Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

A obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, Carlos Casares, centrará o XIV Curso de Formación A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe, que se celebrará o próximo novembro baixo o título Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino. As entidades convocantes desta acción formativa son o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura e Educación, o Grupo de Investigación LITER21 pertencente ao Instituto de Cinecias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre Carlos Casares…
Hordas de escritura (Xerais, 2008) de Chus Pato é o mellor libro de poesía da década, segundo indicou o xurado do Premio Mondoñedo 10 deste ano, integrado por representantes das entidades literarias e vinculadas ao mundo do libro de Galicia. O xurado recoñece a importancia dunha obra "con vocación experimental" na que a poeta "intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual", así como a vontade de Hordas de escritura de "superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xénero literarios" e considera este título "un paso adiante no proxecto de indagación das…
O sábado, 21 de outubro, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, en Lugo, terá lugar a X Xornada de Literatura Oral. Nesta ocasión farase fincapé nas palabras con memoria, sobre todo no eido da toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía. Somos singulares porque cadaquén temos reservado en exclusiva un nome e uns apelidos; sabemos onde andamos e vivimos, o lugar que ocupamos no universo, porque pisamos territorios nomeados. Relacionámonos case exclusivamente con palabras que son consecuencia de ideas, pensamentos e accións verbalizábeis. Moitas veces este vivir acelerado fai que, sen decatarnos, esquezamos, que borremos da memoria a música…
Allariz énchese de poesía e música na cuarta edición do Poemagosto. Entre o 13 e o 15 de outubro o Festival de Poesía ofrecerá unha nova proposta e reunirá a voces literarias internacionais. O elenco poético terá acentos varios: galego, portugués, castelán, catalán, euskera, asturiano, italiano, chinés e ruso. O Festival de Poesía pretende ampliar o calendario de actividades reforzando a imaxe de Allariz como “vila literaria”. Os poetas darán recitais polas rúas de Allariz, participarán en sesións de micro aberto. O domingo terá lugar o combate poético entre os que escriben poesía en galego. A música será parte importante…
A edición galega está presente na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, unha das citas europeas sectoriais máis importantes, que se desenvolve na cidade alemá do 11 ao 15 de outubro. Deste xeito, as editoriais Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, KNS Edicións, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Alvarellos, Arnoia Distribución, Bolanda, Kalandraka, MC Sports, Bululú e Catro Ventos difunden a súa produción a través do stand de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura do goberno galego. Pola súa banda, os libros de Xerais tamén estarán presentes no stand do grupo Anaya; o Servizo de Publicacións da Universidade de…
A Pobra do Caramiñal lembra o seu escritor máis ilustre, Ramón María del Valle-Inclán, no mes no que se celebra o aniversario do seu nacemento. A XIX edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, organizadas polo concello da Pobra do Caramiñal e o Museo Valle-Inclán da Pobra, aglutinan unha variada programación cultural para conmemorar o 151º aniversario do escritor, que combina actividades para todos os públicos e idades, como exposicións, presentacións de publicacións, teatro, recitais ou concertos. As actividades das xornadas deron comezo xa o pasado sábado, coa presentación da edición dun manuscrito inédito de Carlos Luís del Valle-Inclán y…
Este martes 10 de outubro, e sete séculos despois de inspirar os testemuños máis antigos da lírica medieval galego-portuguesa, a ría de Vigo volve ser o fogar das cantigas do trobador galego Martín Códax. O manuscrito do século XIII que as contén, o coñecido como Pergamiño Vindel, está exposto xa no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 e marzo de 2018 grazas ao labor desenvolvido pola Universidade de Vigo e a consellaría de Cultura do goberno de Galicia, que fixeron os trámites necesarios para traer a Vigo o documento que posúe a Morgan Library de Nova Iorque.…
Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía que a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) está a preparar, coa finalidade de facer unha revisión da produción poética dos últimos 40 anos. O Congreso, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra nos 6 e 7 de outubro, ten como obxectivo facer un debate aberto sobre o estado actual e recente da poesía galega, unanimemente recoñecida pola súa grande valía literaria, mais que padece unha certa invisibilidade social no seu propio territorio, o que fai máis necesario que nunca un Congreso onde se debatan…
Reunido o xurado da XVII edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, formado por Estevo Creus Andrade, Olalla Cociña, Charo Lópes –gañadora da edición do 2015-, Mónica López -concelleira de Cultura- e María Casar, presidenta de Ergueitos e secretaria do premio, decidiron conceder o premio desta edición, por maioría, ao poemario Claus e o alacrán, do que resultou autora Lara Dopazo Ruibal. Na acta do premio, o xurado destacou a temática arriscada desta obra e unha voz diferente cun rexistro que apela ao sensorial. Desde unha sinxeleza estética que condensa múltiples camadas de significados. Unha obra que reflexiona sobre…
A poeta recentemente finada Xohana Torres, a Fundación Rosalía de Castro, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía Senlle, Óliver Laxe, o proxecto Apego, e Cristina Pato son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2017, nas modalidades de Letras, Patrimonio Cultural, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua e Proxección Exterior, respectivamente. O xurado dos premios reuniuse onte na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, e que estivo integrado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; polo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández, por delegación do seu presidente; polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes;…
Páxina 4 de 145

Buscar en Novas >

Axenda >

Dicembro 2017
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
14
› Os mundos de Carlos Casares
00:00
Museo Interactivo da Historia. Lugo, Lugo
Exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Presentación As receitas de Rosaura en Bueu
17:00
Xoguetería El Parque, Bueu
O evento tamén contará coa firma de exemplares e cun Taller de Ilustración a cargo de Luz Beloso
› Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas en Compostela
17:30
Fundación Granell, Santiago de Compostela
Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas
› Conversa con Xurxo Souto e Kirmen Uribe na Coruña
18:30
UNED, A Coruña
Dentro dos XIV Encontros con Escritores da UNED
› Presentación de Viaxeiros de Peto en Compostela
18:30
Centro Sociocultural do Ensanche , Santiago de Compostela
Un álbum ilustrado dirixido a nenos e nenas de ata 7 anos aprox.
› Presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle Inclán en Ourense
19:00
El Cercano , Ourense
Beatriz Maceda presenta a súa novela xuvenil publicada por trifolium
› Roteiro con Héctor Cajaraville sobre Once portas en Compostela
19:00
Alameda, Santiago de Compostela
Con Once portas Cajaraville gañou o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole do 2016
› Recital Aquel Deus, aquelas escuridades, en Compostela
19:30
Biblioteca Pública Ánxel Casal, Santiago de Compostela
A cargo de Carlos Arias e Xoán Paulo Jouvencel
› Os xoves do Vindel, en Vigo
19:45
Edificio Cambón, Vigo
Organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
› Presentación de Alma e o mar en Compostela
19:45
Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
A nova novela de Francisco X. Fernández Naval, publicada por Galaxia
› Conferencia Eduardo Pondal, poeta na Coruña, na Coruña
20:00
Biblioteca Municipal de Estudos Locais, Coruña (A)
Acto de homenaxe a Eduardo Pondal
› Presentación de Que contan as ovellas para durmir? en Pontevedra
20:00
Casa da Luz , Pontevedra
Contacontos de Kiko da Silva con música de Roger Subirana
› Presentación de A senda de sal en Nigrán
20:00
Salón de Plenos, Nigrán
Último Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia
› Presentación de Estrelas da despensa galega en Compostela
20:00
Vide, Vide! , Santiago de Compostela
Os produtos e a cociña de Galicia son unha parte moi importante da nosa expresión cultural.
› Presentación de A lentitude en Compostela
20:00
Libraría Chan da Pólvora, Santiago de Compostela
Último libro de María Do Cebreiro, publicado pola Chan da Pólvora Editora
› Presentación de Tripas en Vigo
20:00
Libraría Andel, Vigo
Novo poemario de Alberte Momán
› Presentación de Saturno tamén é deus en Compostela
20:00
Libraría de Mulleres Lila de Lilith , Santiago de Compostela
Uxía Casal redita en Urco esta nova edición que ve a luz 20 anos despois da súa publicación
› Recital de A cadencia da fractura en Pontevedra
20:00
Libraría Paz, Pontevedra
Isaac Xubín recitará sobre o seu novo poemario, 'A cadencia da fractura'
› Lendas de tradición oral no Deza, en Lalín
20:30
Círculo Recreo, Lalín
A cargo de Xoán Carlos García Porral
› Presentación de Baixo os arcos da ponte en Pontedeume
20:30
Biblioteca Municipal, Pontedeume
Cuarta parte do cancioneiro popular eumés
Data :  14/12/2017
15
› Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación
00:00
Fundación Luís Seoane, A Coruña
Proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luis Seoane
› Os mundos de Carlos Casares
00:00
Museo Interactivo da Historia. Lugo, Lugo
Exposición central que conmemora o Día das Letras Galegas 2017
› Mesa redonda e presentación da publicación Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, en Compostela
11:00
Consello da Cultura Galega , Santiago de Compostela, A Coruña
No Consello da Cultura Galega
› Sesión de contos en pontevedra
17:45
Libraría Patakafrita, Pontevedra
Contos pintacontos realizada por Olalla González e Marc Taeger
› Lanzamento dos Wombis na Coruña
19:00
Marineda City, A Coruña
Esta obra forma parte dunha colección de libros que contan a historia dos Wombis
› Presentación na Illa de Arousa de Cociña galega tradicional
19:00
Gradisela, Illa de Arousa
Receitas, tradición, historía e evolución
› Presentación do libro BdG70. A revolta do comic galego na Coruña
19:30
Alita Cómics, A Coruña
Repasando a história da BD clásica
› Presentación de Tinta de luz en Compostela
20:00
Libraría Chan da Pólvora , Santiago de Compostela
Chan da Pólvora Editora estrea con este título a colección Udra de poesía para nenos e nenas
› Apresentação de Galeguia em Vigo
20:00
Andel, Vigo
Um livro poético aberto ao mundo,publicado por Chiado Editora
› Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento en Compostela
20:00
Númax , Santiago de Compostela
O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler é unha ofrenda e unha ofensa, un asalto e o mito reduci
› Presentación en Pontevedra de O Códice esmeralda
20:00
A Casa das Campás , Pontevedra
Alberte Blanco presenta a súa nova novela, publicada por Xerais
› Presentación de Alma e o mar en Ourense
20:00
Cercano , Ourense
A nova novela de Francisco X. Fernández Naval, publicada por Galaxia
› Presentación de Luns en Ordes
20:30
Museo do Traxe, Ordes
Obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016
› Presentación en Lugo de A raiña das velutinas
20:30
A.C. Cultura do País, Lugo
Libro co que Lionel Rexes acadou o Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta 2016
Data :  15/12/2017