Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Rodrigo Chao

Rate this item
(4 votes)

Hoxe recibimos a visita do ilustrador boirense Rodrigo Chao. Chao naceu no ano 1976 e estudou Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Na súa longa e sólida traxectoria como ilustrador, Rodrigo Chao foi o encargado de poñer imaxes a libros de autores como Xosé A. Neira Cruz, Andrea Maceiras, Antonio Yáñez, Rosa Aneiros e un longo etcétera de escritoras e escritores. Este labor creativo é compaxinado con múltiples traballos como obradoiros de ilustración, de banda deseñada, murais ou de animación audiovisual, entre outros.

Entre os seus traballos atopamos algúns clásicos das letras universais, como Adios ríos, adios fontes, o Novo Testamento ou A Odisea. O seu traballo máis recente son as ilustracións para o divertido libro de Carlos Labraña Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada, publicado hai poucas datas por Galaxia, onde Rodrigo Chao nos mostra unha galería dos personaxes creador por Labraña.

Moitas grazas por vir visitarnos, Rodrigo!

 

Se queres coñecer máis cousas de Rodrigo Chao ou ver unha mostra do seu traballo, podes facelo visitando a súa páxina web: http://rodrigochao.com

 

 


 

rc7Comecemos polo principio. Fálenos, por favor, dese primeiro contacto coa ilustración, dese libro ou dese ilustrador do que se quedou engaiolado na súa nenez.

Que me lembre, Tintín, Astérix, cómics americanos de superheroes (os poucos deles que caían nas miñas mans), e tamén de revistas de cómic de fantasía e ciencia ficción coma CIMOC e 1984 que tiña un veciño e amigo.

En que momento decidiu vostede que a ilustración era o xeito no que quería expresarse?

Desde moi pequeno. Non podería falar dunha idade concreta, o que si lembro son momentos de poñer os cascos escoitando música, mentres se estaba a ver a tele e eu poñíame a debuxar ou modelar con plastilina, palillos ou barro. Gardo un bo recordo diso.

Vostede estudou na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Estes centros serven para formar novos ilustradores ou é unha profesión máis vocacional?

É vocacional, non creo que poda ser doutro xeito, o que non quere dicir que che teña que gustar desde moi neno. Persoalmente a min axudoume estudar na escola pero tamén penso que non é imprescindible. Dous anos e presentar un proxecto non o considero suficiente para unha disciplina tan ampla. A ilustración atura ter claro que se trata dunha carreira de fondo e que nunca deixas de aprender cousas novas.

Cómo lembra eses primeiros pasos no mundo da ilustración, e máis en concreto, no caso da ilustración de libros de literatura infantil e xuvenil?

Lémbroo coma algo ilusionante e á vez complicado. Estiven a piques de tirar a toalla logo de percorrer canta editorial había en Galiza, sen obter resultados. Sobre todo cando te atopabas con algún editor que che propuña editar baixo a condición de que o teu nome aparecera na capa do libro pero sen ningunha retribución económica. Isto é impensable en calquera profesión e aquí, por desgraza, pasa demasiadas veces.

Un día, estando co meu irmán e comentándolle precisamente isto, van e chámanme. Foi Baía Edicións e estaban interesados en publicar Adiós ríos, adiós fontes e O conto dos silencios. O primeiro, Adiós ríos, adiós fontes foi o proxecto que presentei na escola Antón Faílde que logo revisei para seren publicado.

Ilustración de libros, retratos, murais, deseño de cds, ilustración 3D… Por que tanta diversidade?

Ás veces pensamos que a ilustración só ten que ver cos libros cando en realidade abarca moitas máis disciplinas. Hai que adaptarse a elas, vivir unicamente da ilustración editorial é practicamente imposible máis a sabendas de que o traballo que leva ilustrar un libro non é proporcional á remuneración económica que iso implica. Hai que seguir loitando por uns salarios máis dignos, por suposto, pero non hai que pechar portas a outras posibilidades que che pode ofrecer a ilustración.

rc6

Ten desenvolvido diferentes traballos con diferentes autores e diferentes xéneros. Como é a forma de abordar cada novo libro?

Basicamente consiste no seguinte: un primeiro contacto da editorial co ilustrador/a, envío do texto a ilustrar, ler o texto varias veces para ir collendo forma ó estilo, deseño de personaxes, escenarios.., logo facer bosquexos, debuxos, cor, e arte final. Todo isto vai acompañado de negociacións de presuposto, documentación, etc..

Cando ten a encarga de ilustrar o libro dunha autora ou autor, como é ese primeiro momento no que abre o texto e empeza a cabeza a funcionar para ver como realizar as ilustracións, cando os personaxes empezan a cobrar forma?

Á veces les o texto e xa vas tendo unha idea máis ou menos clara e outras o tes que ler unhas cantas veces para ir collendo forma ás personaxes. O proceso non empeza diante do papel en branco senón antes. Supoño que tamén depende da inspiración que teñas no momento, pero sempre, en maior ou menor medida, precisas dun tempo para ir concretando as ideas.

Como soe ser a relación co escritor?

Hai libros onde o mediador unicamente é a editorial e noutros mantés unha relación máis fluída co escritor, sobre todo cando se precisan datos de documentación concretos.

rc5   rc3   

Ten algún autor ou autora co que exista algún feelin’ especial á hora de traballar conxuntamente?

En xeral sempre me atopei a gusto cos autores/as dos textos.

Que é o que busca vostede nun texto para que se decida a ilustralo?

Sempre é máis satisfactorio traballar nun texto que che gusta que noutro no que ó mellor non acabas de encontrarlle o punto, pero o mesmo pensará o escritor/a pensando nas ilustracións unha vez feitas... o ilustrador/a tense que adaptar ó que lle chega e tentar facer o mellor traballo posible. A partires de aí, interésame ilustrar un texto sen ser literal pero mantendo o espírito do mesmo.

Participou vostede no decorado da obra Roedores da compañía Redrum teatro. Como foi esa experiencia?

O traballo coa compañía Redrum foi o deseño do cartel e un álbum ilustrado onde se contaba o que acontecía antes da obra. A experiencia foi moi satisfactoria, neste caso si tivemos contacto durante o proceso creativo, gústame traballar con xente que se implica nos proxectos e este foi un deses casos. O decorado fixérono eles posteriormente baseándose nas ilustracións feitas para a obra.

Que técnicas e materiais soe empregar á hora de ilustrar?

Alterno técnica tradicional con acuarelas e técnicas dixitais pero maiormente emprego a dixital para libros ilustrados e deseño.

rc1   rc2

Lembra algunha encarga que lle fora especialmente difícil levar a cabo?

Sempre hai encargas que poden resultar máis complicadas que outras. Por poñer un exemplo, cando tiven que ilustrar O novo testamento para a xente nova.

De todos os libros que ten ilustrado, con cal ou con cales se sente máis satisfeito do resultado final?

Non podería dicir un traballo concreto, cadanseu ten as súas particularidades. Imaxino que o seguinte será do que máis satisfeito vou estar pero quen sabe...

Que significa para vostede a profesión de ilustrador?

Sobre todo constancia e tentar que a profesión inclúa unha aprendizaxe continua.

Cales son os grandes problemas, ao seu ver, no que se enfrontan os ilustradores e ilustradoras en Galicia?

En xeral, moitos. Non sei se por descoñecemento, por acomodo, ou as dúas cousas á vez, a profesión de ilustrad@r non ten o calado que ten a maior parte das profesións. O exemplo máis claro é que como autónomo nin existe un epígrafe que contemple esta rama profesional, creo que iso o di todo. Tamén, en xeral, ilustrar un libro está mal remunerado e os tempos que che marcan son con demasiada frecuencia escasos, e isto, queiras ou non, afecta tamén á calidade do resultado. Sempre hai que negociar as condicións dunha encarga e se aínda así estas son demasiado adversas, o mellor é rexeitalo. Máis vale un cliente bo que catro malos.

Cales son os seus ilustradores máis admirados e en que medida influíron na súa obra?

Podería falar de Frank Frazzeta por citar algún. Miguelanxo Prado por poñer outro exemplo. Son moitos, seguro.

rc4En teoría estamos ante un auxe do libro electrónico, como ilustrador, en que medida afecta isto ao seu labor profesional?

Na actualidade, moitos de nós usamos técnica dixital polo que plasticamente non afecta, o que si hai é un longo camiño por percorrer no tocante ás condicións económicas. O traballo de ilustrador de libros consiste normalmente na remuneración en concepto de dereitos de autor. Entendo que se a produción e distribución dun libro electrónico ten un menor gasto e, polo tanto, o seu prezo á venda vai ser menor, todo isto ten que ser proporcional cara o reparto de ditos dereitos de autor. É unha sinatura pendente que está a prexudicar ós autores/as.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

Unha cintiq, altofalantes, escaner-impresora, bolis, lapis, rotus e bastantes papeis desordenados.

En que proxectos está a traballar agora?

No deseño do merchandisign dunha cadea de Hostels de Oporto e Madrid (creatividade e ilustración de parches, camisetas, pins..), deseño dunha marca de viños, estou impartindo talleres de ilustración nun colexio e volvo repetir experiencia coa compañía de teatro Redrum para a elaboración do cartel e álbum ilustrado da obra “A nena que quería navegar”. Teño algún proxecto máis no aire á espera de que aterre, iso si, sen turbulencias.

 

 

[As imaxes que acompañan este texto están tomadas da web do autor: http://rodrigochao.com]

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >

Agosto 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

Non hai eventos nos vindeiros días