Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Cristina Corral Soilán

Rate this item
(2 votes)
Cristina Corral Cristina Corral Foto: Eduardo Castro Bal

Hoxe visítanos Cristina Corral Soilán, unha luguesa do 76.

Cristina é escritora, xornalista e profesora. Como vedes, todo moi relacionado co mundo da literatura, e grazas a este o seu labor as lectoras e os lectores podemos gozar dos seus libros, que abarcan dende a súa faceta máis solidaria e comprometida en Irene en Oriente Próximo (Solidariedade Internacional de Galicia). Pola súa banda o teatro e a poesía únense en Os poemas do río (Everest). Diversión a moreas polas paisaxes da provincia de Lugo é o que atopamos en A historia fascinante da vaca rodante (Everest); e nos títulos da colección De paseo con... Cristina lévanos a coñecer a xeografía galega, Lugo e A Coruña, exactamente (polo de agora), nunha serie de libros que principiou a editar o pasado ano Embora. Esta é unha parte da súa produción literaria, xa que para o público adulto tamén ten editados un par de libros de poesía.

É unha alegría que veñas visitarnos, Cristina!

 

 


 

Antes da escritora normalmente ven a lectora. Que libros e lecturas foron importantes para vostede e co paso dos anos aínda fican na súa memoria?

Pois decides ben, eu sempre fun unha gran lectora, “comelibros” me chaman con agarimo os meus :)

Sempre lembro con ledicia os versos de Rosalía, que empecei a ler ben noviña gracias a que meu pai e miña nai mos mercaron nunha feira do libro de Foz, onde pasabamos os veráns (http://arevolta.net/2014/02/rosalia-e-ibarborou-viaxe-de-uruguai-a-padron/).

Xa nos anos de estudante namorei de Valle-Inclán coas súas Femenina-Epitalamio e tamén dos poemas de Punto Cero de Valente, cando o estudabamos na carreira estaba descatalogado e lembro fotocopiar o libro e enchelo de anotacións e subliñados, e ter as carpetas forradas cos seus versos. Non podo deixar de falar do Quixote e a miña fascinación polos amores entre el e a súa Aldonza Lorenzo, aos que lles adiquei algún artigo (http://arevolta.net/2013/09/la-influencia-del-camino-frances-en-el-quijote/)

irene en oriente proximoCales foron as motivacións que a levaron a escribir?

Coido que concentro dúas características que temos @s poetas, son unha persoa sensible e que ten o fondo desexo constante de comunicar co exterior. As lecturas foron e son a semente, pero as ganas de expresar o que se sinte son o lume que dá a candela.

Cando fago obradoiros poéticos con crianzas e adolescente sempre represento a poesía como unha ola grande de caldo (galego!) onde hai unha serie de ingredientes que se cociñan a lume moi lento, dentro dos ingredientes da ola sempre hai unha boa presa de sentimentos, e que non falten nunca... iso é que nos mantén vivos, sentir.

E a dirixir esa escrita cara ó público infantil?

Na miña casa sempre me contaron moitos contos cando era nena. Pedía, como se piden as cancións na gramola e meu pai abría a súa caixa mental e de aí saían os seres imaxinarios que me arrolaban antes de durmir. Cando eu comecei a escribir fíxeno para adultos, pero pola miña profesión última (son profesora) o contacto cos colexios e os institutos levoume a ver o pouco que se agarimaba nalgúns plans de estudos a poesía. Contar en verso pareceume un bo xeito de animar aos máis novos a achegarse a ela, porque non coñezo a ningún/unha nena que non deveza por escoitar unha historia.

Que é o que busca transmitir coa súa literatura?

Na literatura infantil e xuvenil sobre todo ganas de ler, e valores, eses que tan escasos andan ultimamente e que nunca están de máis na cabeciña e no corazón d@s máis cativ@s.

Na literatura para adultos sentimentos, que tampouco sobran nada.

En que se basea para escribir os seus libros?

No mundo que me rodea, os meus contos teñen sempre algo de real, como é o caso de A historia fascinante da vaca rodante.

A poesía para maiores tamén ben determinada polo que vivo e polo que ve a xente que me rodea. A vida é unha gran fonte de inspiración para a Literatura.

Cando principia un proxecto literario, como concibe a trama dese novo libro? Como xorden as ideas?os poemas do rio

Non sei se isto lle acontece a todo o mundo, pero os libros véñenme á cabeza nalgunha situación na que non adoito poder escribir, é como se cando estou facendo algo que non me apetece facer, a miña imaxinación se rebelara e necesitase estourar... por exemplo: corrixir exames, preparar oposicións ou estudar, en xeral... as actividades inútiles e aburridas son unha gran fonte de inspiración, como non apetecen sempre me veñen á cabeza mil proxectos... moitos deles con estes inicios tan rebeldes xa viron a luz, así que haberá que ir deixando os xugos máis a cotío ;)

Aborda o teatro e a poesía na súa obra Os poemas do río (Everest), dous xéneros en teoría (con perdón)… minoritarios. Falamos tamén de “minoritarios” entre o público infantil? Como o aceptaron?

Fantasticamente, e explicareino a través dunha anécdota. Os poemas do río estreouse no cole de A Laxe en Ferrol, onde o alumnado quixo representar a obra de teatro coa que traballaron durante o curso (https://www.youtube.com/watch?v=oJfijsxP4Gs), e cando cheguei ao centro con Aurora Cascudo Román (a ilustradora do libro), unha mestra díxome moi animada que iamos ter que pensar en pedirlle ás autoridades competentes que publicaran os libros de texto en verso, porque aos quince días de estar ensaiando a obra xa a sabían enteiriña tod@s de tanto que lles gustara “contar en verso”... Un gran traballo da directora da obra, Noa Vedia Baliñas, porque por moito que fagamos @s escritor@s nada tería sentido sen a implicación da comunidade educativa.

En A historia fascinante da vaca rodante (Everest) a montaña lucense cobra grande importancia. Que relación garda vostede con esas paisaxes?

A vaca rodante, conta como unha vaca caeu a rolos polos montes da Fonsagrada e nada lle pasou, como vos dicía máis arriba esta historia está baseada en feitos reais. Unha das miñas amigas, Pili Muíña Luna, é da Ribeira de Piquín. A súa familia tiña vacas e un día estando de visita contoume a historia da vaca que rodou polos montes da súa casa sen que nada lle acontecera.

Agora, que no lugar daquelas cortes Pili construíu os apartamentos coas mellores vistas da Ribeira, Luna de Vilar era o escenario ideal para que a vaca Pastora vivira coas súas compañeiras, e así naceu. Pareceume unha historia preciosa, chea de vida e unha boa homenaxe á xente do agro, pola que case ninguén mira.

a historia fascinante da vaEste ano publicou dous libros de viaxes: De paseo con Paulo e De paseo con Crunia, ambos os dous en Embora. Fálenos, por favor, destes libros que teñen pinta de ser os primeiros de unha serie, non si?

Este traballo naceu dunha encarga dunha asociación de veciñ@s da cidade da Coruña. Fixemos o traballo pero non foi viable publicalo con el@s, así que nos daba moita mágoa que un traballo tan laborioso e que quedara ben vistoso ficara esquecido no caixón dunha oficina, así que chamamos ás portas das editoriais e nuns minutos a editorial Embora estaba dándonos o si.

Así que efectivamente imos percorrer as cidades galegas con esta serie e da man dos avós e das avoas galegas, eses heroes e heroínas anónimos que non so sosteñen a economía e os coidados de moitas familias, senón que ademais amoblan de historias as cabezas d@s seus/súas net@s. Os avós e as avoas son a mellor “wikipedia” que existe.

Cando escribe mantén algunha rutina de traballo?

Ningunha. A liberdade e para min a mellor aliada no eido creativo. Eu creo cegamente na inspiración e dáme moita mágoa que estes novos sistemas educativos cos que @s polític@s (sempre tan afastados do mundo educativo) están a encarcerar ás nosas crianzas desprecen absolutamente o feito creativo en todas as súas variantes.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

O ordenador sempre aceso e conectado ao mundo. Eu empecei a traballar como xornalista na sección .NET de Europa Press en Madrid, e coido que ese ramalazo de conexión dixital ao mundo nunca se irá de min.

Engadimos ao lote botes cheo de lapis de cores, rotuladores. agasallos de alumn@s encantador@s, libros, libretas, unha cunca de infusión e unha linda visión, se atardece, da Ría do Burgo en Oleiros.

A importancia da ilustración na literatura infantil e xuvenil. Como é a súa relación cos ilustradores?

De devoción e admiración absoluta. Sen el@s a nosa profesión carecería de sentido. As imaxes son tan importantes como a palabra. Quero lembrar as palabras de David Pintor nunha mesa redonda no último Salón do Libro infantil e xuvenil en Pontevedra, cando o escoitaba falar da situación de esta súa profesión, concordaba con el en que o traballo da ilustración en moitas ocasións non está nin recoñecido nin ben pagado.

Son unha auténtica fanática de moit@s ilustrador@s galeg@s, empezando polos que son amig@s de toda a vida como é o caso de Suso Cubeiro e Aurora Cascudo, ou de outros moitos que enchen os andeis de xeniais obras na miña casa: Leandro Lamas, Xaquín Calo, Noemí López, David Pintor, Xosé Cobas, Carlos Arrojo, Dani Padrón, Nuria Díaz, Bernal Prieto... non acabaría nunca.

Podería dicirnos algunha ilustradora ou ilustrador co que estea especialmente cómoda traballando?de paseo con paulo

Aurora Cascuro Román, o meu primeiro amor de ilustración.

Que significa para vostede o oficio de escritora?

Significa poder contarlle ao mundo como se ve a vida dende a miña perspectiva, un luxazo coma poucos.

Cales son as principais dificultades á hora de entregarse a este labor?

Que son das que prende en canta silveira hai. Ando sempre metida en mil proxectos o que me impide moitas veces sentarme e coller o lapis. Levo tempo dándolle voltas a unha novela xuvenil, pero non chega o momento en que sentar a escribir...

Que é o mellor e o peor de se dedicar a escribir para o público infantil e xuvenil?

O mellor: o contacto coa xente nova, tanto coas crianza como coa xente adolescente, teñen tanto que ofrecer...

O peor: a invasión dos contos prefabricados (tipo Disney) que fan que grandes propostas non acaden os resultados que deberían pola súa calidade e no caso da xuvenil a negativa inicial ao achegamento a literatura. Tampouco é doado atopar editor/a sempre, as institución que deberían apoiar á industria editorial seica andan enredados con asuntos máis importantes que a cultura e a educación... xa ve vostede como anda o mundo!

de paseo con cruniaQue proxectos veremos en vindeiras datas da súa autoría?

Pois andan buscando padriños ou madriñas varios contos en verso, algúns de animais, tamén de adopcións e un libro de poemas para adultos.

Xa no forno para saír na primavera un novo “De paseo”, neste caso o da cidade de Pontevedra.

Aquí nunca se para.

 

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >

Dicembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
17
18
19
21
22
24
25
26
27
28
29
30
31