FervenzasLiterarias

Literatura galega na web dende 2007

Repositorio de recensións

 

sarou/louzós-xerais-de-ramón-caride-ogando «Sarou/Louzós, título onde Ramón Caride Ogando recolle textos vencellados entre si pola temática negra, pola temática negra e tamén pola súa expresión. Porén, no acerto desta reedición, cómpre sinalar outros dous aspectos que non deben pasar desapercibidos e teñen moito que ver, opinamos, en que tal...
15-mo-pobo-indignado-laiovento-de-vvaa«[15-M. O pobo indignado] pon en circulación un feixe de estudos analíticos, opinións e valoracións sobre o movemento.» «O pobo indignado, así pois, estrutura os seus contidos baixo unha ordenación tripartita. No primeiro bloque, con textos subscritos por Xosé M. Beiras, Francisco Sampedro, Xavier...
15724-xerais-de-xesús-constela«O lector discorre por [esta novela] con naturalidade e, sobre todo, cédelle axiña a necesaria complicidade que resulta operativa para situarse nun universo espacial emprazado nun tempo futuro que, con todo, se presenta ben transparente e case tanxible» «unha novela que exhibe un interesante xogo...
18-círculo-poético-aberto-de-vvaa«En 18, tal como explican no breve limiar as irmás Cruz e Rosa Martínez Vilas (rosanegra), cofundadoras de Penúltimo Acto e unhas das principais promotoras de todas estas iniciativas, “Agromou un sentimento de unificación, un devezo de adhesión para formar unha memoria física na que confluír todos os...
1980-ano-cero-toxosoutos-de-rubén-martínez-alonso«O pequeno, pero intenso, volume de oitenta páxinas leva un título que fai referencia á crenza de que tras a morte por suicidio unha persoa volve de novo ao ano cero.Trátase, pois, dun monólogo onde o tempo e mais o espazo desaparecen na procura da ubicuidade absoluta» «Ansiedade, obsesión, angustia,...
1984-faktoría-k-de-george-orwell-trad-de-fernando-maceiras«O selo Faktoria K achéganos en tradución ao galego unha das obras máis coñecidas e paradigmáticas nese intento de inventar o porvir, a cidade imaxinaria do futuro que traduza as esperanzas ou os medos dos seres humanos que viven nun presente preñado de eivas e imperfeccións.» «1984 non só é a máis...
a-agonía-do-león-esperanza-e-traxedia-dos-escapados-xerais-de-carlos-g-reigosa«o último libro en lingua galega do xornalista e narrador da Pastoriza Carlos G. Reigosa, premiado na súa versión castelá co galardón internacional Rodolfo Walsh de literatura testemuñal en 1996, representa, sen dúbida, todo un acerto ao situarse na encrucillada destes dous camiños.» «A agonía do león...
a-aldea-urco-de-xavier-frías-conde «A aldea, como o seu propio nome indica, ten como verdadeiros protagonistas últimos os nosos eidos, neste caso concretados no lugar de Vilaboa, espazo literario que se corresponde co real de San Salvador de Valledor, biograficamente tan caro ao autor.» «Polo libro adiante andan incrustados contos...
a-boca-chea-de-terra-rinoceronte-de-branimir-šćepanović-trad-de-jairo-dorado «Esta novela, galardoada en 1974 co premio literario «Outubro» de Belgrado, é unha desas alfaias extraordinarias que cómpre coñecer. A narración faime pensar na relevancia que posúen a exhibición da economía de medios, a sobriedade e a axilidade discursiva partindo dun argumento en aparencia sinxelo...
a-chuvia-humana-toxosoutos-de-ramón-caride-ogando«poemario bipartito onde a aforística de condensación epigramática alterna cos versos rememorativos de tempos e lugares idos.» «Caride Ogando desprega toda a súa inven(c)tiva retranqueira, xogando cos dobres sentidos, ambigüidades, anfiboloxías, oxímoros e outros recursos afíns, que vai salferindo en...
a-dama-fulxente-toxosoutos-de-antonio-piñeiro«A dama fulxente é a narración da peregrinaxe a Compostela por parte dunha nobre francesa do tempo de Luís XIV que, doente por causa dun mal descoñecido, deposita na intercesión xacobea as esperanzas da súa curación.» «na obra vai aparecendo tamén o mundo da iniciación místico-esotérica dos rosacruces...
a-derrota-de-galicia-xerais-de-antón-baamonde «Unha desas escasas voces que nos redimen de tanta idiocia é a do filósofo Antón Baamonde, lúcido esculcador da realidade circundante, dos convulsos espasmos da sociedade de noso que, sobre todo nos últimos tempos, ameaza con devorar os seus fillos cal Cronos irado.» «Toda este auténtico abanqueiro...
a-desaparición-de-esme-lennox-galaxia-de-maggie-o´farrell-rad-de-manuel-xestoso«A protagonista do relato, Esme, remata nos anos trinta pechada nun manicomio, a petición do pai, porque leva unha vida que non se axusta ao que a sociedade vitoriana inglesa tiña predestinados para a muller, como vestir roupas elegantes ou pensar só en casar e ser unha esposa convencional. » «Non...
a-forma-das-nubes-galaxia-de-maría-lópez-sández «A forma dasnubes é un texto coidadísimo desde o punto da vista do ritmo, da estrutura, da lingua, mesmo das mensaxes que quere transmitir, que son moitas e, as máis das veces, apenas insinuadas con trazo rápido, pero á vez intensas e nada perecedoiras.» «López Sández formula e desenvolve unha...
a-frecha-azul-do-teixo-espiral-maior-de-eva-veiga«Desde a constatación da irreversíbel aparición da morte segando a vida da súa nai, Eva Veiga escribiu este poemario de amor filial. Un poemario impresionante, non só por sentido senón máis por acadar unha expresividade poética complexa, tan requintada como simple e sen afastarse do camiño emprendido...
a-memoria-e-o-esquecemento-o-franquismo-da-provincia-de-pontevedra-a-memoria-e-o-esquecemento-o-franquismo-na-provincia-de-pontevedra-xerais-de-gonzalo-amoedo«[Gonzalo Amoedo] analiza, incorporando unha inxente documentación, a presenza e evolución do franquismo na provincia de Pontevedra, na liña doutras achegas que foron, van e irán vendo a luz, neste caso adoptando un criterio referencial e delimitativo como é o ámbito provincial.» «o obxectivo [...]...
a-narrativa-mariña-xerais-de-gonzalo-lópez-abente «Teño para min que a lectura destas pezas narrativas, ou a súa relectura, revela nunha primeira instancia a intensidade do compromiso dun autor coa posta en marcha dun proxecto moi concreto e singular como foi o de construír un corpus narrativo en lingua galega, que amosase unha temática popular...
a-revolta-dos-indignados-faktoría-k-de-vvaa-trad-de-ramón-nicolás«O volume recompila cinco reflexións que, en forma de palabra, foron pronunciadas en manifestacións do 15-M, ou artigos de análise que dan idea dabondo dos ideais e ideoloxía do Movemento 15-M. O volume segue o ronsel de Stéphane Hessel. Neste pequeno volume, como no de Hessel, reivindícase unha...
a-veiga-é-como-un-tempo-distinto-xerais-de-eva-moreda«Gelo da Veiga e Elisa dos Barreses atopáronse en Portobello Road. E co encontro aviveceu o lume dos sentimentos, a antiga relación, o desleixo, a sorpresa. Mais tamén alí naceu o medo. Así dá comezo esta achega de Eva Moreda á narrativa galega sobre a nosa emigración en Londres.» «Eva Moreda presenta...
a-verdade-sobre-marie-a-verdade-sobre-marie-galaxia-de-jean-philippe-toussaint-trad-de-carmen-e-dolores-torres-parís«Noites de tormenta, o purosangue Zahir, e o amor sensible do namorado de Marie, artellan a última novela de Jean–Philippe Toussaint» «o narrador–personaxe enfoca a Marie, sofisticada e soñadora como nas anteriores entregas, cun humor negro que non lle fará perder o seu sedutor erotismo. Se reflexións...
a-vida-fora-galaxia-de-miguel-sande«Un monólogo interior, o discorrer dunha consciencia convertida en palabras, nunha tarde de decembro, cuspidiña a todas as tardes de quince decembros que leva soa a anciá María, sentada nunha cadeira de rodas, recluída nun cuarto da súa casa, sentindo como minuto a minuto pasan os días, ata que erguen...
abecedario-das-mantenzas-xerais-de-fausto-galdo«Este Abecedario das Mantenzas é sen dúbida o seu testamento intelectual, non nos saberes médicos, pictóricos ou musicais, senón dentro da literatura gastronómica galega, na que intenta encher un baleiro: o de ser unha humilde achega a través de receitas, historias e lendas, e contándoo todo dun xeito...
acuática-alma-espiral-maior-de-marta-dacosta«Acuática alma é un manso fluír de sensacións, de reflexións, de sensibilidades. Un manso e constante fluír de derrotas e necesidades, de cansazos e abismos, de espellos e agardas, de vítimas e invisibilidades.» « esta poesía de Marta Dacosta no quere ficar en simple testemuño poético do camiño, senón...
alén-da-fronteira-sete-poetas-vascos-faktoría-k-de-vvaa«Alén da fronteira escolma media ducia de poemas de sete creadores éuscaros; a saber: Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga, Tere Irastortza, Xabier Lete, Xabier Montoia e Joseba Sarrionandia. A versión galega correu a cargo de Isaac Xubín, quen realizou aquí unha traslación a un galego vizoso,...
alusión-galaxia-de-arturo-casas«Ese singularísimo convivio entre literatura impresa e literatura dixital segue a dar entre nós vizosos froitos. Un dos últimos Alusión, o volume de ensaios breves do profesor e analista literario Arturo Casas» «Alusión nace da escolma de parte do escrito por Casas no blog Lándoas, activo na Rede entre...
amantes-ac-caldeirón-de-maría-lado«non hai moito Lado volvía aos dominios do verso sensual e amatorio cunha nova colección á que puxo o descritivo título de Amantes, volume co que se alzou co V Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, organizado pola moi activa Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica, que se está a...
amigos-e-sodomitas-a-configuración-da-homosexualidade-na-idade-media-sotelo-blanco-de-carlos-callón«atopámonos diante dunha obra verdadeiramente revolucionaria dentro do sistema cultural galego, xa que aborda directamente un tabú que segue a eivar o tratamento historiográfico que se fai incluso de esgrevios persoeiros da cultura galega.» «o autor agasalla ao leitor cun texto áxil e postmoderno,...
angel-esquire-hugin-e-munin-de-edgar-wallace-trad-de-alejandro-tobar «un vello millonario decide ao morrer legar a súa inmensa fortuna a aquel dos catro beneficiarios do seu testamento que sexa quen de resolver un criptograma que abre a combinación da caixa forte na que ten depositada toda a súa riqueza.» «Escrita cunha ollada cinematográfica evidente, Angel Esquire...
antoloxía-de-referencia-estapa-de-fundación-bubela-de-manuel-celso-matalobos-e-olga-patiño«Publicado por Bubela, a editorial matriz desta Vangarda Artística Galega, no volume recóllense textos dos autores fundadores do SENTIMENTALISMO: a Matalobos e Patiño,súmanse Carlos Arias,Cristina Ferreiro Real,X. Alfonso Parada, Mariña Pérez Rei e X. Manuel Valcárcel, quen é autor tamén da presentación...
antoloxía-de-referencia-etapa-de-implantación-bubela-de-carlos-arias-e-mariña-pérez-rei-eds «Dende hai tres lustros, a filosofía sentimentalista que fundara o poeta e intelectual lugués Xesús Manuel Valcárcel vén defendendo todo un marco de pensamento integral, radical e liberador, que ten na súa vertente artística e cultural o primeiro e, ata o de agora, máis feraz terreo de...
antoloxía-poética-galega-dun-tempo-e-dunha-terra-tambre-de-celso-emilio-ferreiro-texto-e-david-pintor-ilustracións-selec-de-gonzalo-navaza «Dun tempo e dunha terra articúlase como un repaso entre aquelas composicións poéticas máis significativas do poeta de Celanova, distribuídas a longo dunha serie de epígrafes que as agrupan atendendo ás principais liñas de forza dos seus contidos como son as de inspiración máis belixerante» « Esta...
apoloxía-dos-ociosos-trifolium-de-robert-l-stevenson-trad-de-mª-fe-gonzález«O texto, moi breve mais extraordinariamente intenso, articúlase como unha defensa dos valores da ociosidade e cómpre situalo nun ronsel de publicacións que, por volta do século XIX, ofrece propostas adubiadas cunha vontade subversiva diante do industrialismo galopante e de certa moralidade puritana do...
apuntamentos-de-jakob-littner-desde-un-burato-no-chan-rinoceronte-de-wolfgang-koeppen-trad-de-eva-almazán«Wolfgang Koeppen (1906-1996), un escritor que entre nós traspasaría as estremas do anonimato cunha triloxía que retratou a Alemaña da posguerra con sagacidade, pesimismo e enxeño. Malia todo, talvez sen procuralo, a estes Apuntamentos… coubéronlle a honra, e seica a responsabilidade, de converterse na...
ártico-20-galaxia-de-xavier-queipo«Hai libros que, desde ese fondal selectivo que é a memoria, acompañan ao lector ao longo da súa vida, dun ou doutro xeito, aínda que o ronsel que aqueles deixen se atope agochado, semioculto nalgún recanto do que un foi, do que un é. Desa estirpe foi, para min e coido que para moitos lectores que nos...
as-fiandeiras-galaxia-de-antonio-piñeiro«Narración de ambientación histórica (a acción transcorre no tempo das revoltas cantonais do XIX) e localización estradense, o protagonismo do relato recae sobre un pequeno grupo de mulleres que, organizadas nunha sorte de sistema cooperativista avant la lettre, ousan desafiar os poderes establecidos,...
as-palabras-que-move-o-mar-xerais-de-xaime-toxo«Xaime Toxo ofrécenos neste volume catro narracións breves que teñen como elemento común, agás a derraderia, o desenvolvemento en vilas mariñeiras e nun período temporal que abarca desde o remate dos cincuenta-sesenta á metade dos setenta do pasado século, polo que, dalgún xeito, podemos estar ante unha...
as-voces-baixas-xerais-de-manuel-rivas «neste libro realmente Rivas o que nos ofrece é un conxunto de memorias sobre a súa infancia e mais adolescencia ou primeiros anos de xuventude que constitúen non só unha memoria persoal, senón que tamén serven como memoria para a xeración dos nados na década dos cincuenta do pasado século,...
atlas-de-chaguán-a-porta-verde-do-sétimo-andar-de-rosa-enríquez «[...] o Atlas de Chaguán, este atlas humano de Rosa Enríquez, parte da inutilidade do coñecemento cando este chega tarde, cando xa nin o distinguimos. Adestrados na inacción e pasividade, nestas, a voz poética reclama atención, atención práctica e non teórica, á linguaxe, que é a ponte da nosa...
azul-ultramarino-q-de-vian-cadernos-de-josé-manuel-nunes-vilar «Azul ultramarino constitúe unha amplificación dese seu mundo literario marcado indeleblemente coa devoción polos enclaves xeográficos vitais (o Agremuínde do Páramo, A Coruña, Ferrol ou Láncara), mais tamén os espazos de querenza sentimental e ideolóxica (Portugal, Brasil, a Galiza...
brasil-no-centro-galaxia-de-xabier-rodríguez-baixeiras«Estamos pois diante dunha mostra paradigmática da chamada “literatura do eu”, hoxe tan de moda e que os críticos recoñecen como parte importante do presente e do futuro inmediato da literatura. Refírome a unha ferramenta literaria que non é autobiografía nin diario nin memorias en sentido estrito. Pero...
breizh-toxosoutos-de-miro-villar «[Breizh] articúlase como unha viaxe onde cada verso, cada haiku, supón un avance que percorre un territorio físico, xeográfico, inclusive identitario, mais tamén persoal, singularizado e privativo do autor.» «Os seus poemas, exhibindo un dominio técnico extraordinario, destilan esencialismo,...
bretemada-1917-1922-libro-inédito-alvarellos-de-gonzalo-lópez-abente««bretemada» aparece definida como «niebla espesa y rastrera que ensombrece las cosas máis próximas». Desde agora este será un termo máis familiar e próximo pois con el bautizou Gonzalo López Abente un monllo de poemas, escritos entre 1917 e 1922, aos que, significativamente, quixo darlles este titulo...
caderno-do-mendigo-barbantesa-de-luís-valle«A poesía de Luís Valle é a poesía do Alén,doutra dimensión, a poesía que (re)inventa unha realidades sen referente necesario ou posible.» «O lector terá que deixarse levar polo ritmo das palabras que nos levan ao baleiro dun espazo ou mundo propio.As metáforas enganduxadas sen conexión necesaria, sen...
café-só-morgante-de-anabel-alonso«Café só reúne quince relatos curtos precedidos e sucedidos dunhas prosas breves enmarcadoras. Son contos maioritariamente protagonizados por mulleres, de ambientación urbana ou vilega e todos eles figuran envolveitos por un celofán melancólico, de tristura inconsolable, señoreados pola soidade, a...
cando-partín-unha-mañá-de-verán-trifolium-de-laura-lee-trad-de-mª-fe-gonzález-fernández«O orixinal inglés da bitácora viaxeira por España de Laurie Lee foi seleccionada no ano 2009 polo xornal inglés Daily Telegraph como o segundo mellor libro de viaxes de todos os tempos.» «O relato de Laurie Lee é un lúcido testemuño dun país, daquela pertencente ao terceiro mundo, moi diferente da súa...
cara-a-unha-poética-feminista-homenaxe-a-maría-xosé-queizán-cara-unha-poética-feminista-homenaxe-a-maría-xosé-quiezán-xerais-en-edición-de-manuel-forcadela-e-camiño-noia«O libro [...] concíbese desde a perspectiva dos editores como unha achega a unha homenaxe máis ampla que a escritora merecería e organizada desde as instancias do diálogo “coa súa obra literaria e coa súa posición feminista a través de diferentes aparellos analíticos”.» «son numerosas e moi...
cartas-desde-a-terra-faktoría-k-de-mark-twain-trad-de-carlos-acevedo«As [...] ideas de corte progresista [de Mark Twain] fixéronse máis radicais co paso dos anos e aparecen reflectidas en Cartas desde a Terra, cuxa primeira edición non foi autorizada ata 1962, cincuenta anos despois do seu pasamento, debido á oposición da súa filla Clara Clemens que as consideraba...
castelao-na-unión-soviética-en-1938-xerais-de-xesús-alonso-montero«Ao inxente e polifacético labor de recuperación da nosa memoria e patrimonio cultural [...] que ven realizando desde hai moitos anos Xesús Alonso Montero, engádese arestora este libro sobre o filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil. Non se trata [...] dun “libriño” como o...
chegamos-despois-a-unha-terra-gris-xerais-de-raúl-dans«Un texto que propón unha vigorosa posta en esecena, pois é unha traxedia envolvente da que o espectador/lector non pode fuxir. Sempre se cuestionará até que punto o que está lendo/vendo é  só un caso exemplificante e hipotético. » «a peza organízase a redor dunha serie de conceptos temáticos. A...
cita-con-rama-hugin-e-munin-de-arthur-c-clarke-trad-de-alejandro-tobar«Arthur C. Clarke é un dos grandes clásicos do chamado “xénero de ciencia ficción dura” e Cita con Rama, unha obra de referencia, caracterizada polo estrito rigor científico acadado polo autor, explicable pola súa formación físico-matemática.» «Arredor desta historia futurista constrúe Clarke unha...
cita-en-fisterra-xerais-de-luís-rei-núñez«volume narrativo co que [Luís Rei Núñez] regresa á actualidade literaria para nos convidar a unha singular e irrepetible viaxe polas terras do que el prefire denominar a Costa da Morte do Sol, esa xeografía característica na que se dan a man o ríspeto das mareas vivas e os cantís esgrevios coa ánima...
como-defenderes-os-teus-dereitos-lingüísticos-xerais-de-carlos-callón«Carlos Callón ofrécenos neste libro un manual que resulta imprescincible se queremos facer valer os nosos dereitos para usar o galego en todos os ámbitos da vida, desde o Ensino ou a Administración de Xustiza ata ás comunicacións coas empresas de telefonía ou cos empregados que nos atenden, por...
como-en-alxeria-xerais-de-xosé-ramón-pena «[Xosé R. Pena] desenvolve un argumento que, baixo  unha estrutura circular, alterna o relato dunha serie de preocupacións de xorne político da man dun grupo de estudantes, con certo grao de compromiso na Galicia de finais dos anos cincuenta,  coa reprodución dunha longa entrevista...
contos-da-era-do-jazz-rinoceronte-de-francis-scott-fitzgerald-trad-rafael-salgueiro«Ler a Francis Scott Fitzgerald e revivir todo o glamour melancólico e autodestrutivo dos happy twenties son a mesma cousa. Ninguén coma el gozou tan intensamente aqueles anos de exceso, frivolidade e charm festeiro.» «Ese é o mundo que aparece, como protagonista ou simple escenario, en moitas das...
contos-da-terra-da-tarde-galaxia-de-bieito-iglesias«Os dezasete contos que reúne aquí Iglesias retoman os temas característicos da súa produción. A actualidade aparece representada no conto que abre o libro sobre a eutanasia, que nos lembra a historia real de Ramón Sampedro. O erotismo e mais o humor, así como a referencia á realidade do rural e do...
contos-e-descontos-narrativa-completa-toxosoutos-de-claudio-rodríguez-fer«Xúntase aquí [...] obras xa publicadas con anterioridade como Meta-relatos, en que esencialmente se reflexiona sobre o propio proceso narrativo e ficcional, ou a máis recente Os paraísos eróticos, en que se reactivaba o asunto erótico fundíndoo con elementos de carácter heteroxéneo como a antropoloxía...
crac-barbantesa-de-gonzalo-hermo«[Crac] É poesía moi actual e como tal rexeita o texto pechado, e como tal procura e provoca incómodas reflexións, incómodas revelacións aínda que só sexan preguntas, se cadra.» «poesía dinámica, que non queda en ser texto senón que agroma nel para que sexa de vostedes. Aprende a ser libre, a existir...
cráter-toxosoutos-de-olga-novo«a infancia, a vida no rural, o amor, a liberdade, o activismo...todo está na súa poesía, prendido en vieiros vitais e mais en estoupidos líricos que non entalan a súa poesía nun determinado movemento ou tendencia.» «Cráter confirma que a de Novo é unha poesía,sen dúbida, expansiva, que espreme o eu...
criticalia-sotelo-blanco-de-armando-requeixo«Que Armando Requeixo é ademais un dos lectores máis conspicuos, sagaces e mesmamente críticos do libro galego é algo no que acreditan moitos lectores, escritores e tamén moitos compañeiros da súa profesión /afección. A súa preparación académica, a súa sagacidade e acuidade para peneirar o gran da palla...
da-máquina-galaxia-de-alberto-lema «Alberto Lema ofrécenos un relato que transcorre na actualidade, mais con ingredientes de ciencia ficción, como é que un ordenador superpotente, a través da rede, e unha vez que se humanizou, se converta en líder da loita contra o capitalismo globalizador dos nosos días. A mestura de ciencia ficción...
dark-butterfly-xerais-de-rexina-vega«Unha novela na que a escrita ficcional se conxuga con certos elementos biográficos moi fortes, como confesa a propia autora, que atopa na escrita deste texto unha verdadeira catarse persoal.» «Unha vivencia abraiante da loucura, unha baixada aos infernos da demencia a través dun excelente relato,...
de-xente-nova-a-brais-pinto-xerais-de-xosé-fernández-ferreiro«Estruturada nunha manchea de capítulos breves de apenas un par de planas de extensión, a obra responde ao anunciado na cuberta, pois dá cumprida razón da nacenza do grupo literario Xente Nova no Ourense de primeiros dos cincuenta do pasado século e mais do posterior xurdimento (na primavera do 58) do...
déixame-ancorar-toxosoutos-de-yago-rodríguez-yáñez«os poemas deste libro descóbrennos un romántico de novo cuño, que ten no amor e as súas vicisitudes o tema central —e case que único— destas composicións, inzadas de declaracións apaixonadas a un ti omnipresente, destinatario duns versos onde os afectos teñen nos eidos labregos, as singraduras...
despois-da-medianoite-xerais-de-salma-trad-de-maría-reimóndez«Quen guste de inmiscirse e coñecer, mesmo emotivamente, a cerna dos  costumes e da idiosincrasia, as esperanzas e desesperanzas cotiás e vitais que alentan no espírito dunhas xentes, talvez de ficción, que poboan unha pequena vila india e musulmá, emprazada en Támil Nadu,  ten á forza que se...
dez-obras-na-vida-de-roberto-vidal-bolaño-biblos-de-camilo-franco «O presente Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, así pois, disecciona, informa e aproxímase con espírito crítico, divulgativo e en absoluto críptico, a un conxunto de obras dramáticas de Vidal Bolaño [...] conxugando a visión analítica coa adopción dun ton que converte o exercicio da...
dicionario-de-etnografía-e-antropoloxía-nigratrea-de-x-r-mariño-ferro-e-x-m-gonzález-reboredo«Os autores do Dicionario de etnografía e antropoloxía, X. R.Mariño Ferro e X.M,González Reboredo, achegan ao público de hoxe a memoria da cultura oral –poñéndoa en valor e ofrecendo unha interpretación dese mundo–, centrándose sobre todo na Galicia rural desde finais do século XIX deica mediados do...
do-idilio-á-diáspora-nigratrea-de-carlos-l-bernárdez «O subtítulo do libro –“modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane”– recolle acaidamente a orientación que este conxunto de ensaios proxecta, isto é,  interpretar analiticamente o que ocorreu na nosa pintura desde o chamado costumismo rexionalista do século XIX, pasando...
ecos-da-néboa-trifolium-de-ricardo-martínez-conde «No algo máis de medio cento de páxinas das que se compón a obra dáse cabida a preto de trescentos aforismos. Como non podía ser doutro xeito, as temáticas arredor das que estes xiran son ben diversas» «Formalmente estes textos adoitan ser moi breves, na maioría dos casos dunha única liña e, só...
ellis-island-franouren-de-georges-perec-trad-de-eduardo-estévez«O propósito de Perec céntrase no texto para subliñar a importancia que tivo na escrita o enfrontamento co espazo de clausura, diáspora e esperanza que foi, desde 1892 ata 1924 Ellis Isaland.» «A prosa poética ou o verso libre de Georges Perec recupera a historia de Ellis Island e, sobre todo, o...
emily-on-the-road-acha-escrava-de-ramón-blanco «Blanco é quen de erixir un discurso lírico, de xinea narrativa, dramático por veces, sempre integrador e estricando ao máximo o concepto do xénero,  onde quen a el se achegue atopará oralidade mais tamén moita literatura, incorporada no propio título que amalgama os ecos desa particularísima...
en-vías-de-extinción-xerais-de-maría-reimóndez « A novela, e non só por esa cuberta na que se incorpora unha árbore en parte grafitada nun muro e noutra como é natural de ver, amosa esa dualidade pola que transita a protagonista, a cabalo de desexos  truncados ou talvez acadados, entre as súas raíces, rurais e omnipresentes porque ao tempo...
esperando-o-leiteiro-galaxia-de-xosé-neira-vilas «monólogo que revela as claves dun protagonista de apenas vinte anos que agarda, nos primeiros anos da posguerra, cheo de impaciencia e case ata o desespero, o transporte madrugador dun leiteiro que o conduza á estación do ferrocarril de Compostela, a onde confía chegar a tempo para subir a un tren...
estética-e-temporalización-do-camiño-xacobeo-trifolium-de-antonio-gamoneda-trad-de-mª-fe-gonzález«As páxinas deste pequeno volume de Gamoneda refírense a algúns aspectos formais e iconográficos (arquitectura, escultura, pintura) e á escrita en función estética, relativos ao Camiño Xacobeo. A sensibilidade do escritor diante de certas formas artísticas e textos historiográficos, fixo que se...
eu-jean-gabin-galaxia-de-goliarda-sapienza-trad-de-mª-dolores-torres-parís«Escrita en primeira persoa, a narradora autodiexética amósanos unha porción do que Goliarda Sapienza chamaba “autobiografías das contradicións”,  un propósito de retornar coa distancia do paso do tempo sobre algúns momentos da propia existencia para comprender que cousas altera o tempo na memoria...
extramunde-xerais-de-xavier-queipo«Extramunde, Premio Xerais 2011, novela debida á autoría de Xavier Queipo, non é unicamente unha novela de aventuras no XVI. Tamén interpreta a sociedade de hoxe, século XXI. Lela só como novela de piratas é posíbel, igual que conformarse cos entrantres do xantar. Só a reflexión inconformista e activa...
fedor-sotelo-blanco-de-luís-valle«estamos diante dun deslumbrante conxunto de fulguracións. Xa que logo,cada unha delas –sucinta, mesmo ás veces mínima– contén toda a forza que esgaza o núcleo do átomo,a eclosión moi poderosa da poesía» «Estamos perante verdadeiras, auténticas pezas de ourivería. Algunhas delas deveñen absolutamente...
fisterras-atlánticas-galaxia-de-santiago-lamas «volume misceláneo no que o grande tema segue a ser aquel que percorre como un río subterráneo toda a súa escrita: a identidade. Identidade colectiva (pobo, estado, nación) ou individual (personalidade, ego e circunstancia, ser e espazotempo), mais sempre a grande cuestión: ¿(de) quen vimos...
flores-da-galvana-espiral-maior-de-iria-fernández-crespo«no poemario non é difícil rastrexar, ademais dunha auténtica fervenza de lecturas que [a autora] sabe magmatizar, un mesta rede de influencias ou diálogo recíproco coa tradición e a modernidade» «Este Flores da galvana é un volume no que hai ficción, claro é, mais talvez tamén...
follas-novas-el-patito-de-rosalía-de-castro-texto-e-álvaro-de-la-vega-ilustracións «Trátase dunha nova edición de Follas Novas, que preparou El Patito Editorial por mor da celebración do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e que se engade á serie de publicacións que o selo compostelán vén realizando arredor da obra literaria rosaliana.» «extraordinaria edición, da...
fraquezas-biblos-de-xosé-díaz-díaz«un libro compilatorio que inclúe algúns relatos premiados en diversos galardóns como son o Modesto R. Figueiredo, o “Ourense” de contos ou Os Viadutos do Concello de Redondela» «Fraquezas é un título que admite, por suposto, unha chea de interpretacións, mais a que aquí semella prevalecer é a que...
galego-de-lei-don-diego-sarmiento-de-acuña-i-conde-de-gondomar-biblos-de-francisco-maseda«Maseda reactualiza para nós a figura do persoeiro, salientado a súa galeguidade, ben patente, por certo, nunha famosa carta enviada polo conde ao secretario real de Felipe II, o valdeorrés Andrés de Prada, na que censura o menosprezo do que eran obxecto as nosas xentes e a nosa Terra en xeral por parte...
gran-tiburón-branco-xerais-de-samuel-solleiro «a escrita e a morte como elementos que talvez nucleen esta proposta escrita, ao meu ver, coa presión exacta que cómpre imprimirlle ao bisturí, mais tamén  dominada pola sutileza e o enxeño.» «volve Samuel Solleiro apuntando a un horizonte de expectativas que non repousa nos desafíos que...
historia-dun-ermo-asociativo-3c3-editores-de-daniel-lanero-táboas«Lanero Táboas reflexiona e amosa o estudo sobre as Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos —HSLG— é dicir, a sindicalización dos traballadores do agro ao xeito corporativista e, polo tanto, oposto aos sindicatos de clase e ao asociacionismo agrario anterior a 1936» «O estudo analiza nos dous...
historias-de-oregón-xerais-de-diego-ameixeiras«[Diego Ameixeiras] sabe situarse nese ronsel que, desde as instancias dunha limitación espacial determinada, conduce a soster unha trama próxima ás fronteiras do xénero negro.» «Con todo e se cadra dun xeito máis evidente e consonte cos seus trazos coñecidos como narrador de inequívoca vontade...
holocausto-zacoe-ie-miñoranos-de-calros-solla«Holocausto zacoe non un é libro de versos ao uso, é un urro esconxurador, o gargallo que cospe á cara dos seus executores o condenado a morte na súa derradeira xeira. Os poemas deste libro denuncian a actual doma e castración da nación zacoe, a súa sumarísima devastación por parte do “Estado Maior das...
hora-zulú-galaxia-de-santiago-lopo«a arquitectura compositiva de Hora zulú dá razón do seu caracter posmoderno, un territorio pouco frecuentado no sistema literario galego e que produce por veces certas doses de pasmo, mais cuxo mérito foi recoñecido xa hai moitos anos por escritores que traballaron desde o outro lado do espello como...
hotel-cidade-sur-galaxia-de-xerardo-quintiá«Hai en toda a literatura de Quintiá presenzas e motivos recorrentes, atmosferas que impregnan os seus textos e que viaxan dunha obra a outra, creando un cronotopo xenuíno que se rexe polas súas propias regras e que ten no Fornelos natal, no Friol tribal e no Lugo formativo e vital os tres vértices dun...
in-vino-veritas-galaxia-de-francisco-castro«unha novela que, en principio, parodia o xénero policial, mais tamén resulta unha reflexión, non sen unha boa dose de ironía, sobre o propio proceso de escritura do relato, e, para que nada falte, achégase á crítica dun dos fenómenos máis rechamantes do noso tempo: o telelixo.» «a novela ofrece, ao...
indeterminacións-axóuxere-de-carlos-lema «Se nos dispoñemos, logo, á lectura, atoparemos un conxunto de reflexións cuxa intensidade e fondura salientan con luz propia, ao non se veren diluídas no mar de palabras propio de ensaio máis amplo e monotemático; un tipo de ensaio caracterizado pola brevidade, ou pola hiperbrevidade, característico...
inflamable-positivas-de-samuel-l-parís «A súa indignada carta de presentación é o poemario impreso inflamable, toda unha declaración de principios dende o mesmo título que ve luz, amais, nun selo e nunha colección con tradición subversiva: Di-versos, de Edicións Positivas.» «compr[á]ce[se] a estética de París en camiñar ao desvío e...
iria-xerais-de-anxo-angueira«Iria  é outra novela poderosa que amplía o escenario e nos leva a horizontes temporais máis próximos a nós, a finais dos anos sesenta. Outro libro comunal e novela  igualmente de inmersión, de esperanzas, loitas, epopeas.» «Tres fíos narrativos conflúen no romance:  a narración das...
laura-no-deserto-galaxia-de-antón-riveiro-coello«Riveiro Coello consegue con esta novela de setecentas vinte e tres páxinas unha grande obra onde combina de xeito adecuado a polifanía de distintos narradores, así como espazos e tempos diferentes, logrando ademais manter o interese do lector ao longo de tantas páxinas ao saber botar man de recursos...
limiar-de-conciencia-de-cris-pavón «Pavón focaliza o material que traballa.  Sen dúbida, trátase dunha novela complexa, inspirada na hibridación xenérica, que beirea a ficción científica para nos situar nun universo no que a intelixencia dos ordenadores é unha realidade palpable, chegando a actuar de seu e construíndo...
lois-pereiro-vida-e-obra-xerais-de-iago-martínez«[...] este é un deses libros que chegan para quedar. E non é, talvez, mala cousa chegar a este porto final,  logo de abondas singraduras particulares por estes mares de papel pereirianos, felizmente exhausto e enriquecido sempre pola enxurrada de publicacións que viron a luz de e sobre Lois...
loita-de-clases-e-represión-franquista-no-mar-1864-1939-xerais-de-dionisio-pereira«En Loita de Clases e represión franquista no mar (1864-1939) acumúlase unha boa parte da investigación desenvolta por el desde os anos oitenta sobre esta temática. [...] Agora preséntanos unha visión máis completa en parte grazas á súa colaboración no equipo de investigación “Nomes e voces” a cuxos...
lúa-loura-follas-novas-de-antonio-domínguez-rey «[Lúa Loura] combina a emoción de quen recupera na madurez da emigración en París (o poeta vivía no momento da redacción de moitos dos poemas en París) a lingua galega da infancia, como recoñece o propio autor no prólogo, para expresar a súa intimidade cunha poesía propia de quen domina a fondo os...
luís-seoane-en-compostela-e-outros-ensaios-laiovento-de-antón-capelán«[Antón Capelán] ofrece unha miscelánea de innegable interese tanto para os afeccionados ás investigacións de corte literario e interpretativo como para quen desexe coñecer algo máis sobre a biografía e traxectoria intelectual de catro autores salientables da nosa tradición e de desemellantes xeracións...
luís-soto-a-xeira-pola-unidade-galega-xerais-de-xurxo-martínez-gonzález«Nesta moi documentada crónica biográfica, Martínez González dá conta do seu nacemento na Bola (1902) e primeiros anos de estudos en Vilanova dos Infantes e Celanova e da súa marcha á emigración arxentina. Mais tamén das súas primeiras experiencias xornalísticas naquela terra» «antes do estourido da...
lume-de-cobiza-galaxia-de-miguel-anxo-fernández«[Frank Soutelo] regresa á terra dos seus devaceiros (pai de Soutelo de Montes, nai de Muros), nesta Lume de cobiza ubicada temporalmente naquela vaga de lunes que Galiza sufriu no verán de 2006. É isto o primeiro que queremos salientar,a vontade de mergullar a ficción na realidade; ou,dito doutra...
mary-wollstonecraft-shelley-e-a-súa-critura-artificial-xerais-de-maría-xosé-queizán«[María Xosé Queizán] detense na biografía de Mary Wollstonecraft Shelley, no seu carácter de orfa e mais na presenza constante da súa nai, a pensadora Mary Wollstonecraft –autora de Vindicación dos dereitos da muller (traducida ao galego por Mª Fe González Fernández para Sotelo Blanco)– quen morreu dez...
mazingz-espiral-maior-de-carlos-solla«Pasaron 50 anos, desde [...] Longa noite de pedra. E, neses cincuenta anos, a poesía galega evoluiu moito e, consecuentemente coas mudanzas que os tempos trouxeron, adoptou novas formas e tamén novas estratexias comunicativas. [...] En MazinGZ, XIV Premio de Poesía Johán Carballeira, lense poemas deste...
meu-pai-vaite-matar-xerais-de-maría-xosé-queizán«A autora usa un narrador en terceira persoa omnisciente para contar a historia de Diana marcada pola pederastia e mais polo maltrato machista. Este narrador medita e adoutrina sobre o machismo ou mesmo sobre as diferentes formas da pederastia, especialmente a dos cregos ou a dos familiares máis...
microbios-e-outros-paquidermos-galaxia-de-fernando-díaz-castroverde«Esta colección de cento vinte microrrelatos mereceu o Premio Narrativa Breve Repsol. Entre estes cento vinte textos hai de todo. Algunhas destas micronarracións están conseguidas, mais outras caen no terreo do chiste, da meditación filosófica ou incluso da greguería extensa.» «o autor acerta nalgúns...
mitoloxía-de-galiza-lendas-tradicións-maxias-santos-e-milagres-galaxia-de-vítor-vaqueiro«cómpre saudar con satisfacción este gran traballo documental, expositivo e divulgativo, que vén da man do narrador e investigador vigués Vítor Vaqueiro, quen reformula e amplía considerablemente un ensaio anterior aparecido hai máis de dez anos baixo o título de Guía da Galiza máxica.» «excelente...
molto-amoroso-follas-novas-de-úrsula-heinze«O máis recente libro de versos de Heinze é, en realidade unha nova edición —coa engádega da tradución galega— dun anterior texto seu aparecido en alemán, Saeculum saeculorum (Mainaschaff, Gallinge, 2003), que achega ao lector de noso un ben trabado conxunto de poemas nos que, servíndose como cita dos...
monicreques-pen-galicia-de-xosé-daniel-costas «Paréceme que con este libro o xurado [do X premio de poesía Novacaixagalicia] optou por unha decisión sen dúbida arriscada mais, probablemente, moi acertada pois o galardón contribúe, alén de dar a coñecer o poemario -algo relevante nestes tempos menesterosos-, a ir  situando no centro o que,...
morgana-en-esmelle-galaxia-de-begoña-caamaño«[Begoña Caamaño] ofrece, con Morgana en Esmelle, o que pode parecer unha chiscadela ao modelo narrativo cunqueiriano  que se reapropia dos mitos e que os modifica, que o é, pero tamén moito máis. » «O Merlín que Caamaño perfila é un personaxe que quere pasar os seus derradeiros días afastado do...
morto-en-fucsia-biblos-de-elena-veiga-rilo«A novela, que consiste múltiples lecturas, está escrita desde variados puntos de vista; nela interectúan diferentes personaxes, condicionados polas súas historias e os seus traumas,  a partir dun fío condutor: un crime que unha prolepse anuncia desde o comezo.» «velaí unha visión do mundo actual,...
murguía-galaxia-de-xosé-ramón-barreiro-fernández «Anos e anos de abnegado traballo en bibliotecas, arquivos e hemerotecas. Centos de lecturas de monografías, volumes colectivos, libros de actas e ensaios varios. Esculca de ducias e ducias de textos publicados polo escritor e do seu amplísimo epistolario. Velaí o intenso quefacer que Barreiro...
nas-montañas-da-loucura-urco-de-hp-lovecraft-trad-de-tomás-gonzález-ahola«O atormentado individuo que Lovecraft foi acrisolou neste título moitas das súas teimas, recorrentes na vasta bibliografía que nos legou. Porque se algo hai de seguro é que este xenio precoz (con dous anos recitaba poesía, con quince escribiu a súa primeira obra e con dezaseis era columnista no...
náufragos-do-paradiso-galaxia-de-lois-pereiro  «Sabemos así que Lois Pereiro comezou a escribir o texto desta nouvelle a finais dos 70, con vinte anos, durante a súa estadía en Madrid. O texto foi retomado e retocado en varias ocasións e finalmente apareceu publicado en Luzes de Galiza, ao ano seguinte do pasamento do poeta.» «Define o...
ninguén-xerais-de-fran-alonso«Os dez relatos breves que compoñen este libro de Fran Alonso presentan unha boa radiografía, tanto física como espiritual, nas nosas cidades e das persoas que as habitan.» «Alonso articula os dez relatos a través dunha serie de hoax e fai que o derradeiro dos relatos se basee neste tipo de mensaxes...
non-hai-noite-tan-longa-xerais-de-agustín-fernández-paz«Con Non hai noite tan longa, Agustín Fernández Paz achégase ás estremas. Un seu xeito de narrar —ben característico, por certo— amosa aquí acabado compendio, pois non poucos dos sinais de identidade da súa escrita recente alcanzan agora máximo relevo.» «A traizón, o engano e, sobre todo, a culpa, son...
o-amor-que-eu-levei-de-santiago-toxosoutos-de-yara-frateschi-vieira-isabel-morán-cabanas-e-josé-antonio-souto-cabo «Xenuína guía literaria de Compostela e arredores, nas súas páxinas un pode moi ben ir (re)descubrindo a vella capital axudado polas alusións que á mesma os nosos trobadores deixaron nos seus versos ou por ser algúns deles creadores vinculados á cidade.» «Rigor na edición dos textos mais aliviado...
o-bebedor-de-rakia-xerais-de-xesús-manuel-marcos«Este volume, abeirado á ficción pero con evidentes ancoraxes na realidade histórica, volve os ollos de novo a aquelas historias [da guerra dos Balcáns] e faino atendendo en gran parte aos terribles e cruentos sucesos alí ocorridos, mais tamén ás consecuencias que produciron as vivencias que Alberte...
o-curioso-mundo-das-persoas-normais-galaxia-de-xosé-monteagudo «Xosé Monteagudo confesa nunhas liñas epilogais que a cerna da historia que se contén en O curioso mundo das persoas normais xorde dunha noticia xornalística publicada hai pouco máis de dous anos na que se daba conta, en esencia, do falecemento de Agapito Pazos no Hospital Provincial de Pontevedra,...
o-día-que-morreu-steve-macqueen-a-porta-verde-do-sétimo-andar-de-kiko-neves«[Kiko Neves] decidiu escribir unha sorte de On the road á galega na que un mozo carteiro, Xabi Ribax, consegue publicar a súa primeira novela e, impelido por unha moderada boa recepción pública da mesma, decide deixar a súa vida de rutina e botarse aos camiños para percorrer Galicia de arriba a abaixo,...
o-forasteiro-misterioso-hugin-e-munin-de-mark-twain-trad-de-alejandro-tobar  «O forasteiro misterioso é unha peza singular na traxectoria literaria de Twain. Para empezar, non foi nin sequera publicada en vida do autor, senón que este deixou mandado ao seu albacea Albert B. Paine que non se dese a coñecer ata despois da súa morte, como así foi, pois a primeira edición da...
o-libro-negro-galaxia-de-orhan-pamuk«O libro negro é un texto que agocha tal riqueza e cobiza literarias que iso mesmo o converte nunha novela complexa. O pretexto argumental é extremadamente convencional: a busca da esposa desaparecida.» «O libro negro é unha arañeira literaria, unha armazón de historias e de verdades que nos...
o-máis-estraño-contos-reunidos-xerais-de-manuel-rivas« recente aparición do volume O máis estraño. Contos reunidos, onde o autor puxo por xunto, na que é a súa casa dende sempre, Xerais, a práctica totalidade dos relatos que foi dando a coñecer nestes anos.» «Por tanto, das oitenta e unha historias do volume unicamente a derradeira, “A sombra dun soño”,...
o-mariñeiro-con-cabalos-matutinos-baixo-o-vestido-barbantesa-de-elías-knörr«[O mariñeiro con cabalos matutinos] trátase da tradución, ou anosamento, dun texto en islandés; lingua na que Knörr é considerado, xunto a Sjón e Kári Tulinius, un dos tres poetas máis representativos da illa.» «o que destacamos aínda é a conexión co creacionismo e con mundos líricos presentes na...
o-mercado-e-a-globalización-trifolium-de-josé-luís-sampedro-trad-de-mª-fe-gonzález-fernández«O libriño de Sampedro é un ensaio non só moi actual na presente conxuntura para permitirnos entender algunhas das raíces conceptuais dos movementos a prol da democracia real, senón tamén, esclarecedor de ideas e conceptos desa filosofía do mercado, a súa estrutura e evolución recente, que leva o nome...
o-misterioso-dr-saa-xerais-de-xosé-díaz-díaz-e-belén-fernández-guzmán«[O] Conde Waldemar, unha personaxe que non deixa de lembrar a figura de Carolina  Otero, a Bela Otero, por ambos se dedicaren ao mundo do espectáculo e polo grande poder que chegaron a ter nas súas mans e tamén polo feito de lograren ser personaxes moi coñecidas partindo desde o rural...
o-morador-da-fenda-contos-estraños-de-roberto-a-rodrigues «[...] a narración de Rodrigues camiña no ronsel das mellores do xénero, servíndose con proveito dos recursos propios das obras desta natureza, onde elementos como a presenza do sobrenatural, os seres malignos, os mapas de territorios ignotos, os obxectos máxicos e/ou simbólicos e os heroicos...
o-penalti-de-fuco-baía-de-afonso-eiré«unha das meirandes paixóns humanas da actualidade, como é o fútbol, non ten precisamente tratamento delongado nas letras literarias (malia ser unha das poucas épìcas que se relatan no noso cotián) e non adoita ser tema central de moitas tramas novelescas.» «Neste caso é un penalti, mais noutros foi...
o-pobre-tolo-demo-de-inacio-textos-e-iván-suárez-ilustracións «Nesta entrega inicial achégasenos en imaxes á peripecia vivida por Castelao durante o seu desterro a Badaxoz entre 1934 e 1935. Con extraordinaria sobriedade visocromática e textual, Inacio e Iván Suárez conseguen transmitir o fondo sentimento de estrañeza que debeu alagar a ánima do rianxeiro...
o-rastro-que-deixamos-xerais-de-agustín-fernández-paz «O criterio que lle confire sentido ao libro é, sen dúbida, o compilatorio respecto de material que viu a luz en diferentes soportes e distintas épocas, incluíndo tamén algúns inéditos e, para ser franco, ambos os dous eixes nuclean salientables focos de interese, amalgamándose baixo unha innegable...
o-silencio-xerais-de-mario-regueira «O silencio é un vitral postapocalíptico, mergullo sen escafandro no fondo abisal do bélico, dos intersticios silandeiros que preceden, suceden e alimentan todas as confrontacións armadas.» «A orfandade, a desposesión, o desamparo, un baleiro coma o oco que abre a espiral do proxectil no medio e...
o-sorriso-de-hitler-toxosoutos-de-xosé-alfredo-naz-fernández «O título da proposta alude  á semellanza física que hai entre un preso e o propio Hitler, o que lle ocasionará funestas consecuencias ao primeiro, pero isto é só unha parte dun relato concibido como un discurso sen interrupcións polo que nos conduce a memoria dun fotógrafo e intérprete chamado...
oito-minutos-rinoceronte-de-péter-farkas-trad-de-sergio-de-la-ossa-e-veronika-gergely «Farkas deseña sen edulcorante ningún, lonxe de agochar a crueza das situacións, as dimensións da decadencia e decrepitude do ser humano, tamén das pegadas do paso do tempo, a través de dous personaxes innomeados: un home e unha muller que conviven, que seguen convivindo porque entre eles hai algo...
orlando-pendurado-xerais-de-goretti-fariña«pequena peza narrativa, ganduxada cunha fermosa prosa que abala constantemente entre a sorpresa do meiró literario e a orixinalidade retranqueira, e que lle dá forma a este Orlando pendurado» «En apenas oitenta páxinas a autora ten espazo e sobre todo enxeño e pragmática narrativa para achegarnos...
oroonoko-hugin-e-munin-de-aphra-behn-trad-de-mª-fe-gonzález «Oroonoko é unha peza que recomendo vivamente, por moi diversas razóns. A acaída tradución en galego que se ofrece nesta edición, un libro editado orixinalmente en 1688, súmaselle a vontade de rescate dunha voz ocultada tantas veces no seo dunha sociedade patriarcal que negaba o pan e o sal á...
os-ángulos-da-brasa-faktoría-k-de-manuel-álvarez-torneiro«unha achega relevante dentro do seu corpus poético, desde as instancias do propio título que fai pensar nas posibles perspectivas desde as que abordar un símbolo central: a combustión conclúe, o lume esmorece mais aínda irradia unha calor abonda e potente que se magmatiza nestes versos. » «Torneiro...
os-ditosos-anos-do-castigo-barbantesa-de-fleur-jeaggy-trad-de-cristina-gonzález-piñeiro«Na novela do século XX un tópico, entendido o termo tópico como tema ou motivo que se repite na literatura ao longo do tempo, é o da educación infantil-xuvenil, especialmente no marco dun colexio ou internado. A novela curta que agora comentamos incide neste tópico, mais cunhas boas doses de...
os-fillos-do-mar-xerais-de-pedro-feijoo«Feijoo manexa con tino un bo feixe de recursos que deberían conducir esta novela a converterse nun dos libros de máis amplo espectro entre o lectorado, sen que isto supoña dar as costas á calidade literaria que a calquera novela se lle debe esixir e aínda máis se a proposta se achega, talvez tanxencial...
os-quilómetros-que-percorremos-dende-aquela-toxosoutos-de-alberte-momán«Os tres bloques de sentido ao redor dos cales xira o tecido poemático da obra preséntannos universos relacionais definidos pola súa problematicidade. Son, estes, mundos do amatorio onde a ausencia, a soidade e o silencio pairan derredor e teñen de ser esconxurados pola brasas de Eros. Hai, pois, un...
outono-aquí-sotelo-blanco-de-mario-regueira«O pasado de Xoán –exitosa figura da nouvelle chanson, con residencia en Gante– regresa en forma de soño de anestesia.Ten trinta e seis anos; e cancro.» «A narración –un logrado retrato de personaxes– avanza mentres reconstrúe os sucesos pretéritos, punteada polos compases melancólicos dos temas...
pan-de-ánimas-xerais-de-xoán-abeleira«este é un poemario votivo, unha ofrenda, mais tamén un canto celebrativo e un espello verbal dun camiñar de ascensión e fusión mística, pois se algo hai que unifica os versos deste libro ―moi dispares en todos os sentidos― é a súa comuñón espiritual.» « hai en Pan de ánimas un mesmo latexo cósmico que...
pequenos-encontros-as-marcas-deixadas-obra-poética-reunida-1967-1995-espiral-maior-de-farruco-sesto«Alén do poemario Isolda, publicado orixinalmente en Sotelo Blanco aló polo ano 1990, Farruco Sesto (Vigo, 1943) posuía unha obra poética practicamente inaccesible, mesmo un tanto enigmática, malia ser considerado por algunha crítica como un dos poetas máis salientables da súa xeración. Deste...
pintalabios-toxosoutos-de-ana-cibera«Pintalabios é un poemario que aborda a comunicación xestual,sensual e sensitiva desde unha perspectiva moi concreta e,ao tempo, inmensa, que é a boca.A boca como referente de necesidades primarias e sublimes paixóns.» «É digno de subliñar o traxecto ou integración que se apodera do eu poético neste...
planh-o-figurante-de-anne-marie-cazalis-trad-de-edelmiro-momán-noval-e-vlasta-momán-kováčová « Planh é unha obra que viu a luz orixinalmente en 1944, pouco despois de que Cazalis gañara o premio de poesía Paul Valéry e meses antes do final da ocupación alemá.» «Estes poemas que agora se rescatan, axiña nalgunhas librarías, prológanse por Edelmiro Momán quen informa atindamente...
poñente-xerais-de-pere-tobaruela-trad-de-ana-boullón«Pere Tobaruela mestura nesta novela dous tempos: o presente, co desenvolvemento dunha relación amorosa, e mais o pasado (a época do reinado de Isabel II), coa historia dos industriais cataláns establecidos na costa galega para desenvolver a industria da salga da sardiña, e mesmo outros negocios...
premios-pedrón-de-ouro-toxosoutos-edición-de-xr-fandiño-e-david-g-couso «esta edición goza dun atractivo especial ao contemplar un estudo previo a cargo de Xosé Ramón Fandiño Veiga no que, entre outros extremos arredor da historia do premio, inclúe unha útil relación de premios, xurados e concellos patrocinadores das trinta e sete ininterrompidas convocatorias, ficando...
prisciliano-e-o-pricilianismo-biblos-de-victorino-pérez-prieto-editor«A obra, que nos achega Biblos Club de Lectores na súa colección Mandaio, recolle traballos do simposio organizado xuntamente coa Universidade Menéndez Pelayo en xullo de 2010 na vila de Ortigueira co mesmo título do libro que viu luz no pasado verán. Especialistas de indubidable categoría científica...
proceso-a-unha-biblioteca-laiovento-de-francisco-xavier-redondo-abal«O título, “Proceso a unha biblioteca” amosa á perfección o sucedido coa biblioteca do rianxeiro. O propietario, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, estaba fóra, en Madrid. Xa non regresará a Galicia comezando un exilio por terras europeas e americanas. A incautación dos seus libros realízase polo...
proceso-e-encarceramento-de-ramón-piñeiro-galaxia-de-xosé-manuel-dasilva«Ramón Piñeiro foi detido no ano 1946 por conspirar contra o réxime franquista e condenado o 25 de outubro de 1947 á pena de seis anos de cárcere, dos que cumpriría tres. Polas mesmas memorias de Piñeiro, sabiamos que, mentres estivo detido nos sotos da Dirección Xeral de Seguridade, “afortunadamente...
punto-de-fuga-demo-de-miguel-cuba«Punto de fuga narra en imaxes acompañadas de breves textos o día a día dun mozo que vive en Compostela e loita por atopar o seu lugar na sociedade, por integrarse vital e laboralmente, conseguir regularizar as súas avoltas relacións sentimentais e lograr dar un sentido ao seu futuro.» « atrae de Punto...
queer-emos-un-mundo-novo-galaxia-de-teresa-moure «Ao longo de cinco amplos apartados, Moure aborda a realidade xenérica dende os postulados defendidos pola teoría queer, apelando para o mesmo a dimensións filosóficas, lingüísticas, sociais e literarias que debuxan un complexo mapa de interaccións limitadoras unhas veces, opresivas outras, que...
rapoemas-galaxia-de-aid «Rapoemas [...] ofrece, por xunto e cun feliz resultado, textos da poesía galega clásica levados pola  voz e  ritmo hip hop da cantante viguesa Aid.» «Aid realiza sorprendentes e frescas versións musicadas de diversos poemas rosalianos, xunto con outros da autoría de Curros Enríquez,...
romances-populares-gallegos-nigratrea-de-alfonso-hervella-courel«Esta colectánea de romances foi recollida por Hervella Courel a primeiriños do pasado século nas parroquias do seu concello natal, Viana do Bolo, e lindeiras. Por volta de 1909, cando en Santiago de Compostela se celebrou a Exposición Rexional, o recompilador vianés tiña xa elaborado un romanceiro de...
rosalía-e-murguía-na-procura-da-patria-soñada-lóstrego-de-diego-pardo-amado«Un investigador mozo, Diego Pardo, ofrécenos nesta investigación unha análise da recepción da obra rosaliana entre 1857 (ano da publicación da crítica de Murguía sobre La Flor) e 1916 (data de Rosalía Castro: Notas biográficas, de González Besada).» «Salienta o autor a importancia que Manuel Murguía...
ruído-de-fondo-xerais-de-daniel-salgado «Salgado descende aos infernos, ou se cadra tan só os outea  desde a precisa distancia para adquirir unha perspectiva que posibilite ir espellando alertas sobre a realidade caótica, a desorde -tamén na formulación estrutural-  e o balbordo do tempo presente» «[Daniel Salgado emprega un]...
sangue-no-ollo-papilosante-de-juan-parcero«A novela curta de Parcero é un ben levado teatro de personaxes no que, con devecido escalpelo psicosocial, se nos conduce a través das angueiras dun proletario oficinista de vida anódina e rutineira.» «Esmagado polas súas frustracións vitais, na corda frouxa do desequilibrio emocional perpetuo, o...
seara-obra-poética-1971-2011-espiral-maior-de-xosé-vázquez-pintor«confésome un afervoado defensor e relector da súa narrativa, que considero un luxo pola capacidade imaxinativa que atesoura, cicelada cun esixente e vizoso rexistro literario» «Este Seara, termo que anoa os dous espazos vivenciais básicos do autor, esa terramar que vai de Cangas a Agolada, redescobre...
semanas-meses-faktoría-k-de-reko-e-tina-lundán-trad-de-jarna-piippo-e-ramón-nicolás«Reko Lundan foi un dos dramaturgos máis premiados en Finlandia.Morreu no ano 2006 aos 37 anos a causa dun tumor cerebral.Cando lle diagnostiacaron a enfermidade comezou a escribir un diario.A súa dona,Tina Lundán, fixo o propio.En cadansúas páxinas,ambos foron verter as vivencias,osmedos,a esperanza...
ser-auga-darse-en-auga-medio-século-1958-2008-pen-galicia-de-bernardino-graña-ed-de-miro-villar«[...] intelixente e documentada escolma poética, da achega poética global que, ao longo de medio século, un gran poeta como é Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi deixando espallada nos seus numerosos libros.» «A antoloxía, ampla e ilustrativa, exhibe de seu a espectacular riqueza...
servizo-de-correos-hugin-e-munin-de-charles-bukowski-trad-de-alejandro-tobar«Bukowski, que foi realmente carteiro en Los Ángeles, preséntanos nesta novela a peripecia vital do carteiro Henry Chinaski. Ao lado do autobiografismo, pois Chinaski é realmente o alter ego do propio Bukowski, nesta primeira novela é onde Bukowski nos lembra máis o Henry Miller dos Trópicos» «Está...
servos-e-escravos-altomedievais-no-noroeste-da-península-ibérica-toxsoutos-de-marcos-fernández-ferreiro«A obra de Fernández Ferreiro analiza o vocabulario utilizado no Medievo para facer referencia aos chamados dependentes; isto é, aquelas persoas carentes de certas liberdades e portadoras, polo contrario,de determinadas obrigas» «Para este labor,o autor atende a dúas clases de análise:unha,o estudo...
sinistra-deixa-toxosutos-de-isidro-novo «Abéirase Isidro Novo [...] a un xénero talvez non moi transitado nas letras galegas mais de ampla proxección popular como son os sucesos de corte paranormal, incardinados nunha historia na que se paira a vontade de reconstruír a identidade familiar a partir dun feito concreto como é o de comezar a...
sobre-a-lectura-seguido-de-dias-de-lectura-trifolium-de-marcel-proust-trad-de-carlos-lema«Non é doado salientar nunhas liñas o espírito global deste ensaio de Proust, por outra parte moi ben reflectido no limiar de Lema, mais alén do gozo que supón poder ler outra vez unha prosa dificilmente imitable e tan suxestiva, paréceme especialmente estimable o exercicio de evocación que realiza das...
sombras-famentas-e-outros-contos-para-ler-de-noite-urco-de-jacobo-sánchez-feijóo«nove textos de variada natureza: unha novela curta (o autor prefire chamala “conto longo”, mais considero que nin narratolóxica nin estruturalmente pode denominarse así esta narración de sesenta e dúas páxinas) de tema vampírico, “Sombras famentas”, e oito relatos do reverso estraño do...
sonetos-xerais-de-william-shakespeare-trad-de-ramón-gutiérrez-izquierdo«Contribúe [...] a encher lagoas, e faino ademais dun xeito encomiable, a recente tradución e edición que dos Sonetos de Shakespeare vén de facer Ramón Gutiérrez Izquierdo. Os Sonetos de Shakespeare, eses 154 sonetos escritos ou atribuídos ao dramaturgo inglés, malia os inquéritos, conxecturas  e...
tinta-galaxia-de-inma-lópez-silva «teimas, obsesións e paixóns convertidas en palabras ás que a tinta dá vida.» « Quen se entregue a estas páxinas de Tinta, así pois, advertirá ben doadamente como a acaída descrición de atmosferas, situadas en moi diversas épocas históricas, vai  configurándose como un elemento clave no seo...
todo-ok-xerais-de-diego-ameixeiras «Todo Ok inspírase, ao que parece, nunha noticia xerada do apreixamento dun somerxible destinado a introducir cocaína co pano de fondo dunha conexión entre narcotraficantes galegos e colombianos. De feito, o fío argumental protagonízao Inés Landeira, unha muller que se viu involucrada nese delito e...
tonas-de-laranxa-xerais-de-maría-lorenzo-miguéns-e-manuel-lorenzo-baleirón«Tonas de laranxa, este agasallo dos deuses da literatura, alicérzase, entre outros cimentos basilares, nunha inmensa capacidade  creadora (fabular e manexar de xeito farturento a lingua de noso), nunha tradición literaria moi arraigada entre nós que converte os soños en realidades cotiás e estas,...
transmuta-xerais-de-xabier-cordal«transmuta é unha galaxia versal, unha pléiade de textos astro que entrecruzan as súas órbitas describindo complexos movementos de translación e rotación.» «versos da memoria, da individual (morte da nai, sombras grimorias do pai, infancia que se evadiu pola corda do horizonte) e da colectiva...
un-dedo-manchado-de-tinta-xerais-de-manuel-portas«unha novela cunha estrutura singular e innovadora: ganduxada co fío e a agulla de cinco historias que o lector empeza a ler sen se decatar de que entre elas hai unha relación aparente, subterránea quizais, que reflicte esa condición estocástica  da vida nunha xeografía urbana como a cidade de...
unha-case-eternidade-barbantesa-de-antonella-moscati-trad-de-cristina-gonzález-piñeiro«Ao longo de once capítulos,a autora reflexiona en clave íntima e persoal sobre o paso do tempo e as pegadas que este vai deixando no corpo e na imaxe que temos tanto de nós mesmos como dos demais.» «O libro aparece inzado de pensamentos profundos e provocadores como“amaternidade como unha fuxida da...
unha-troita-de-pe-barbantesa-de-silvia-bardelás«Xulio,un home de corente e catro anos,sofre unha repentina enfermidade e xa non é dono do seu corpo.Como terapia decide escribir o que sente e nun intenso monólogo vai debullando os acontecementos presentes e mais os da súa vida pasada.» «A reflexión sobre a nova óptica que produce a enfermidade é un...
unha-vida-violenta-hugin-e-munin-de-pier-paolo-pasolini-trad-de-gonzalo-vázquez«A obra que agora edita en galego Hugin e Munin, ésta considerada como a novela que se atopa no cumio da narrativa de Pier Paolo Pasolini e como un dos principais títulos da literatura de posguerra.» «Pasolini [fai] do lector testemuña das andanzas, romances, desenganos e traxedias de Tommaso...
valentín-paz-andrade-vida-e-obra-xerais-de-charo-portela «Portela opta [...] por seguir un esquema a través do que afonda, en primeiro lugar, nos socalcos máis estritamente biográficos que van das orixes pontevedresas até os derradeiros días, revisando con vagar, exhumando moitos datos e vivencias, interpretando e valorando a súa andaina persoal nos ámbitos...
valentín-paz-andrade-a-memoria-do-século-xx-biblos-de-tucho-calvo«acaída reedición de Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, conversa longa onde as haxa mantida entre o escritor pontevedrés e o xornalista Tucho Calvo, que vira luz por vez primeira hai máis dunha ducia de anos nas beneméritas Ediciós do Castro e que hoxe volve á circulación como publicación do...
venecias-hugin-e-munin-de-paul-morand-trad-de-alejandro-tobar «Paul Morand, malia o que nos fai esperar o título, presenta nesta obra algo máis ca un libro de viaxes sobre ese tópico literario que é a cidade de Venecia. Nado en 1888 e educado nun esteticismo modernista que derivará cara ao aprecio das vangardas nas súas reflexións sobre a arte, a literatura ou o...
verde-oliva-galaxia-de-xavier-alcalá «É o propio autor quen revela, nas páxinas limiares, o xermolo da ficción –pois ficción é, ou así se presenta- inspirado nas confesións dunha muller chamada Mariana, na realidade Juana Maseda Sanmartín, filla de galego e crioula, que se converte así  no fío condutor que descobre en primeira...
versos-escollidos-positivas-de-wislawa-szymborska-trad-de-lucía-caeiro«[...] léndomos os seus versos,decatámonos de estar ante unha poeta intimista. Porén, non hai excesivo hermetismo. Son versos accesibles, mais que convidan á reflexión.» «Conceptualmente interesante, o aspecto formal máis salientable é certa tendencia ao paralelismo como recurso intensificador de...
versos-fatídicos-1994-2010-positivas-de-alfredo-ferreiro«Versos fatídicos reúne algún poemas inéditos e outros inicialmente escritos en normativa reintegrada e que viron a luz en edicións non venais e periódicas, desde mediados dos noventa a hoxe.» «Malia viren definidos, na contracapa, como froitos de arrebatos promovidos polas musas, os poemas, e o...
viaxeiros-por-galicia-trifolium-de-xan-arias-andreu-rodríguez-trad-de-enrique-sánchez-rodríguez  «excelente compilación dos relatos que sobre de nós verteron os máis dispares viaxeiros escritores nas súas visitas a Galicia.» «na presente edición, traducida ao galego por Enrique Sánchez Rodríguez, desfilan un cento de célebres visitantes, entre os que se contan escritores, guerreiros,...
vida-e-obra-de-manuel-leiras-pulpeiro-galaxia-de-xurxo-martínez-gonzález-e-armando-requeixo«Con gallo de se cumpriren os cen anos do pasamento deste soberbio poeta mindoniense e referente ético para o seu tempo e para o noso, o investigador Xurxo Martínez González e o estudoso da literatura galega e crítico literario Armando Requeixo acaban de sacar á luz nos prelos de Galaxia un pequeno...
vigo-a-80-revolucións-por-minuto-xerais-de-emilio-alonso«Ao longo das cerca de catrocentos páxinas deste libro Emilio Alonso dános a historia da movida viguesa dos oitenta. Pero o libro é algo máis. É sobre todo unha socioloxía da década dos oitenta e dos cambios que, especialmente na xuventude, se produciron nestes anos e de como o compromiso político ou as...
vivir-unha-aventura-irrepetíbel-biografía-de-mª-do-carme-kruckenberg-vivir-unha-aventura-irrepetíbel-biografía-de-mª-do-carme-kruckenberg-galaxia-de-mercedes-queixas-zas«Queixas sabe tirar intelixente partido de todo o que vive na lúcida memoria da escritora viguesa –sustento primordial desta biografía na que só boto de menos un índice onomástico que lle outorgaría maior utilidade- pois, desde as instancias do exquisito respecto ás evocacións confesadas, estrutura e...
xaime-quintanilla-martínez-fundación-luís-tilve-de-ana-romero-masiá-e-carlos-pereira-martínez«[Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República] que foi distinguida co Premio Fundación Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011, veu luz coincidindo co setenta e cinco cabodano do autor, sumarisimamente fusilado polos fascistas adoradores do...
xosé-díaz-jácome-poeta-e-xornalista-fundación-novacaixagalicia-de-armando-requeixo«O crítico literario, profesor e filólogo Armando Requeixo ofrécenos un estudo completo e solvente sobre a vida e a obra do poeta mindoniense Xosé Díaz Jácome. O estudo, que acadou o XXIV Premio Ánxel Fole, interésanos non só polo que di (e por certo moi ben do poeta), senón tamén polos camiños e novas...
“los-días”-en-la-noche-follas-novas-de-álvaro-cunqueiro«Unha amplísima bibliografía,  xa que logo, á que arestora se lle engade este volume que recompila as colaboracións de Álvaro Cunqueiro no xornal santiagués La Noche, que desapareceu en decembro de 1967 dando lugar a actual cabeceira, El Correo Gallego.» «Neste medio colaborou activamente Álvaro...

 

AXENDA

Xuño 2013
L M M X V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30