FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

18 (Círculo Poético Aberto) de V.V.A.A.

Puntúa
(1 Votar)

«En 18, tal como explican no breve limiar as irmás Cruz e Rosa Martínez Vilas (rosanegra), cofundadoras de Penúltimo Acto e unhas das principais promotoras de todas estas iniciativas, “Agromou un sentimento de unificación, un devezo de adhesión para formar unha memoria física na que confluír todos os ríos nun mar de pensamentos. E de mares, pois cada mar é unha persoa que crea un océano. Estas follas son vidas e desexos nas 18 voces presentes nas moléculas deste papel”.»

«xaora, o que o libro aglutina son materiais literarios ben diversos, tanto polo vehículo lingüístico empregado (o galego de norma oficial na maioría dos casos, mais tamén o portugués e aínda variantes galegas lusófilas noutros casos) coma polas temáticas e estilísticas despregadas en cada caso.»

«Dezaoito poderosas razóns, por tanto, para facerse con este 18 e deixarse engadar polas moi variadas propostas que as autoras e autores do Círculo Poético Aberto nos ofrecen neste volume, unha boa mostra de como a comuñón na palabra vence calquera obstáculo e amplifica as posibilidades de facer oír as voces.»

Visto en: Galicia Confidencial | Armando Requeixo

AXENDA

Xullo 2014
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

NESTES DÍAS ...

Sen actividades

Empregamos cookies de noso e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer cómo cambiar a configuración, na nosa Politica de cookies.

Acepto as cookies deste sitio.

EU Cookie Directive Module Information