interesantes, unhas por un aspecto e outras por outro. No xurado hai tamén distintas sensibilidades, uns fíxanse máis na técnica, outros na fidelidade ao texto literario. E ao final a escolla acaba sendo unha decisión colectiva.

En Velaí vai o papaventos fun eu quen chamei directamente a Marina Seoane para encargarlle as ilustracións e estivemos en contacto durante o proceso de creación.

velai vai o papaventosPodería dicirnos algún ilustrador co que estea especialmente cómoda traballando?

Con Marina Seoane. Como digo, contactei con ela porque xa coñecía a súa obra e gustábame moito a expresividade dos personaxes, a color, as texturas... e traballamos moi a gusto.

Qué significa para vostede o oficio de escritora?

A literatura é unha actividade fundamental na miña vida. Como profesora, como lectora, como creadora. Síntome privilexiada de poder dedicarme ao que máis me gusta.

Cales son as principais dificultades á hora de entregarse a este oficio?

A principal é a falta de tempo para dedicarme plenamente. Non é doado compaxinar a actividade laboral e a vida familiar coa actividade literaria. Sempre é esta a que queda nun segundo plano.

Que é o mellor e o peor de se dedicar a escribir para o público infantil e xuvenil?

O mellor é que se trata dun público moi entusiasta, tamén moi crítico, que di con total sinceridade o que opina.

O peor? Talvez os prexuízos que aínda subsisten acerca de que é unha literatura menor.

Que proxectos veremos en vindeiras datas da súa autoría?

Ando dándolle voltas a unha novela. Rematei a primeira versión este verán e agora está en fase de repouso á espera de darlle unha nova lectura e pulir, retocar, corrixir.

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >