FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Xoves, 19 Xullo 2012 16:47

Ramón Neto faise co 'Miguel González Garcés' de poesía

Publicado por  Redacción
Puntúa
(1 Votar)

A obra de Ramón Neto As Lavandas adáptanse a todo erro de navegación foi elixida hoxe como a gañadora do XVI premio de poesía ‘Miguel González Garcés’ convocado pola Deputación da Coruña. Ademais, a obra “Satén” de Ledicia Costas foi elixida como a finalista.

O xurado, composto pola vicepresidenta María Dolores Faraldo, a vicepresidenta Mariel Padín, Manuel Darriba, Xosé Miranda Ruiz, Xavier Rodríguez Baixeras e Cesáreo Sánchez Iglesias, valorou para o seu fallo o dominio do ritmo, a destreza no emprego das formas poéticas, a súa riqueza cultural e a forza metafórica das rimas.

O premio, amais da dotación económica estipulada nas bases do concurso, conleva a publicación por parte da Deputación da obra. Este mesmo premio foi outorgado en edicións anteriores a autores coma Xavier Lama López, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel ou Xavier R. Baixeiras.

Ramón Neto (A Illa de Arousa, 1975) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cun último ano de estudos na Universidade Libre de Bruxelas, cidade esta última na que reside e na que exerce a docencia. 'A estación única dunha illa', a súa primeira obra publicada, recibiu no 2009 o XXII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.


 

AXENDA

Xuño 2013
L M M X V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30